A interesante etimoloxía da palabra "tide", co significado de "marea" e Tui como o último lugar no que se senten as mareas no río Miño.
A etimoloxía xermana de "tide" relaciona a palabra co concepto de "tempo" "time". Neste senso en gaélico escocés "tìde" significa "time" "season" "period" e afonda na idea das mareas como unha medida do tempo. Tamén en química o sufixo "tide" úsase presumiblemente para nomear cadeas de péptidos ou nucleótidos e pode relacionarse co termo latino "tædere" "tedio", que significa "alongar" ou "estirar" ou "aburrir", indicando unha idea de crecemento e extensión e que tamén ten relación coas mareas como un alongamento do mar. Neste senso en córnico "alongar" dise "tedna". Máis interesante é o termo galés "tid" que significa "cadea" e que o relaciona co termo inglés "tie", co significado de "atar" para formar unha "corda" ou "cadea" ("teye" en "middle english" significa "cord" "chain") e tamén coa idea de "alongar" e tamén coa idea de "tempo" ou "periodo" como unha concatenación de momentos ou segundos. Por último e para rematar, en gaélico irlandés "marea" dise "taoide" pronunciado "tude".
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
