martes, 3 de noviembre de 2026

Descuberta a casa natal de Cristovo Colón no lugar do Reguengo no concello da Baña



Reguengo, lugar natal de Cristovo Colón


A casa natal de Cristovo Colón atopábase no lugar do Reguengo, no concello da Baña, e a casa natal do seu pai, Fernando de Boyn, atopábase a escasos 500 metros, no veciño lugar de Abuín, no concello de Santa Comba, moi pretiño da Pedra Simón e da quinta de Fafia (do hebreo "ha vila" "a vila") e onde membros do clan dos Louzán tiñan a súa residencia pola volta do século xviii.
Procedentes do lugar de Vilas na parroquia de Perros en Bastavales ("basta" é "mercado" ou "extender" en hebreo ou árabe) e onde os Luaces tiñan amplas propiedades, constátase unha importante presenza xudía nos lugares de Abuín, Reguengo, Suevos e Vilarnovo, na comarca de Xallas, que se pode rastrexar polo seu peculiar modo de habitaren e construíren as súas vivendas. Eran vivendas moi sinxelas, de dúas alturas, cunha característica ventá situada sempre sobre a porta de acceso. Eran vivendas cun largo de 4 ou 5 metros que se adosaban unhas ás outras formando ringleiras ou bloques habitacionais moi chamativos, de considerable lonxitude, con moitas portas e moitas ventás pero sen cuadras nas plantas inferiores. Tamén era moi habitual que preto dalgunhas destas portas existise unha pequena xanela que permitise ver quen chamaba pero sen necesidade de abrir a porta. Era unha tipoloxía que se repite de xeito moito máis depurado no casal do Terroal-Pomboleiros ou no casal de Perros en Carballo, lugar de residencia pola volta do século xviii de Juan Bermúdez Pombo y Carracedo, relacionado estreitamente cos García Villardefrancos de Artes e os Bermúdez de Castro de Montaos. Neste último lugar aínda se conserva e pódese observar na súa fronte un pequeno "escudo" coloreado que representa un limón ou citrón e unhas follas de mirto ou palmeira, símbolos da famosa festividade xudía do "sucot" e motivo principal polo cal en Galicia aos xudíos se lles chamaba tamén vulgarmente "palmeiros" ou cando non "zapateiros", por ser o traballo do coiro unha das súas principais ocupacións e que tiña a San Xoán Bautista, co seu característico pelexo de camelo, como patrón. Outra das profesións xudías era a de vendedores de panos como a famosa palmilla de Cuenca, neste sentido os mercadores Sebastián Palmeiro e Lorenzo de Cortinela foron nomeados rexedores dos panos da cidade de Santiago e os seus arrabaldes, actividade pola cal cobraban impostos reais ou alcabalas nos lugares chamados reguengos, como no lugar do Reguengo na Baña ou no lugar de Xavestre en Trazo, do suevo "gewebesteuer". En Galicia o cobro de alcabalas reais nos lugares ditos reguengos comezou a funcionar a partir do ano de 1430, polo que é probable que fose nesa data cando Fernando de Abuín trasladase a súa residencia dende Abuín ata o próximo lugar do Reguengo, co seu espazo acondicionado para cocheiras, e onde nacerían con posterioridade Cristovo Colón (Rodrigo Louzán) e Bartolomé Colón (Xoán Louzán) pola volta do ano 1435 e do ano 1437, respectivamente. 
María Colón, filla de Bartolomé Colón, naceu cando el tiña 71 anos de idade, quedando orfa de pai e nai aos 3 anos de idade nun convento da cidade de Sevilla. Aparentemente desapareceu do relato historiográfico oficial sen deixar rastro algún, mais no seu testamento, Bartolomé Colón, déixalle unha herdanza de 500.000 maravedíes coa condición de que se gastasen en bens inmobles para a súa dote en caso de querer casar. Neste sentido e casualmente nos documentos do Arquivo da Catedral de Santiago aparece unha tal María Palmeiro, neta de Fernando de Boyn, como foreira das quintas de Fafia e do Terroal, sen lugar a dúbidas unha muller potente e con moitos cartos. Curiosamente na quinta de Fafia residían pola volta do século xviii Ana, María e Pedro Louzán. ¿Era pois esta Mariña Palmeiro dos documentos catedralicios a filla perdida de Bartolomé Colón (Xoán Louzán) e bisavoa de Martín e Xoán de Pombo do Terroal? Neste sentido consérvase un importante documento nos arquivos diocesanos onde aparece a súa neta Marina de Campañon como nai do devandito Martín Pombo, varón que daría orixe á famosa estirpe neogranadina.
Tamén o apelido Nariño xurdiu neste mesmo lugar, Juan de Nariño Domínguez aparece como residente no lugar do Reguengo segundo o Catastro de Ensenada e é un apelido de orixe xudía pois "na'ar" significa "mozo" ou "criado" en lingua sefardí, o mesmo que o apelido Luaces, do hebreo "loaz", para designar coloquialmente a aqueles xudíos que xa non falaban o hebreo, isto é sefarditas, e que xa se consideraban estranxeiros, ou o apelido Guiance, do hebreo "genizah". Tamén o apelido Pombo, Louzán ou Vilas son do mesmo tronco familiar e tamén son de suposta orixe xudía-sefardí. Luaces, Pombo, Palmeiro, Nariño, Giance, Vila, Vilas ou Louzán son unha ristra de diferentes apelidos para designar ao mesmo clan de persoas de orixe xudía, unhas veces facendo alusión ao lugar de procedencia, outras veces a un grupo étnico ou relixioso ou a un simple mote ou alcume e outras ao lugar habitual de residencia ou ao sobrenome verdadeiro.
Deste xeito resulta moi sinxelo trazar un fermoso e cirúrxico fío de continuidade histórica de máis de 300 anos dende os primeiros xudeus apelidados Louzán de Vilas, procedentes da parroquia de Perros en Bastavales e residentes  no lugar de Abuín e recadadores de alcabalas reais no lugar do Reguengo na importante xurisdición de Altamira, pasando polo famoso Diego de Campañón, tamén recadador e maior dezmero real do arciprestado de Dubra, ata chegar a Manuel de Pombo, tesoureiro da casa da Moeda do virreinato da Nova Granada, e Vicente de Nariño e Vásquez, natural do Reguengo e tamén contador real na localidade de Santa Fe en Colombia e pai do famoso Antonio de Nariño autor da primeira tradución ao castelán da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789, estes últimos a súa vez como precursores da independencia da República da Gran Colombia. Mais malia ser unha teoría ou hipótese moi sólida, ben documentada e ben construída, que mesmo roza a obviedade e que se retroalimenta ela soa constantemente con novos datos e achados, segue a ser silenciada e ninguneada de xeito deliberado ou, cando non, claramente secuestrada, confinada ou menosprezada, mesmo no propio país, algo curioso e insólito.

O ADN de Colón ¿Ciencia ou presunta fagocitación dunha investigación galega do ano 2008? Toda esta información, amais da publicada en diferentes xornais galegos de comunicación durante os anos 2009, 2018, 2022 ou 2024, foi comunicada previamente e de xeito totalmente colaborativo e de boa vontade en xullo do ano 2008 ao historiador  Marcial Castro, membro do equipo do dr. Lorente do proxecto ADN Colón promovido pola universidade pública de Granada, tamén ao Imelga de Santiago de Compostela, coa finalidade e a intención benfeitora de resolver por fin o chamado "enigma colombino". Pola contra, cal é a miña sorpresa cando me encontro con que toda esta valiosa, meticulosa e traballosa información, nun acto desconsiderado de falta de reciprocidade académica con quen gastou parte do seu tempo en recadar e conseguir a devandita información, foi aparentemente omitida ou desprezada durante alomenos 18 anos ou se cadra dosificada no tempo ou manipulada de xeito nesgado mediante medias verdades ou con fins ou maniobras supostamente torticeiras para aparentemente semellar querer esquivar ós poucos tal que malabares a respetuosa e recíproca lei de propiedade intelectual, o cal constitúe cando menos un defecto de omisión que vulnera o máis básico e elemental dereito de cita, unha falta de consideración á cal se sumaron tamén de forma cómplice e acompasada diferentes axentes culturais do país, o cal constitúe cando menos unha mala praxe ética, digna de estudo ou investigación de semellante agravio comparativo. 
Non se pode plantexar unha investigación de ADN coa finalidade de determinar a orixe verdadeira dunha persoa sen un soporte documental sólido e serio detrás, é inviable como investigación científica que aspira a ser publicada e revisada por pares, é como buscar unha agulla nun palleiro. Grazas a unha exhaustiva investigación en arquivos parroquiais resolveuse o crime de Elisa Abruñedo, do contrario nada de nada, e menos inferir a partir do ADN e por arte de maxia a súa pertenza a un grupo relixioso xudeu. Esta é a diferenza entre unha investigación que nutre datos constantemente e presenta xenealoxías que manteñen a súa trazabilidade no tempo e que son rastrexables e contrastables historicamente e documentalmente por calquera e despois están os estudos de ADN lúdico-mediáticos-random que non son quen de pasar unha mínima revisión por pares porque son incapaces de garantir unha mínima trazabilidade histórica e coherente nas súas mostras de ADN. Mesmo semella que, pese á miña actitude complacente e servil, houbese unha consigna ou interese oculto por sementar ruído para faceren a Colón antes valenciano que galego sen ningunha base documental que o respalde e por moito que os xudeos entraran na península ibérica por Ibiza ou Valencia. Non sei, non quero ser desconfiado, pero todo isto xa desprende certo cheiro sospeitoso de falta de transparencia ou opacidade hacia unha información cun alto grao ou estándar de verosimilitude que xa é do ano 2008. O dito, non se pode ousar plantexar unha alternativa ao Colón xenovés sen unha base documental que sustente dita proposta, resulta moi difícil de entender ou cando menos moi estrano ou sospeitoso que posuíndo e coñecendo de antemán toda esta información dende 2008 optasen supostamente pola omisión, polo silencio ou polo desprezo, canto tempo perdido e canto tempo desperdiciado de xeito supostamente deliberado ou intencionado.


Abuín, lugar natal de Fernando de Boyn




© Marcos Castro Vilas, arquitecto


martes, 6 de octubre de 2026

Qalat e cálculo





"Qalat" e "cálculo" son dúas palabras que teñen aparentemente un significado diferente pero que realmente comparten un significado común ao provir en orixe dunha mesma raíz tamén común. "Qalat" é fortaleza en árabe, tamén en turco, persa, hindi e urdu. "Cálculo" provén do termo latino "calculus" que significa "pedriña pequena redonda" en referencia ás pequenas pedras que os romanos usaban para facer os seus cálculos nos ábacos. Tamén a palabra "callo" do latín "callum", co significado de pequena dureza redondeada ten a mesma orixe. Tanto a palabra árabe, co significado de "fortaleza", como a latina, co significado de "pequena pedriña redondeada", teñen a súa orixe na raíz indoeuropea "kel", co significado de "redondo". No primeiro caso fai referencia a unha muralla ou cerca ou a un lugar arrodeado ou protexido no seu perímetro por unha muralla ou peche circular. No segundo caso fai referencia á forma redondeada dos coios ou callaos. Neste senso temos o termo grego "khálix", co significado de "pedriña" ou "kala", co significado de madeiro. Tamén o termo francés "caillou", co significado de "coio" ou "callao" ou o termo derivado de "calzada". Nesta mesma liña en linguas célticas como o galés ou irlandés ás "pelotas" ou "testículos" chámanselle "kell" ou "caill" e no galego "collóns".
En resumo, no caso árabe úsase a redondez para designar un espazo pechado como unha fortaleza ou un castelo e no caso do coio úsase para sinalar a redondez dunha pedra pequena usada no cálculo ou na construción dunha calzada. Neste senso, en euskera úsase a palabra "kalo" para sinalar a redondez do cránio, polo que "kalo" tamén é unha palabra para "cranio" en idioma euskera. Esta dualidade tamén se manifesta no árabe onde temos a palabra "kāla" e "qil" que significa "medir" ou "medida en capazos redondos ou redondeados" e "qal'a" que significa "fortaleza circular".


© Marcos Castro Vilas, arquitecto


miércoles, 2 de septiembre de 2026

Dous hidrónimos, o Miño e o Sil

 
 

O hidrónimo do río Miño, procede do céltico "min", co significado de "boca" ou "desembocadura". En idioma córnico "minow", "minyow", "minyon" ten o significado de "boca". Tamén en idioma galés  a palabra "min", "minion" ten o significado de "labio" ou tamén de "bordo", sobre todo "bordo dun río" ou "ribeira". Outra acepción, en céltico irlandés a palabra "mín" ten o significado de "suavidade", "docilidade", "calma", "lentitude" ou "planitude" polo que tamén pode significar a lentitude e a suavidade ou tranquilidade que acada un río na súa desembocadura no mar.
 
O hidrónimo do río Sil procede do bereber ou do amazigh "silel", co significado de "navegar" ou "flotar", provén dunha raíz SLL que en varios dialectos tamazight ten o significado de moverse pola auga ou desprazarse suavemente. Tamén en inglés a palabra "sail" significa "navegar". En árabe "saāla" significa "fluír", "derramar" "correr" un fluído.
 
 

© Marcos Castro Vilas, arquitecto


viernes, 31 de julio de 2026

O monte da Guía no barrio de Teis

 
 
 
O monte da Guía no barrio de Teis en Vigo era un lugar de culto sagrado asociado ao castro de Vigo. Un outeiro secundario ou accesorio, topográficamente semellante ao castro de Vigo, onde se exercía a relixiosidade como lugar de romería, en comuñón coa sacralidade. Etimolóxicamente vén da forma latina do ablativo de TEOS>TEIS  DEUS>DEIS, co significado de deidade e sinalando un lugar de culto sagrado.
 
 

 
A etimoloxía de Teis reforza e abonda na hipótese do castro de Vigo como lugar principal de culto relixioso e lugar sagrado da divindade amais do seu uso residencial como capital das rexións Eoas, dos fermosos crepúsculos, de gregos e romanos. En Caelobriga (castro de Vigo) rendíase culto ao ceo e por extensión ao movemento do sol no firmamento, sendo lugar de observación de espectaculares solpores. De Cabral a Alcabre extendíanse os dominios de Caeolobriga, o castro do culto ao ceo e ao sol. Neste sentido é similar a Navia, outro topónimo que fai referencia a unha deidade celta relacionada coa auga.
Outros topónimos fan referencia ao val do Fragoso e ao río Lagares como Sárdoma ou Lavadores. Ou mesmo fan referencia ao mar como Coruxo.
Xa que logo, as dúas rúas que enganchan con Sanjurjo Badía e Travesía de Vigo, isto é Doctor Corbal, Rúa Pedro Alvarado, Rúa Irmáns Misioneros dos Enfermos Pobres, requiren dunha fonda e fermosa transformación e humanización nun traballo arqueolóxico de resignificación da topografía primixexia da cidade de Vigo, considerándoas parte do casco histórico e co fin de integrar o monte da Guía na dinámica da cidade de Vigo, e irmandadas coa rúa Manuel Olivié que da acceso ao castro de Vigo dende a praza de España. O monte da Guía debe e ten que ser o Samil dos habitantes do barrio de Teis e da parte leste da cidade de Vigo.
 
 

 
 
 © Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 
 

viernes, 3 de julio de 2026

Etimoloxía de Cangas



O topónimo de Cangas está estreitamente relacionado co verbo "escangallar" . Cangas ou "cangallo" fan referencia a un relevo con moitos altos e baixos, unha orografía sen orde nin concerto, dentado. Tanto Cangas do Morrazo como Cangas de Onís en Asturias comparten un relevo moi semellante formado por unha sucesión de altos e baixos. As cangas fan referencia a un relevo con moitos altos e baixos en forma de peite. Mentres o topónimo de Moaña procede de "molaneam" e fai referencia ao bloque macizo da "mole" pétrea do monte Domaio, pola contra o topónimo de Cangas fai referencia a unha paisaxe máis desaliñada, desfeita e escangallada. E O Hío vén de "hoyo" ou "oio", en alusión á fondeira que se forma nese lugar preciso.

Etimolóxicamente pode proceder dunha raíz céltica e galesa "cam", co significado de "distorsionado". Tamén dunha raíz indoeuropea "kam", co significado de "peite". De feito a palabra "comb" fai referencia a algo distorsionado con moitos altos e baixos, non uniforme, e de aí derivou a "deformado" ou incluso "curvado". As cangas do xugo son pezas verticais que rompen a horizontalidade do xugo.

"The word "comb" has a fascinating history, evolving from Proto-Indo-European to its current form. It originally denoted a "toothed object" and has been used to describe tools for grooming hair, carding wool, and even crests or ridges"..."The word "comb" originates from Old English "camb" (later Anglian "comb"), meaning a "thin strip of toothed, stiff material" for dressing hair"...""Camb" comes from the Proto-Germanic word "*kambaz," which also meant "toothed object"...""*kambaz" is ultimately derived from the Proto-Indo-European root "*gombhos," meaning "tooth, nail," indicating an association with sharp, pointed edges". "The word "comb" has expanded in meaning over time, referring not only to the tool for grooming but also to things like crests, ridges, and even the act of searching or examining closely".









lunes, 1 de junio de 2026

Castellum Tyde, Tui



A interesante etimoloxía da palabra "tide", co significado de "marea" e Tui como o último lugar no que se senten as mareas no río Miño.

A etimoloxía xermana de "tide" relaciona a palabra co concepto de "tempo" "time". Neste senso en gaélico escocés "tìde" significa "time" "season" "period" e afonda na idea das mareas como unha medida do tempo. Tamén en química o sufixo "tide" úsase presumiblemente para nomear cadeas de péptidos ou nucleótidos e pode relacionarse co termo latino "tædere" "tedio", que significa "alongar" ou "estirar" ou "aburrir", indicando unha idea de crecemento e extensión e que tamén ten relación coas mareas como un alongamento do mar. Neste senso en córnico "alongar" dise "tedna". Máis interesante é o termo galés "tid" que significa "cadea" e que o relaciona co termo inglés "tie", co significado de "atar" para formar unha "corda" ou "cadea" ("teye" en "middle english" significa "cord" "chain") e tamén coa idea de "alongar" e tamén coa idea de "tempo" ou "periodo" como unha concatenación de momentos ou segundos. Por último e para rematar, en gaélico irlandés "marea" dise "taoide" pronunciado "tude".


© Marcos Castro Vilas, arquitecto


viernes, 1 de mayo de 2026

A etimoloxía de Monforte de Lemos





O castelo de Monforte de Lemos atópase nunha "colina" ou outeiro no medio do val da tribo prerromana dos Lemavos. En época romana Monforte de Lemos aparece co nome de Dactonium. O topónimo de Dactonium está formado polas seguintes raíces; por un lado a raíz indoeuropea "*dek", co significado de "guiar", "dirixir" e de onde derivan palabras como "duque", "conducir" ou "docente", tamén en sánscrito "daksa" co significado de "liderado" ou "guía divina", en avéstico "daxsa" co significado de "gobernar" ou "ordenar", en inglés "teach", en grego "didáctico" ou "Didac" co significado de "ensinar", ou Dagda en irlandés (deus céltico "o bo deus" ou "o bo guía espiritual") onde "da" é "bo" en córnico ou bretón. Tamén "dicir", "dictar", "dictadura" ou "dactilar" derivan da mesma raíz indoeuropea coa idea de "amosar" ou "indicar". Neste senso temos a palabra céltica "tagg" co significado de "etiqueta", "indicador", "dicir" ou "ensinar", tamén "etiqueta" como "conxunto de normas".
Coa idea de "guiar" ou "procesión" temos "tåg" en sueco, que significa "tren" e "taga" que significa "agarrar da man", coa mesma etimoloxía que "take" en inglés ou "tóg" en irlandés e mantendo a mesma idea inicial de "guiar". Tamén en inglés "tag" significa "seguir de preto" ou "pisar los talones". "Daga" e "daca" ou "dignidade" poden ter tamén a mesma raíz, o mesmo que "duck" (parrulo). 
Tamén temos *tag *tak en indoeuropeo ou *tako *techtae en céltico antigo, co significado de "ordenar" que deu "tacco" ou "dacca". Neste senso temos "taktika" e "taxis", "sintaxis" ou "ataxia" en grego, co significado de "ordenar" e derivados dunha suposta raíz indoeuropea *tag, tamén o verbo latino "taxare" co significado de "evaluar" ou "regular".
Pola outra banda temos a raíz indoeuropea "ton" "*tuna", co significado de "colina", e de onde derivan palabras como "town" en inglés ou "dún" "*dūnom" en céltico, co significado de "fortaleza", "promontorio". Polo que o significado final de Dactonium sería o de "colina dende a cal se dirixe ao pobo ou se goberna ao pobo".






© Marcos Castro Vilas, arquitecto