O hidrónimo do río Miño, procede do céltico "min", co significado de "boca" ou "desembocadura". En idioma córnico "minow", "minyow", "minyon" ten o significado de "boca". Tamén en idioma galés a palabra "min", "minion" ten o significado de "labio" ou tamén de "bordo", sobre todo "bordo dun río" ou "ribeira". Outra acepción, en céltico irlandés a palabra "mín" ten o significado de "suavidade", "docilidade", "calma", "lentitude" ou "planitude" polo que tamén pode significar a lentitude e a suavidade ou tranquilidade que acada un río na súa desembocadura no mar.
O hidrónimo do río Sil procede do bereber ou do amazigh "silel", co significado de "navegar" ou "flotar", provén dunha raíz SLL que en varios dialectos tamazight ten o significado de moverse pola auga ou desprazarse suavemente. Tamén en inglés a palabra "sail" significa "navegar". En árabe "saāla" significa "fluír", "derramar" "correr" un fluído.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
