sábado, 18 de octubre de 2025

Os celtas

 

 
Se consideras aos gálatas como unha pinga ou gota poética que esvarou polo Danubio dende Centroeuropa ata Anatolia, entón Galicia non é celta. Pola contra se consideras aos gálatas e aos celtas ou mesmo á rexión de Galitzia, en Polonia-Ucraína, como pobos ou culturas que ascenderon cara Centroeuropa dende África (celtas arcaicos) e portadores da, aínda máis antiga todavía, raíz africana-bereber "Kal", que significa tribo ou semellante, entón a cultura Hallstat ou La Tène (celtas clásicos) sería, xa que logo, un eco ou reverberación descendente moi posterior desa migración ascendente primixenia, e logo Galicia ou Irlanda ou Escocia si son celtas. O verdadeiro celtismo é moi anterior ao fenómeno da expansión das linguas e dos pobos indoeuropeos circa 2000 a.C e está relacionado, cando menos, co haplogrupo M-81 de orixe norteafricana presente en Galicia e Portugal, nos pasiegos cántabros, en Sardeña e tamén en Gales (5%) e Escocia (1%). As linguas indoeuropeas son un sustrato ou imprimación posterior, malia que se soe asociar comunmente co celtismo e coa difusión do chamado "celtismo clásico" en Europa (Hallstat ou La Tène) pola volta do último milenio antes de Cristo. Polo tanto e a modo de resumen, os celtas clásicos (Hallstat e La Tène) son un eco ou unha reverberación dos celtas arcaicos de orixe norteafricana e que adoptaron unha lingua indoeuropea tralas invasións destes pobos das partes máis occidentais de Europa pola volta do 2.000 ou 2.500 a.C. Senegal sería o pobo ou tribo (gal) dos zenas ou sanhagah,  (xentes dos oasis) que habitaban Mauritania, e o zenaga sería a súa lingua.
Segundo as fontes dos historiadores romanos, o deus dos celtas era unha especie de Mercurio psicopompo ou heraldo dos deuses, representado na maior parte das veces coma Hermes cun caduceo ou vara de Esculapio. Neste senso Hermes foi o protector de Ulises na illa Eoa antes da súa viaxe ao inframundo grego (América).
O segredo está nas vacas, os xenuinos "celtas arcaicos" viñeron de África, as mesmas vacas con cornos en forma de lira hainas na Galicia e na Galitzia podólica, de tal xeito que; as cachenas rubias coma a raza Highland (celtas do oeste), as cachenas húngaras (celtas do leste), as cachenas italianas (celtas do centro), despois temos as vacas grises coma a pardo-alpina (expansión neolítica de Oriente Medio) e as vacas negras de gran tamaño (Centroeuropa, estepas rusas e indoeuropeas). A orixe do chamado "tronco roxo megalítico" tivo lugar no gando N'Dama de África. Qué sería dos suízos sen as súas vacas de raza Simmental.





Europa é simétrica e dende sempre estivo "subxugada" a continuos movementos migratorios ascendentes procedentes de África que tamén contribuíron a construír o acervo cultural indoeuropeo, tanto lingüístico como arqueolóxico, con moitas raíces léxicas comúns a outras linguas. Pero o indoeuropeísmo, malia ser paradoxicamente a base das chamadas linguas célticas, é unha migración moi posterior (2.000 a.C) procedente das estepas do leste, e os chamados "celtas académicos" (Hallstatt e La Tène) non son máis que unha pequena reverberación ou eco desas migracións paleolíticas e neolíticas procedentes de África. O que pasa é que as costas máis occidentais de Europa quedaban un pouco lonxe da influencia esteparia rusa, favorecendo a prevalencia do influxo sureño de orixe africana. É un fenómeno que se daba fundamentalmente no occidente de Europa ou polo menos que identificaba e definía como pobo diferenciado ó occidente de Europa. No resto de Europa había máis mestura difusa e gradual. Era o choque do haplogrupo R1b co haplogrupo R1a.
Neste senso Europa non deixa de ser unha prolongación norteña e fría do fértil e moderno deserto do Sahara, con tres vías principais de acceso que son España, Italia e Turquía. Hai celtas do oeste, celtas do centro, e celtas do leste que paradoxicamente contribuíron a conformar o substrato indoeuropeo, e todos eles tamén contribuíron a maiores e con posteridade a conformar o acervo cultural da reverberación dos chamados celtas clásicos (Hallstatt e La Téne). É certo que durante o Paleolítico ninguén migraba con vacas pero as palabras si migraban. Así, por exemplo, "koore" é cabeza en fulani, "qeru" é cabeza en tamazigh, "keru" é cabeza en éuscaro, "kerek" é redondo en húngaro, "krenn" é redondo en córnico e "ker" é "hill fort" tamén en idioma córnico e en idioma masai, e como bos atlantes, "cher" é lúa en huarpe e "kren" é sol en lingua selknam. Tamén "larregi" é longo en éuscaro, "largus" é longo en latín e "lorga" é vara en galés. Dende logo en Irlanda non hai rastro dos celtas académicos e si moitas conexións co pobo amazigh, por exemplo, "frauta" en amazigh é "gaita", navegar dise "silel", "sail" en inglés, "zurro" en galego dise "amazurr" en bereber, "frouma" en galego dise "afraw" en bereber. Pero, sobre todo, tanto os galos coma os galegos veñen da antiga raíz tuareg "kal", que significa "tribo", e que os gregos pronunciaban "kel", unha palabra que para eles significa "redondo", quizais en alusión ao modo de vivir dos celtas. 
Considerando Europa un apéndice xeográfico das estepas e das chairas rusas, o celtismo é unha idea de orixe grego que xurdiu para nomear ás xentes cunha cultura diferente (africana) que habitaban as partes máis occidentais ou estremeiras de Europa, un fenómeno que afectaba sobre todo á Galia, onde a influencia esteparia chegaba máis debilitada, e que acabou salpicando ou englobando co tempo a Centroeuropa pola ditosa perspectiva grega. E cando falo da ditosa perspectiva grega refírome a súa posición espacial escorada nun curruncho do taboleiro europeo, de tal xeito que ó final, redondeando e simplificando, todo o que quedaba á altura dos Alpes era celta, daba igual arriba ou abaixo, antes ou despois, para os gregos a referencia eran os Alpes que era o que tiñan máis próximo e destacado. 
Respecto a presenza de xenes norteafricanos en Galicia, é obvio que a xenética de poboacións erra nas cronoloxías, porque a presenza de xenes norteafricanos tamén dáse nos pasiegos cántabros e nas vacas de raza Jersey. Coido que eles determinan unha converxencia cronolóxica ou temporal en función das mostras de ADN dun grupo de individuos determinado que dista moito de ser a orixe temporal real, polo motivo de que moitas das liñaxes que existiron acaban desaparecendo co paso do tempo. Non todas ás árbores xenealóxicas que existiron chegan ata nós, polo que as converxencias temporais converxen moito antes no tempo porque, como consecuencia, o abano xenealóxico redúcese considerablemente. 
Cambiando un pouco de tema, os estudosos de xenética de poboacións soen cometer o erro de menosprezar o importante corridor que constitúe a costa de Libia ou Alxeria cara a Península Ibérica e que conecta rapidamente a Península Ibérica con Turquía, polo que pódese considerar un corridor máis asiático que africano. Pásalle o mesmo aos paleoantropólogos que estudan Homo antecessor en Atapuerca, xustificando calquera influencia asiática como europea, cando esa influencia asiática ben poido chegar a través do corridor africano magrebí. E polo motivo de ser un fino corridor de paso e migración é probable que non deixe impronta xenética estable no norte de África do haplogrupo E-V13 de orixe africana ou tamén pola preponderancia no tempo do haplogrupo E-M81 que borrou calquera rastro deste haplogrupo.
 
 

 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario