O monte Medulio localizábase nos montes de Santa Comba, no nacemento do río Xallas, nunha penechaira chamada Grandimirum polos romanos ou "gándara dos xefes", que constitúe un terreo amesetado ou plano entre montañas, fácilmente abarcable e defendible polos celtas e que conforma a súa vez un auténtico castro ou forte no noroeste da Gallaecia. Tódolos montes que arrodean esta área forman unha especie de parapeto natural cun perímetro de 25 kilómetros ou 15 millas latinas, como recollen as crónicas romanas, e onde é moi habitual o uso do topónimo "Couso" co significado de "cercado" ou "asedio" e que fai alusión a un posible escenario bélico de asedio ou confrontación. Así e deste xeito, temos San Martiño de Cousieiro en Val do Dubra, San Miguel de Couso en Coristanco, o monte Couso en Santa Comba, ara de Couso Oenaego en Seavia en Coristanco, ara de Couso-Marcus en Brandomil en Zas, ara de Couso en Logrosa en Negreira, San Martiño de Fontecada, Marcelle, Portomedal e Montouto, e os montes de Moscoso e Vila Martiño en San Fins de Freixeiro, que deron nome á famosa casa nobiliar dos Moscoso, unha rama da todopoderosa casa de Altamira, do latín "altus" co significado de "outeiro" "altozano" e "mira" co significado de xefe e cuxo nome fai alusión á devandita mansión romana de Grandimirum ou "gándara dos xefes", nome co que os romanos denominaron á conflitiva e xa mencionada penechaira xalleira.
martes, 4 de febrero de 2025
Monte Couso, os Moscoso de Altamira

miércoles, 20 de noviembre de 2024
Vilar de Gómez e Vilar de Andrade
En Fafia, na freguesía de San Fins de Freixeiro existe un casal ou fundo de grandes dimensións coñecido nos arquivos históricos polo nome de Vilar de Gómez. Deste xeito no Arquivo Histórico da USC existe un documento onde Juan Neto de Malvares (alias Juan Pombo) dispón dos montes de Vilar de Gómez e no AHDS aparecen Ana María Louzán e María Louzán como residentes en Fafia pola volta de comezos do século XVIII. Juan Pombo era irmán de Martín Pombo e ámbolos dous fillos de María de Companon do lugar do Terroal, outro fundo ou casal de grandes dimensións coñecido nos arquivos como Vilar de Andrade ou Vilar de Andeade. Pola súa parte Juan Neto de Malvares (alias Juan Pombo) era cuñado ou sogro de María Nariño casada con Domingo Neto, o seu irmán ou o seu fillo.
Seguindo coa historia ou relato anterior, cos cartos da venda de Vilar de Gómez en Fafia ao clan dos Pombo, Alonso Gómez de Riobóo fillo de Gomes de Riobóo e de Berenguela Sánchez de Moscoso sufragou os gastos de construción da torre medieval do Allo en Zas, unha práctica que se sostería e se repetiría no tempo coa venda de terreos e propiedades aos Pombo en Razo e Sorrizo, soar primixenio dos Pardiñas e Villardefrancos no coto de Cambrelle. Esta rama dos Pombo de Razo e Sorrizo emigraría a comezos do século XVIII ao virreinato da Nova Granada e tanto Manuel de Pombo como o seu sobriño Miguel de Pombo e Pombo encabezarían a acta de independencia da Gran Colombia (Terra Firme colombina) xunto co seu familiar e veciño Antonio Nariño, primeiro presidente da Gran Colombia.
Cos cartos da venda de Vilar de Andrade (Terroal) pagáronse os gastos da reconstrución das torres de Mens en Malpica. Rodrigo Osorio de Moscoso e a súa muller Teresa de Andrade sufragaron os gastos da reconstrución das torres de Mens, destruída polos irmandiños. Rodrigo Osorio de Moscoso, conde de Altamira, era fillo de Urraca de Moscoso e Castro e primo de dona Berenguela Sánchez de Moscoso, muller de Gomes de Riobóo.
Deste xeito estableceuse de por vida unha estreita relación entre os Pombo do Terroal e Fafia e as familias nobiliarias dos Moscoso e Gómez de Riobóo, condes de Altamira e señores do Allo, respectivamente, e que se consumou no lugar de Malvares (Val do Dubra) co matrimonio entre Jacinto Gómez de Riobóo y Luaces e Dominga García y de Vila e tamén novamente entre os Moscoso e os Gómez de Riobóo co matrimonio de Nicolás Gómez de Riobóo e Dorotea Romero de Moscoso Prego de Montaos, tamén no lugar de Malvares.
Froito desta alianza estratéxica entre os Moscoso e os Gómes de Riobóo cos familiares e parentes próximos de Cristovo Colón deu comezo o ascenso, auxe e apoxeo das dúas casas nobiliarias galegas chegando, no caso dos Osorio de Moscoso, condes de Altamira, a converterse na nobreza máis intitulada de España.
martes, 24 de octubre de 2023
Grandimirum, a gándara dos xefes
-Mir ou -mil é un sufixo xermánico de orixe indoeuropea que significa "destacado" ou "sobresaínte", deste sufixo derivan palabras coma "emir" ou "almirante" ou mesmo a casa de Altamira, señores do condado de Trastámara. Tamén a voz inglesa "more" ou "meer" en alemán co significado de "máis", ou "maire" "mairie" en francés co significado de "alcalde" ou "alcaldía", e "meiro" en galego co significado de "maior". "Mor" é grande en gaélico escocés, "mawr" é grande en galés e "maha" é grande, poderoso e forte en sanscrito. Neste senso para un mesmo significado temos dúas variantes ou alternativas, por un lado "destacado" significa "grande" e por outra banda "destacado" significa "xefe" ou "poder".
A cadea montañosa do Cáucaso amais de ser unha barreira natural tamén constitúe unha costura que permite a mestura e a permeabilidade cultural entre dous mundos antagónicos como son o norte e o sur e deste xeito existen moitas palabras indoeuropeas que regan ou son compartidas polas linguas árabes e semíticas, é o caso da palabra burg que significa "torre" en lingua árabe e que deriva da voz indoeuropea brig, do mesmo xeito tamén temos a palabra emir que significa "xefe" en árabe e que deriva dunha raíz europea mir co significado que explicamos con anterioridade.
Por outra banda temos gándara ou granda, unha palabra de orixe prerromana que define as chairas de erosión de escaso valor agrícola e de vexetación baixa e pobre existente entre as montañas, unha gándara sería unha penichaira ou charneca en portugués. A localización dos campos de mámoas segundo Florentino López Cuevillas responde ao seguinte esquema: "se encuentran con preferencia muy acusada las mámoas en lugares no aprovechados por la agricultura, tales como las gándaras o las llamadas terminales de las montañas o sierras...la mayoría de las necrópolis se hallan emplazadas en llanos altos o en gándaras...las mámoas que se ven con mucha más frecuencia en las planicies terminales que en las laderas".
Xa que logo ou daquela, o Grandimirum romano, a mansio romana da famosa vía xx per loca marítima do itinerario de Antonino, que uns sitúan en Brandomil e outros situamos con máis acerto no lugar do Hospital en Xallas de Castrís, sería a gándara por excelencia ou a terra dos xefes, unha meseta entre montañas onde se atopaba o mítico monte Medulio das crónicas de Tito Livo e que chegaron a nós a través dos textos de Floro e Orosio. Os famosos montes de Moscoso, mons Coso, referenciados no catastro de Ensenada como os montes de Portochán, que estremaban ó sur coa parroquia de San Martiño de Cousieiro no Val do Dubra e ó norte coa parroquia de San Miguel de Couso no Coristanco. A casa nobiliaria dos Moscoso era unha das liñaxes máis importantes da Galicia medieval herdeira do poder dos Trava, como señores do condado de Trastámara, e tiveron a súa continuidade na casa nobre de Altamira, da raíz -mir (xefe) e do latín altus (outeiro, altozano), a máis intitulada das casas nobiliarias de Galicia e de España con 9 ducados.
![]() |
| Distribución do apelido Mouro |
© Marcos Castro Vilas, arquitecto