O presente traballo recolle unha pequena proposta ou anteproxecto de rehabilitación e restauración do agredido areal da praia de Samil baseado na supresión dos aparcodoiros de coches que ocupan o areal orixinal, na supresión das piscinas e das áreas de xogo, e na supresión do actual trazado do paseo de Samil. Pola contra, isto permite a construción dun novo paseo retranqueado a respecto do anterior de 6 metros de ancho e a creación dun cordón dunar no lugar que ocupaba o vello paseo, con dunas de 0,5 e 1 metro de altura para protexer o novo paseo recuado das agresións do mar, do vento e dos temporais, en sintonía co que se está a facer noutros areais da costa española en base a principios de rexeneración e restauración ecolóxica e de sustentabilidade climática. En consecuencia, o ancho da praia aumenta considerablemente e mantense o uso peonil e de esparexemento do areal. O novo paseo, ó igual que o anterior, percorre lonxitudinalmente a longura do areal unindo as tres plataformas que acollen os tres establecementos de hostalaría. No extremo norte do areal sustitúese o forte desnivel do terreo por un graderío protexido dos ventos do norte e dende onde observar sentado os fermosos solpores das illas Cíes.
DESCARGAR Proposta de Reforma e Rehabilitación do areal de Samil
© Marcos Castro Vilas, arquitecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario