O xeógrafo e historiador grego Estrabón (63 a.C-19-24 d.C) na súa famosa obra Xeografía denomina ós habitantes do noroeste da península ibérica co nome de kallaikoí, tomándoo do nome propio con que eles se coñecían a si mesmos. Os romanos chamaban galos ós habitantes das partes occidentais de Europa e de aí procede o nome da Galia dado para Francia e o nome de Gallaecia dado para Galicia. Os gregos se referían ós galos co nome de keltoi, un sobrenome semellante pero con connotacións formais, pois significa redondo.
A palabra galo deriva dunha raíz africana moi vella de orixe tuareg KAL/KEL, que significa grupo ó que pertence unha tribo, familia, liñaxe ou terra, e tamén viaxar. Por exemplo, Kal Tamasheq significa pobo Tamasheq, Kal Azawad significa pobo Azawad, Kal Ansar significa pobo Ansar. Polo tanto, a palabra galo ou kallaikoí significa pobo que ten unha raíz común, grupo ó que pertence unha colectividade que comparte unha orixe común, neste caso unha orixe ancestral africana. Da raíz KAL derivan palabras como calaña ou calidade. Tamén nun sentido figurado ten o significado de viaxar; o feito de viaxar para visitar as diferentes tribos ou territorios, unha actividade moi habitual no Paleolítico, se denomina en lingua tuareg coas palabras AKEL (camiñar) ou EKEL (viaxar), de onde deriva a palabra castelán e latina calle.
Neste senso existe unha multitude de palabras arcaicas comúns ó euskera, ó tuareg, ó galego, ó castelán, ó inglés, ó idioma fula e hausa, e tamén o latín, todas elas herdeiras do haplogrupo xenético R1b:
Por exemplo, afraw é folla vexetal en lingua tuareg e frouma en galego; legga é xunqueira en tuareg e leka é humidade en euskera; tilegget é leguminosa en lingua tuareg e legume en galego; amuzzur é esterco en tuareg e zurro en galego; qeru é cabeza en tuareg e keru é cabeza en eusquera; azzel é correr en tuareg e acelerar en castelán; zzurg é sementar en liña en lingua tuareg e surco en castelán; nanna é nai en tuareg e en galego é nai; mbuuru é alimento en lingua fula e boroa é pan en galego; ceedi é estación seca en fulani e sede en galego; fecande é dividir en fula e fecundar é procrear en galego; haire é pedra en fulani e harri é pedra en euskera; kaba é botella en lingua fula e cabazo é recipiente en galego; toolle é ter "un dun par" e tullido en castelán; tummbe é estar preñado en lingua fula e tombo é vulto en galego; weel é colgar en fulani e bell é campá en inglés; jalla é rede en fulani e gaiola en galego; inna é nai en fulani e tamén nai en galego.
O xenoma dos tuaregs, sobre todo o seu ADN mitocondrial, ten parte da súa orixe xenética no norte de España. Os tuaregs están estreitamente vinculados por liña materna cos vascos. Pola contra o cromosoma Y que se herda por liña paterna procede da África subsahariana e do Oriente Medio. Isto é debido a que as poboacións femininas son máis sedentarias e estables espacialmente e temporalmente, as mulleres emigran menos. Tamén hai que engadir unha cuestión fisiolóxica; unha muller pode ter un máximo de 30 descendentes na súa vida fértil, non ocorre o mesmo no caso dos homes. Todo iso explicaría a subsistencia do acervo xenético vasco no deserto do Sáhara. Con todo, á hora de xustificar a estreita relación xenética entre os tuaregs e os vascos recórrese a un absurdo chauvinismo eurocéntrico. Segundo esta maneira de pensar, os tuaregs son en parte vascos que se expandiron cara o deserto do Sáhara e non o revés, onde os vascos serían descendentes das poboacións ancestrais que habitaron no seu tempo o deserto do Sáhara e que pouco a pouco foron ocupando o sur de Europa durante o proceso glacial. Os tuaregs serían, xa que logo, un vestixio da antiga poboación xenuina do deserto do Sáhara e da cal proceden os vascos. A poboación vasca ten a súa orixe espacial en África; é a maneira que ten de funcionar a península ibérica xeográficamente falando ó longo da evolución humana, como porta de entrada dos fluxos migratorios procedentes de África. A península ibérica é un estremo periférico de Europa onde a influencia euroasiática chega moi debilitada, pola contra é o lugar natural de expansión do continente africano, onde a súa influencia vese reforzada e adquire un maior peso no equilibrio dunha balanza. A preponderancia do haplogrupo R1b, de orixe paleolítica, no oeste de Europa explicaríase a partir desta dinámica migratoria e tería unha orixe espacial africana. Tamén responde a mesma dinámica o hablogrupo E-M81, de orixe norteafricana, aínda que vinculado a migracións posteriores, presumiblemente durante o Neolítico. A súa subsistencia no oeste da península ibérica explicaríase a partir do illamento xeográfico e dun maior despoboamento dos finisterres atlánticos nesa época, lonxe dos fluxos migratorios que dilúen as cargas xenéticas noutras partes da península e da Europa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario