jueves, 9 de julio de 2020

Proxecto de Reforma do Concello de Vigo





Baséase na construción dun estrado ou plataforma duns 15 metros de altura (tres andares) en forma de U aberta cara o sur e de desenrolo ascendente ou escalonado. Este pedestal, a modo de baluarte ou castelo, ocupa volumetricamente o mesmo espazo que o edificio actual do concello, e reptando coma unha serpe céltica, descende pola ladeira abaixo do castro e sitúase na parte norte da parcela, como queréndose asomar ou despuntar cara unha cidade que ten aos seus pés, servindo a súa vez de apoio e soporte a dous volumes prismáticos que se orientan de maneira intencionada cara os dous eixes principais ou dúas vistas principais que definen o que é a cidade de Vigo, un eixe norte que mira cara a ría de Vigo e un eixe oeste, o principal, que mira cara as illas Cíes. O prisma do eixe norte chamado Briga, que se asoma cara a ría, ten unha altura de 12 metros (4 andares) e busca enmarcar ou colmatar as perspectivas ascendentes procedentes do Casco Vello. O prisma do eixe oeste chamado Caelo, o máis elevado, ten unha altura de 18 metros (6 andares) e representa a manifesta proxección da cidade de Vigo cara o solpor e as illas Cíes, tamén serve para enmarcar ou definir as perspectivas procedentes do Berbés e do Paseo de Alfonso XII. O conxunto resólvese na súa totalidade cunha cuberta vexetal coa posibilidade de incorporar estanques de auga de lecer ou piscinas.




       



























 


 


 


 


 

  © Marcos Castro Vilas, arquitecto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario