viernes, 31 de julio de 2026

O monte da Guía no barrio de Teis

 
 
 
O monte da Guía no barrio de Teis en Vigo era un lugar de culto sagrado asociado ao castro de Vigo. Un outeiro secundario ou accesorio, topográficamente semellante ao castro de Vigo, onde se exercía a relixiosidade como lugar de romería, en comuñón coa sacralidade. Etimolóxicamente vén da forma latina do ablativo de TEOS>TEIS  DEUS>DEIS, co significado de deidade e sinalando un lugar de culto sagrado.
 
 

 
A etimoloxía de Teis reforza e abonda na hipótese do castro de Vigo como lugar principal de culto relixioso e lugar sagrado da divindade amais do seu uso residencial como capital das rexións Eoas, dos fermosos crepúsculos, de gregos e romanos. En Caelobriga (castro de Vigo) rendíase culto ao ceo e por extensión ao movemento do sol no firmamento, sendo lugar de observación de espectaculares solpores. De Cabral a Alcabre extendíanse os dominios de Caeolobriga, o castro do culto ao ceo e ao sol. Neste sentido é similar a Navia, outro topónimo que fai referencia a unha deidade celta relacionada coa auga.
Outros topónimos fan referencia ao val do Fragoso e ao río Lagares como Sárdoma ou Lavadores. Ou mesmo fan referencia ao mar como Coruxo.
Xa que logo, as dúas rúas que enganchan con Sanjurjo Badía e Travesía de Vigo, isto é Doctor Corbal, Rúa Pedro Alvarado, Rúa Irmáns Misioneros dos Enfermos Pobres, requiren dunha fonda e fermosa transformación e humanización nun traballo arqueolóxico de resignificación da topografía primixexia da cidade de Vigo, considerándoas parte do casco histórico e co fin de integrar o monte da Guía na dinámica da cidade de Vigo, e irmandadas coa rúa Manuel Olivié que da acceso ao castro de Vigo dende a praza de España. O monte da Guía debe e ten que ser o Samil dos habitantes do barrio de Teis e da parte leste da cidade de Vigo.
 
 

 
 
 © Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario