viernes, 31 de julio de 2026

O monte da Guía no barrio de Teis

 
 
 
O monte da Guía no barrio de Teis en Vigo era un lugar de culto sagrado asociado ao castro de Vigo. Un outeiro secundario ou accesorio, topográficamente semellante ao castro de Vigo, onde se exercía a relixiosidade como lugar de romería, en comuñón coa sacralidade. Etimolóxicamente vén da forma latina do ablativo de TEOS>TEIS  DEUS>DEIS, co significado de deidade e sinalando un lugar de culto sagrado.
 
 

 
A etimoloxía de Teis reforza e abonda na hipótese do castro de Vigo como lugar principal de culto relixioso e lugar sagrado da divindade amais do seu uso residencial como capital das rexións Eoas, dos fermosos crepúsculos, de gregos e romanos. En Caelobriga (castro de Vigo) rendíase culto ao ceo e por extensión ao movemento do sol no firmamento, sendo lugar de observación de espectaculares solpores. De Cabral a Alcabre extendíanse os dominios de Caeolobriga, o castro do culto ao ceo e ao sol. Neste sentido é similar a Navia, outro topónimo que fai referencia a unha deidade celta relacionada coa auga.
Outros topónimos fan referencia ao val do Fragoso e ao río Lagares como Sárdoma ou Lavadores. Ou mesmo fan referencia ao mar como Coruxo.
Xa que logo, as dúas rúas que enganchan con Sanjurjo Badía e Travesía de Vigo, isto é Doctor Corbal, Rúa Pedro Alvarado, Rúa Irmáns Misioneros dos Enfermos Pobres, requiren dunha fonda e fermosa transformación e humanización nun traballo arqueolóxico de resignificación da topografía primixexia da cidade de Vigo, considerándoas parte do casco histórico e co fin de integrar o monte da Guía na dinámica da cidade de Vigo, e irmandadas coa rúa Manuel Olivié que da acceso ao castro de Vigo dende a praza de España. O monte da Guía debe e ten que ser o Samil dos habitantes do barrio de Teis e da parte leste da cidade de Vigo.
 
 

 
 
 © Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 
 

viernes, 3 de julio de 2026

Etimoloxía de Cangas



O topónimo de Cangas está estreitamente relacionado co verbo "escangallar" . Cangas ou "cangallo" fan referencia a un relevo con moitos altos e baixos, unha orografía sen orde nin concerto, dentado. Tanto Cangas do Morrazo como Cangas de Onís en Asturias comparten un relevo moi semellante formado por unha sucesión de altos e baixos. As cangas fan referencia a un relevo con moitos altos e baixos en forma de peite. Mentres o topónimo de Moaña procede de "molaneam" e fai referencia ao bloque macizo da "mole" pétrea do monte Domaio, pola contra o topónimo de Cangas fai referencia a unha paisaxe máis desaliñada, desfeita e escangallada. E O Hío vén de "hoyo" ou "oio", en alusión á fondeira que se forma nese lugar preciso.

Etimolóxicamente pode proceder dunha raíz céltica e galesa "cam", co significado de "distorsionado". Tamén dunha raíz indoeuropea "kam", co significado de "peite". De feito a palabra "comb" fai referencia a algo distorsionado con moitos altos e baixos, non uniforme, e de aí derivou a "deformado" ou incluso "curvado". As cangas do xugo son pezas verticais que rompen a horizontalidade do xugo.

"The word "comb" has a fascinating history, evolving from Proto-Indo-European to its current form. It originally denoted a "toothed object" and has been used to describe tools for grooming hair, carding wool, and even crests or ridges"..."The word "comb" originates from Old English "camb" (later Anglian "comb"), meaning a "thin strip of toothed, stiff material" for dressing hair"...""Camb" comes from the Proto-Germanic word "*kambaz," which also meant "toothed object"...""*kambaz" is ultimately derived from the Proto-Indo-European root "*gombhos," meaning "tooth, nail," indicating an association with sharp, pointed edges". "The word "comb" has expanded in meaning over time, referring not only to the tool for grooming but also to things like crests, ridges, and even the act of searching or examining closely".