martes, 29 de enero de 2019

A BATALLA FINAL DOS IRMANDIÑOS







A Revolta dos Irmandiños foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre os anos 1467 e 1469. Comezou na primavera de 1467 para loitar contra os abusos  dos señores feudais nunha situación de crise e profunda inxustiza social. A revolta popular estaba formada por labradores, xente das cidades, baixa nobleza fidalguía e incluso algúns membros do clero. Os xefes do movemento pertencían fundamentalmente a baixa nobreza, Pedro Osorio na comarca de compostela, Alonso de Lanzós no norte de Galicia e Diego de Lemos no sur da provincia de Lugo e norte de Ourense. A Irmandade Xeral xurdeu de mans de Alonso de Lanzós co apoio das cidades de A Coruña, Betanzos, Ferrol e Lugo que actuaron como motores iniciais do movemento. Os inimigos dos irmandiños foron os nobles donos das fortalezas e os encomendeiros das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruiron cerca de 130 castelos e fortalezas durante os dous anos que durou a revolta. As liñaxes preferidas polos irmandiños foron os Lemos, Andrade e Moscoso.

O arcebispo Fonseca , Pedro Álvarez de Soutomaior e Xoán Pimentel fuxiron cara Portugal, o conde de Lemos e Pardo de Cela se refuxiaron en Ponferrada. Ante esta situación os señores feudais exiliados decidiron organizar o seu retorno e preparar un contraataque contra os sublevados irmandiños. Segundo Vasco de Aponte, na primavera de 1469 Pedro Álvarez de Soutomaior  reuniuse en Monçao co Arcebispo Fonseca e con Xoán Pimentel e acordaron reunir as súas tropas nas proximidades de Santiago de Compostela. Segundo nos conta Vasco de Aponte, Pedro Álvarez de Soutomaior, no seu traxecto cara Santiago a través do Camiño Portugués, enfrentouse ós villanos no castro da Framela. O castro da Framela pode facer alusión ó castro de Framil, no concello de Ames, ás portas da cidade de Santiago e ó outro lado do río Sar. Tamén pode facer referencia ó lugar de Fraela, no concello de Mos, e no camiño que conectaba a cidade de Vigo coa Depresión Meridiana. En castro Gundián, no concello de Vedra e na ribeira do río Ulla enfrentáronse os irmandiños coas tropas do conde de Lemos procedentes de Ponferrada.

Segundo o preito de Tabera-Fonseca, unha documentación xudicial en castelán que recolle numerosas testemuñas que falan en castrapo, a batalla final contra os irmandiños aconteceu no lugar de Balmalige, nas cercanías de Santiago de Compostela. Balmalige supoñemos que é unha deturpación en castelán de Val Merige, o val de Merelle no concello de Trazo e ó outro lado do río Tambre. Alguén relacionou etimolóxicamente e erróneamente Almáciga co termino Balmalige. Despois da batalla de Balmalige o arcebispo Fonseca foi ferido no asedio de Santiago.

Polo visto anteriormente o río Sar, o río Ulla e o río Tambre convertéronse en barreiras defensivas naturais utilizadas polos irmandiños contra o avance dos exércitos dos señores feudais. Unha vez foron derrotados (os irmandiños) na contorna de Santiago, tan só restaba o asedio desta cidade.



 
 Por Marcos Castro Vilas, arquitecto.

lunes, 28 de enero de 2019

TRES EXEMPLOS DE ETIMOLOXÍA ESPACIAL



A toponimia ou onomástica xeográfica é a ciencia que estuda a orixe etimolóxica dos nomes propios dos lugares. O termo "toponimia" deriva etimolóxicamente do grego topos (lugar) e onoma (nome). A toponimia pretende averiguar a orixe dos nomes dos lugares a partir da comprensión espacial do lugar. Nalgúns casos mediante a análise espacial ou xeográfica da contorna podemos chegar a entender a orixe etimolóxica dun topónimo que fai referencia a un lugar. Vexamos a continuación algúns exemplos explicativos:





