CÉLTICOS-NERIOS: do céltico córnico "ner", co significado de "home valeroso", "heroe", "guerreiro". Tamén no idioma céltico bretón temos o termo "ner", co significado de "príncipe", "señor", "xefe". En galés "nêr" significa "Lord". Na mesma liña e co mesmo significado temos en galés "nerth", que significa "poder", "forza". En gaélico "neart" significa tamén "forza", "vigor". Na mitoloxía romana Nerio era unha deidade de orixe celta, esposa de Marte, e asociada á valentía.
DUIO: do céltico galés "duwio", "duwiaf", co significado de "divinizar" e "santificar". Tamén "dwyo" e "dwuiol", co significado de "piadoso", "devoto", da raíz céltica "duw", co significado de "deus". Tamén en córnico temos "du", "duw", co significado de "deus", "duwow" en plural. En céltico bretón "deus" dise "doue".
NEMITOS OU NEMANCOS: do céltico "nemeton", "nemeto", co significado de "lugar sagrado". En gaélico irlandés temos a raíz "neimheadh" co mesmo significado e relacionado co "sagrado".
ENTINES: do indoeuropeo "henti", co significado "de fronte", "de cara", os que están situados na parte frontal dalgunha cousa. A raíz "henti", "*hent" dou lugar ao adverbio que significa "diante", "en fronte", "en dirección a". En latín dou lugar a preposición "ante". En sánscrito dou lugar a palabra "ánti", co significado de "fronte a".
SONEIRA: do latín "sub-neria", as terras baixas dos nerios, ou nas partes baixas do nerios.
BERREO: do xermanismo de orixe sueva "bereich", co significado de "ámbito", "zona".
SEAIA: do normando "seair" e do latín "sedere". Do verbo normando "seer", co significado de "establecerse", "ocupar". Acción e efecto de tomar un lugar, "settlement" en inglés. Seaia coa súa torre de Mens era o pequeno reino dos normandos ou "saefes" na Galicia.
BARCALA: a etimoloxía da Barcala relaciónase coa raíz "*barc" ou "*barg", co significado de "concavidade", "fondeira". Barcia, Barxa e Bargo comparten a mesma etimoloxía. Do euskera "barrika", co significado de "cuba". Tamén en euskera temos "barka" e "barkak", co significado de "cesto de mimbre para o peixe" ou "caixa de madeira para transportar froita", tamén "cadaleito". Coa idea de concavidade temos en latín "barca", "embarcación, de orixe etimolóxico descoñecido. En inglés temos "bark", do proto-xermano "barkuz", co significado de "corteza dunha árbore", afondando tamén nesa idea de concavidade.
BERGANTIÑOS: a etimoloxía de Bergantiños procede do nome latino dado polos romanos ao río Allones, chamado por eles "Vir" ou "Viri", mais a raíz latina "gens", "gentis", co significado final de "xente" ou "pobo" que vive ou habita a carón do río Vir.
DUBRA: O nome do arciprestado de Dubra ten a súa orixe nunha palabra de orixe céltica co significado de auga. Neste senso "dwfr" (pronunciado duvr) é unha forma galesa-céltica co significado de "auga", "dowr" "dowra" é "auga" en córnico.
LARACHA: A etimoloxía de Laracha tamén procede do céltico "leur", de onde derivan termos como "leira", "lar" ou "lareira", co significado de "solo" "chan", polo que Laracha significa "superficie plana".
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario