martes, 14 de julio de 2020

O miliario romano de Portomouro (Val do Dubra)





A rúa de Entrepontes debe o seu nome porque a súa traza discorre entre a ponte que cruza o río Tambre e a ponte que cruza o río Dubra. A rúa de Entrepontes, en Portomouro, no concello de Val do Dubra, concorda exactamente coa antiga mansión romana de Ad Duos Pontes, pertencente ó trazado da famosa e misteriosa vía XX per loca marítima e, xusto alí, localízase un miliario en granito silvestre de 2 metros de altura, 50 centímetros de base e 60 centímetros de diámetro coa seguinte inscrición "Ad Duos Pontes, mansio viaria da via XX per loca marítima" e, a continuación, unha detallada enumeración das diferentes mansións que compoñen a devandita vía con cadansúa distancia en millas.













© Marcos Castro Vilas, arquitecto




 

jueves, 9 de julio de 2020

Proxecto de Reforma da Praza de España en Vigo





O proxecto propón a construción dun anel perimetral en torno a praza cun volume duns 12-15 metros de altura (B+3 ou B+4) e uns 14 metros de ancho que axude a redefinir a contorna da praza de España en Vigo, un espazo actualmente moi degradado e sen construir. Un anel baixo adáptase moito mellor ó entorno e non afoga ou pecha visualmente e de forma excesiva a devandita praza. A actuación complétase coa humanización da Avenida de Madrid con especial énfase na rúa Manuel Olivié e a súa especial conexión co castro de Vigo. 
Parasois construidos con policarbonato celular con lámina de control solar que permitan unha certa transmitancia lumínica pero un factor solar baixo. Considérase a posibilidade unicamente de lamas verticais de policarbonato celular orientábeis.



                                      Plano de humanización da entrada de Vigo



 
                                                    Altura do anel 15 metros


                                                  
                                                  Altura do anel 15 metros

                               

                                                  Altura do anel 21 metros







 
 

 

 

 

 

 
 
 

 

 

 
 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto.





Proxecto de Reforma do Concello de Vigo





Baséase na construción dun estrado ou plataforma duns 15 metros de altura (tres andares) en forma de U aberta cara o sur e de desenrolo ascendente ou escalonado. Este pedestal, a modo de baluarte ou castelo, ocupa volumetricamente o mesmo espazo que o edificio actual do concello, e reptando coma unha serpe céltica, descende pola ladeira abaixo do castro e sitúase na parte norte da parcela, como queréndose asomar ou despuntar cara unha cidade que ten aos seus pés, servindo a súa vez de apoio e soporte a dous volumes prismáticos que se orientan de maneira intencionada cara os dous eixes principais ou dúas vistas principais que definen o que é a cidade de Vigo, un eixe norte que mira cara a ría de Vigo e un eixe oeste, o principal, que mira cara as illas Cíes. O prisma do eixe norte chamado Briga, que se asoma cara a ría, ten unha altura de 12 metros (4 andares) e busca enmarcar ou colmatar as perspectivas ascendentes procedentes do Casco Vello. O prisma do eixe oeste chamado Caelo, o máis elevado, ten unha altura de 18 metros (6 andares) e representa a manifesta proxección da cidade de Vigo cara o solpor e as illas Cíes, tamén serve para enmarcar ou definir as perspectivas procedentes do Berbés e do Paseo de Alfonso XII. O conxunto resólvese na súa totalidade cunha cuberta vexetal coa posibilidade de incorporar estanques de auga de lecer ou piscinas.




       



























 


 


 


 


 

  © Marcos Castro Vilas, arquitecto.