O topónimo Ames e o xentilicio amiense proceden do topónimo latino "interamnis fluminis". "Amnium" ou "amnis" é unha palabra latina que significa río, polo tanto "interamnis fluminis" significa río que discorre entre dous ríos, sendo unha clara alusión ó río Sar, un río que flúe entre o Tambre e o Ulla. As terras de Ames constitúen un fermoso val fluvial que se dispón entre dous ríos, o Tambre e o Ulla, e é esta circunstancia espacial tan característica á que fai alusión o seu topónimo. En Italia tamén temos un caso semellante; Teramo é unha cidade italiana capital da provincia dos Abruzos que deriva do termo latino interamnia co significado de cidade entre dous ríos, e era así como a coñecían os romanos.





O topónimo de A Laracha fai referencia ós lares viais. Os lares viais eran os deuses dos camiños e das encrucilladas. A vila da Laracha sitúase nun importante cruzamento de camiños romanos que atravesaban a provincia da Coruña. Os deuses lares tamén eran os deuses do fogar, e de aí procede a palabra lareira. A vila da Laracha correspóndese cun importante aglomerado urbano romano, A Laracha era o Brigantium Flavium dos romanos, capital da comarca de Bergantiños. O apelativo Flavium era unha especie de certificado urbanístico ou marca de calidade outorgado polo emperador romano que buscaba fomentar o seu desenrolo urbanístico como municipium do Imperio Romano, diferenciándoo así doutras vilas e lugares da contorna. Polo tanto, A Laracha sería o lugar onde proliferaban as lareiras e os fogares, querendo reflexar un maior desenvolvemento residencial.






O topónimo O Grove fai referencia a unha característica formal e física do lugar. A península do Grove é un monte no medio do mar. O topónimo Grove deriva do indoeuropeo krop co significado de "grupa", "joroba". "Grupa" e "joroba" son dúas palabras diferentes que aparentemente comparten unha mesma orixe etimolóxica. A península do Grove constitúe unha "grupa" ou "joroba" no medio do mar. Neste senso garda relación con outro topónimo galego, a serra da Groba. A serra da Groba tamén é unha "joroba" que se eleva sobre o mar e que destaca no perfil da costa da provincia de Pontevedra. A palabra Grove procede do indoeuropeo kropp co significado de "joroba", protuberancia. En inglés temos o termo crop e craw que significa boche, papo. A súa vez deriva do proto-indoeuropeo grew que significa curva, saínte.


Por Marcos Castro Vilas, arquitecto.



miércoles, 16 de enero de 2019

A ORIXE DO XENTILICIO GALEGO



 


O xeógrafo e historiador grego Estrabón (63 a.C-19-24 d.C) na súa famosa obra Xeografía denomina ós habitantes do noroeste da península ibérica co nome de kallaikoí, tomándoo do nome propio con que eles se coñecían a si mesmos. Os romanos chamaban galos ós habitantes das partes occidentais de Europa e de aí procede o nome da Galia dado para Francia e o nome de Gallaecia dado para Galicia. Os gregos se referían ós galos co nome de keltoi, un sobrenome semellante pero con connotacións formais, pois significa redondo.
A palabra galo deriva dunha raíz africana moi vella de orixe tuareg KAL/KEL, que significa grupo ó que pertence unha tribo, familia, liñaxe ou terra, e tamén viaxar. Por exemplo, Kal Tamasheq significa pobo Tamasheq, Kal Azawad significa pobo Azawad, Kal Ansar significa pobo Ansar. Polo tanto, a palabra galo ou kallaikoí significa pobo que ten unha raíz común, grupo ó que pertence unha colectividade que comparte unha orixe común, neste caso unha orixe ancestral africana. Da raíz KAL derivan palabras como calaña ou calidade. Tamén nun sentido figurado ten o significado de viaxar; o feito de viaxar para visitar as diferentes tribos ou territorios, unha actividade moi habitual no Paleolítico, se denomina en lingua tuareg coas palabras AKEL (camiñar) ou EKEL (viaxar), de onde deriva a palabra castelán e latina calle.

Neste senso existe unha multitude de palabras arcaicas comúns ó euskera, ó tuareg, ó galego, ó castelán, ó inglés, ó idioma fula e hausa, e tamén o latín, todas elas herdeiras do haplogrupo xenético R1b:
Por exemplo, afraw é folla vexetal en lingua tuareg e frouma en galego; legga é xunqueira en tuareg e leka é humidade en euskera; tilegget é leguminosa en lingua tuareg e legume en galego; amuzzur é esterco en tuareg e zurro en galego; qeru é cabeza en tuareg e keru é cabeza en eusquera; azzel é correr en tuareg e acelerar en castelán; zzurg é sementar en liña en lingua tuareg e surco en castelán; nanna é nai en tuareg e en galego é nai; mbuuru é alimento en lingua fula e boroa é pan en galego; ceedi é estación seca en fulani e sede en galego; fecande é dividir en fula e fecundar é procrear en galego; haire é pedra en fulani e harri é pedra en euskera; kaba é botella en lingua fula e cabazo é recipiente en galego; toolle é ter "un dun par" e tullido en castelán; tummbe é estar preñado en lingua fula e tombo é vulto en galego; weel é colgar en fulani e bell é campá en inglés; jalla é rede en fulani e gaiola en galego; inna é nai en fulani e tamén nai en galego.

O xenoma dos tuaregs, sobre todo o seu ADN mitocondrial, ten parte da súa orixe xenética no norte de España. Os tuaregs están estreitamente vinculados por liña materna cos vascos. Pola contra o cromosoma Y que se herda por liña paterna procede da África subsahariana e do Oriente Medio. Isto é debido a que as poboacións femininas son máis sedentarias e estables espacialmente e temporalmente, as mulleres emigran menos. Tamén hai que engadir unha cuestión fisiolóxica; unha muller pode ter un máximo de 30 descendentes na súa vida fértil, non ocorre o mesmo no caso dos homes. Todo iso explicaría a subsistencia do acervo xenético vasco no deserto do Sáhara. Con todo, á hora de xustificar a estreita relación xenética entre os tuaregs e os vascos recórrese a un absurdo chauvinismo eurocéntrico. Segundo esta maneira de pensar, os tuaregs son en parte vascos que se expandiron cara o deserto do Sáhara e non o revés, onde os vascos serían descendentes das poboacións ancestrais que habitaron no seu tempo o deserto do Sáhara e que pouco a pouco foron ocupando o sur de Europa durante o proceso glacial. Os tuaregs serían, xa que logo, un vestixio da antiga poboación xenuina do deserto do Sáhara e da cal proceden os vascos. A poboación vasca ten a súa orixe espacial en África; é a maneira que ten de funcionar a península ibérica xeográficamente falando ó longo da evolución humana, como porta de entrada dos fluxos migratorios procedentes de África. A península ibérica é un estremo periférico de Europa onde a influencia euroasiática chega moi debilitada, pola contra é o lugar natural de expansión do continente africano, onde a súa influencia vese reforzada e adquire un maior peso no equilibrio dunha balanza. A preponderancia do haplogrupo R1b, de orixe paleolítica, no oeste de Europa explicaríase a partir desta dinámica migratoria e tería unha orixe espacial africana. Tamén responde a mesma dinámica o hablogrupo E-M81, de orixe norteafricana, aínda que vinculado a migracións posteriores, presumiblemente durante o Neolítico. A súa subsistencia no oeste da península ibérica explicaríase a partir do illamento xeográfico e dun maior despoboamento dos finisterres atlánticos nesa época, lonxe dos fluxos migratorios que dilúen as cargas xenéticas noutras partes da península e da Europa.