Mostrando entradas con la etiqueta Cristóbal Colón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cristóbal Colón. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de noviembre de 2024

Vilar de Gómez e Vilar de Andrade

 

O 19 de Maio de 1506, co gallo do seu pasamento, Cristovo Colón testou en Valladolid que a décima parte das rentas  anuais de morgado obtidas nas novas Indias descubertas pasasen aos seus parientes máis próximos. Con eses cartos o clan dos Pombo de San Fins de Freixeiro adquiriu o fundo ou quinta de Vilar de Gómez en Fafia e mais o fundo ou quinta de Vilar de Andrade (Terroal) e mais o lugar e debesa de Campañon en Castro na devandita parroquia montaraz de San Fins de Freixeiro no concello de Santa Comba, arciprestado de Dubra. E tamén podemos afirmar que a construción das torres do Allo en Zas e a reconstrución das torres de Mens en Malpica custeáronse coa liquidez das rentas vitalicias que cada ano os descendentes de Cristovo Colón transferían aos seus achegados máis próximos en función das directrices recollidas no antedito testamento.
En Fafia, na freguesía de San Fins de Freixeiro existe un casal ou fundo de grandes dimensións coñecido nos arquivos históricos polo nome de Vilar de Gómez. Deste xeito no Arquivo Histórico da USC existe un documento onde Juan Neto de Malvares (alias Juan Pombo) dispón dos montes de Vilar de Gómez e no AHDS aparecen Ana María Louzán e María Louzán como residentes en Fafia pola volta de comezos do século XVIII. Juan Pombo era irmán de Martín Pombo e ámbolos dous fillos de María de Companon do lugar do Terroal, outro fundo ou casal de grandes dimensións coñecido nos arquivos como Vilar de Andrade ou Vilar de Andeade. Pola súa parte Juan Neto de Malvares (alias Juan Pombo) era cuñado ou sogro de María Nariño casada con Domingo Neto, o seu irmán ou o seu fillo.
Seguindo coa historia ou relato anterior, cos cartos da venda de Vilar de Gómez en Fafia ao clan dos Pombo, Alonso Gómez de Riobóo fillo de Gomes de Riobóo e de Berenguela Sánchez de Moscoso sufragou os gastos de construción da torre medieval do Allo en Zas, unha práctica que se sostería e se repetiría no tempo coa venda de terreos e propiedades aos Pombo en Razo e Sorrizo, soar primixenio dos Pardiñas e Villardefrancos no coto de Cambrelle. Esta rama dos Pombo de Razo e Sorrizo emigraría a comezos do século XVIII ao virreinato da Nova Granada e tanto Manuel de Pombo como o seu sobriño Miguel de Pombo e Pombo encabezarían a acta de independencia da Gran Colombia (Terra Firme colombina) xunto co seu familiar e veciño Antonio Nariño, primeiro presidente da Gran Colombia.
Cos cartos da venda de Vilar de Andrade (Terroal) pagáronse os gastos da reconstrución das torres de Mens en Malpica. Rodrigo Osorio de Moscoso e a súa muller Teresa de Andrade sufragaron os gastos da reconstrución das torres de Mens, destruída polos irmandiños. Rodrigo Osorio de Moscoso, conde de Altamira, era fillo de Urraca de Moscoso e Castro e primo de dona Berenguela Sánchez de Moscoso, muller de Gomes de Riobóo.
Deste xeito estableceuse de por vida unha estreita relación entre os Pombo do Terroal e Fafia e as familias nobiliarias dos Moscoso e Gómez de Riobóo, condes de Altamira e señores do Allo, respectivamente, e que se consumou no lugar de Malvares (Val do Dubra) co matrimonio entre Jacinto Gómez de Riobóo y Luaces e Dominga García y de Vila e tamén novamente entre os Moscoso e os Gómez de Riobóo co matrimonio de Nicolás Gómez de Riobóo e Dorotea Romero de Moscoso Prego de Montaos, tamén no lugar de Malvares. 

Tamén podemos engadir ou inferir a mesma dinámica vista en Fafia e no Terroal tamén no Casal de Perros en Rus desta vez en relación á rama da familia García Pardiñas Vilardefrancos e a construción do pazo de Vilardefrancos en Artes (Carballo).

Froito desta alianza estratéxica entre os Moscoso e os Gómes de Riobóo cos familiares e parentes próximos de Cristovo Colón deu comezo o ascenso, auxe e apoxeo das dúas casas nobiliarias galegas chegando, no caso dos Osorio de Moscoso, condes de Altamira, a converterse na nobreza máis intitulada de España.
 
Mentres na escola un gris e aburrido mestre de literatura galega explica os tamén grises e tristes séculos escuros, dáse a paradoxa que durante os séculos xvi, xvii e xviii, nunha pequena e montaraz aldea galega, unha rama perdida de Pipino o Vello e Hugo Capeto e de Pedro Fróilaz de Traba, conde de Trastámara, estaba a argallar novamente a construción dun imperio tan grande coma o carolinxio, un anaco de paraíso, á outra beira do Atlántico chamado agora república da Gran Colombia ou Terra de Gracia colombina.

Resumo: Vilar de Gómez correspóndese co casal de Fafia onde e segundo os documentos do Ahds residían pola volta do século xviii Ana Louzán e Ana María Louzán. Pero tamén sabemos gracias a documentos do Ahus que a comezos do século xvii Juan Neto de Malvares, irmán de Martín Pombo e fillo de María de Companon (Castro de Freixeiro) residente no casal do Terroal (Vilar de Andrade), dispoñía dos montes de Vilar de Gómez.
 
 
 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 

lunes, 18 de noviembre de 2024

A verdadeira idade de Cristovo Colón

 

 

En base aos numerosos escritos que nos deixou o mesmo Cristovo Colón e tamén ás informacións que nos achegaron os seus coñecidos, con datas e datos precisos, resulta cando menos bastante sinxelo intentar especular ou establecer unha data precisa de nacemento para o xenial navegante e mesmo bosquexar unha pequena cronoloxía precisa da súa intensa e interesante, ao mesmo tempo que descoñecida, traxectoria vital. Vexamos de seguido algúns destes documentos imprescindíbeis para coñecer a enigmática vida de Cristovo Colón.
O máis importante é, sen nengunha dúbida, o documento do cronista Andrés Bernáldez que afirma que Colón finou arredor dos 70 anos de idade, o cal nos leva a fixar unha data de nacemento de Colón arredor do ano 1435:

"Andrés Bernáldez, Cura de la villa de Los Palacios (Sevilla), en sus Memorias del Reinado de los Reyes Católicos nos dejó la única nota necrológica sobre el fallecimiento del Almirante". 

"El cual dicho Almirante don Cristóbal Colón, de maravillosa e honrada memoria (…), estando en Valladolid el año de mil quinientos seis, en el mes de mayo, murió inventor de las Indias de edad de setenta años: Dios le ponga en Gloria".
 
Outro dato importante referente a súa vida aparece nas tres versións da carta de Xamaica e máis en dous memoriais de Colón, e di así:

"Como quyera que desde hedad de veynte e ocho años syrvió en la dicha empresa e conquista de dichas Yndias".
 
"E de todo lo susodicho le mandaron dar sus cartas e  prevylegios e provysiones  y confirmaçiones de que faze presentaçión y Como quyera que desde hedad de veynte e ocho años syrvió en la dicha empresa e conquista de dichas Yndias en que fizo a vuestra Alteza tan grande e señalado serviçio sin gasto de su patrimonio real".
 
Quérenos sinalar con isto que á idade de 28 anos, máis ou menos, comezou o seu labor investigador e a adicarse en corpo e alma ao proxecto descubridor, é dicir, Cristovo Colón trasladouse a Portugal arredor do ano 1460 cando tiña 25 anos de idade.
Outro texto salientábel e fundamental que nos indica o tempo que Colón residiu de forma estable en Portugal preparando o seu proxecto investigador e coñecendo en profundidade mediante a navegación o océano Atlántico é o seguinte:

"Yo he andado veintitrés años en la mar, sin salir della tiempo que se haya de contar, y vi todo el Levante y Poniente, que dice por ir al camino de Septentrión, que es Inglaterra, y he andado la Guinea". (Diario de Abordo Primer Viaje 21 de Diciembre 1492).

É dicir, dende 1460 ata 1483, ou ben dende 1462 ata 1485, Colón reside de maneira estable en Portugal, durante alomenos 23 anos, e navega con certa frecuencia á Guinea e a Thule. Pola contra da súa estancia en Castela intentando vender o seu proxecto descubridor aos Reis Católicos dan conta os seguintes documentos:

"Señores: Ya son diez y siete años que yo vine á servir estos Príncipes con la impresa de las Yndias: los ocho fuí traído en disputas, y en fin se dio mi aviso por cosa de burla". (Folla solta en papel a man do Almirante escrita por volta de 1500 cando o trouxeron preso), (9 anos dende 1483 e 8 anos dende 1492).

"Siete años, dice, pasó aquí en su Real Corte disputando el caso con tantas personas de tanta autoridad y sabios en todas artes, y en fin concluyeron que todo era vano, y se desistieron con esto dello: después paró en lo que Jesucristo Nuestro Redentor dijo"
. Fai alusión ó lapso de tempo comprendido entre 1485-1492.

"20 años que he servido con tantos trabajos y peligros que no tengo en Castilla ni una teja". A carta está datada no ano 1503, é dicir, Colón entrou en Castela no ano 1483.

Para finalmente facer un resumo de toda a súa actividade descubridora durante máis de 40 anos no seguinte texto, unha carta aos Reis de Castela escrita en Cádiz ou en Sevilla no ano de 1501:

"Muy altos Reyes: De muy pequeña edad entré en la mar navegando, e lo he continuado fasta hoy. La mesma arte inclina á quien le prosigue á desear de saber los secretos deste mundo. Ya pasan de cuarenta años que yo voy en este uso. Todo lo que fasta hoy se navega, todo lo he andado". 
 
Isto retrotráenos ó ano 1460, cando Cristovo Colón chegou a Portugal con 25 anos e comezou os seus estudos investigadores para preparar o proxecto colombino que o faría mundialmente famoso. Cristovo Colón descubriu América ós 56 anos de idade, en plena madurez e con tempo suficiente para elaborar un proxecto de tal envergadura que lle permitiu acadar un profundo bagaxe cultural, intelectual e marítimo que amosou nos seus numerosos escritos, non foi, nin moito menos, unha cousa improvisada de un día para outro, Cristovo Colón tivo tempo en Portugal de coñecer con fondura tódolos segredos do Atlántico.

Xa que logo podemos elaborar un resumo da traxectoria vital do noso protagonista. Cristovo Colón naceu no ano 1435 nun lugar agora xa ben determinado da Galiza e tras rematar os seus estudos "universitarios" en Santo Domingo de Bonaval foise a traballar a Portugal, onde residía a elite náutica de finais da Idade Media en Europa. A Portugal chega no ano 1460, cando tiña 25 anos. No ano 1462 únese o seu irmán Bartolomeo Colón (nado en 1437 e dous anos máis novo que o propio Cristovo Colón), por aquel entón Colón tiña 28 anos e o seu irmán 25 anos. Xuntos deciden arrendar en 1462 un pequeno almargem, un alpendre cun prado nunha veiga e cuns poucos animais, no chamado Vale dos Poços en Torres Vedras e preto da quinta onde residía a súa muller Felipa Moniz, a nome dun tal Joham Louzam (cunha grafía claramente castelá). Dende 1462 ata 1483 ou 1485 Cristovo Colón e o seu irmán residen de forma estable en Portugal, intentando embarcarse en calquera proxecto de navegación previsto no Atlántico a custa de mesturarse coa florinata exploradora portuguesa que posuían as súas fermosas quintas de lecer e esparcimento no soveral termo de Torres Vedras. Durante estes 20 anos ou 23 anos Cristovo Colón adquire tódolos coñecementos náuticos sobre a navegación no océano Atlántico, navegando con asiduidade á Guinea e ao Septentrión. Porén ó ser incapaz de convencer ó rei de Portugal por razóns obvias, decide entrar en Castela no ano 1483-1485 coa intención de probar sorte e vender a súa empresa descubridora aos Reis Católicos máis ocupados na conquista de Granada. Son nove anos de continua disputa e desgaste ata o ano de 1492 en que descubre América á idade de 56-57 anos, despois de atesourar unha fonda experiencia náutica e cartográfica sobre o Atlántico. Así e todo, en 1490 cando mellora sustancialmente a súa posición económica e social en Castela adquire para si e como é debido un casal de pan e viño no Termo de Torres Vedras no mesmo lugar inicial onde alquilaran aquel pequeno almargem portugués pola volta de 1462, do mesmo xeito que o resto de familias ilustres de navegantes e exploradores portugueses do termo de Torres Vedras como eran os Correia, Moniz, Melo, Vaz Teixeira, Perestrello, Alarcao ou Zarco. Cristovo Colón faleceu en Valladolid en 1506 á idade de 70-71 anos tal e como nolo trasladou o cura dos Palacios, Andrés Bernáldez.




© Marcos Castro Vilas, arquitecto



martes, 11 de abril de 2023

El convento de Santiago de Compostela que guardaba la clave del descubrimiento de América

 
 
 

En la ciudad de Santiago de Compostela se encuentra el Convento de San Domingos de Bonaval fundado en esta ciudad en el año 1219. En el convento de San Domingos de Bonaval se encuentra el sepulcro de Doña Urraca de Moscoso y Castro, condesa de Altamira en tierra de Xallas, que casó en el siglo xv con Pedro Álvarez Osorio, conde de Trastámara, configurando una de las familias más importantes de la nobleza de la época. Doña Urraca de Moscoso fue una auténtica filántropa y benefactora del convento durante la Baja Edad Media. Durante esa época el convento funcionaba como un Estudio General antes del nacimiento oficial de la universidad moderna de Santiago de Compostela. Bajo su mecenazgo se acogían a los estudiantes pobres de cualquier procedencia que deseaban instruirse, siendo considerado un centro de ensañanza muy prestigioso en el cual se impartían clases de gramática, de aritmética y de geometría. Según recoge García Ballester, en el siglo xiii en las bibliotecas de Val de Dios y de Bonaval en Santiago de Compostela se encontraba la obra de Aristóteles. También en la catedral de Toledo, en Burgo de Osma y en Palencia. Gracias a la labor de la escuela de traductores de la ciudad de Toledo, la obra de Aristóteles fue penetrando por los principales conventos y monasterios de la península y de Europa durante la Edad Media. Todas las obras y textos de Aristóteles que nos han llegado se agrupan o conforman lo que se conoce como Corpus aristotelicum, también los textos de autoría más dudosa consideradas obras pseudoaristotélicas o PseudoAristóteles. En este último grupo y en su filosofía natural se encuentra el texto De mirabilibus auscultationibus (De las maravillas escuchadas). Y a este respecto en el capítulo III del libro II de su Historia General y Natural de las Indias, Gonzalo Fernández de Oviedo, dando cuenta del descubrimiento de América, dice lo siguiente: "En el precedente capítulo se dixo la opinión que el vulgo tiene çerca del descubrimiento destas Indias: agora quiero yo deçir lo que tengo creydo desto, é cómo á mi paresçer Christóbal Colom se movió, como sabio é docto é osado varón, á emprender una cosa como esta, de que tanta memoria dexó a los presentes e venideros; porque conosçio, y es verdad, que estas tierras estaban olvidadas. Pero hallólas escriptas, é para mí no dudo averse sabido é posseydo antiguamente por los reyes de España. E quiero deçir lo que en este caso escribio Aristóteles, el qual diçe que despues de aver salido por el estrecho de Gibraltar haçia el mar Atlántico, se diçe que se halló por los cartagineses, mercaderes, una grande isla que nunca avia seydo descubierta ni habitada de nadie, sino de fieras é otras bestias..." 
  
A este respecto cuando Cristóbal Colón llegó a América, llamó a su isla favorita, a su marquesado familiar, isla de Santiago o Janahica donde podemos encontrar un río Yallahs.
 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto y autor del libro "Cristóbal Colón y el periplo de Hannón" editorial IrIndo (2017).

martes, 28 de septiembre de 2021

Lino de Pombo O'Donnell

 


 

O 20 de maio de 1506 tiña lugar o pasamento de Cristovo Colón na cidade de Valladolid, sendo soterrado por un tempo determinado na capela das Maravillas do Convento de San Francisco de Valladolid.
Hugh O'Donnell, alcumado o Roxo pola cor roxa do seu cabelo, era considerado rei dos irlandeses, rei de Tir Conaill, na actualidade o condado de Donegal. Hugh O'Donnell, pertencente o antigo clan irlandés dos O'Donnell, protagonizou unha mítica sublevación do pobo irlandés contra o goberno inglés que desembocou na chamada Guerra dos Nove Anos contra os ingleses, un conflito que comezou en 1594 e rematou en 1603. En 1601, un continxente de soldados españois formado por 4000 homes e comandada por Don Juan del Águila desembarcou na baía de Kinsale, preto de Cork, para acudir aos homes de Hugh O'Donnell. Así e todo, durante a batalla de Kinsale, en xaneiro de 1602, as forzas de Del Águila, O'Neill e O'Donnell foron vencidas polos ingleses. Trala derrota de Kinsale, O'Donnell fuxiu ou partiu cara a Coruña, consciente da relación de irmandade entre galegos e irlandeses, sendo recibido con grandes honores polo Gobernador de Galicia e polo Arzobispo de Santiago de Compostela. Nesta cidade fundaría o coñecido Colexio dos Irlandeses. Na súa estadía en España, Hugh O'Donnell, buscaba entrevistarse co novo rei Filipe III, quen lle prometera organizar unha nova invasión de Irlanda, máis este encontro endexamais se produciu pois Hugh O'Donnell faleceu o 10 de setembro de 1602 no castelo de Simancas de Valladolid namentres agardaba pola audiencia real. Hugh O'Donnell tiña trinta anos por aquel entón. Curiosamente foi soterrado na mesma capela das Maravillas do desaparecido Convento de San Francisco de Valladolid, no mesmo lugar onde fora soterrado Cristovo Colón.

 

Lino de Pombo O'Donnell foi unha das personalidades públicas máis respetada da Colombia de comezos do século XIX. Lino de Pombo O'Donnell foi un home polifacético coma os grandes xenios do Renacemento. Naceu o 7 de xaneiro de 1797 na cidade de Cartaxena de Indias. Era fillo de Manuel de Pombo, tesoureiro do Real Tribunal do Consulado, e de Beatriz O'Donnell. Foron os seus padriños José Ignacio de Pombo y Ante e a súa dona María Josefa Gregoria de Amador de Pombo. Era, xa que logo, primo de Miguel de Pombo Pombo. O seu fillo, o famoso poeta Rafael Pombo, describe físicamente ao seu pai como un home con fermosos ollos azuis con "ancha frente prolongada hacia un principio de calvicie, la aguileña y enérgica nariz en el rostro siempre rasurado". O seu tío José Ignacio de Pombo y Ante foi un importante filántropo, sendo impresor na cidade. Tamén promoveu a construción do ambicioso Canal do Dique para unir a cidade co río Magdalena, fundou escolas na rexión do Cauca e colaborou coa Expedición Botánica dirixida por Celestino Mutis. Doutorado en xurisprudencia, foi membro destacado do Real Tribunal do Consulado. "Se trataba, sin duda, de un individuo excepcional... y el sabio alemán Alexander von Humboldt había dicho de él que era uno de los hombres más ilustrados de América a comienzos del siglo XIX". "La familia Pombo se sabía ilustre por el linaje y es lo cierto que en esa convicción existía algo más que mera vanidad". Os Pombo abrazaron con gusto os ideais liberais da Ilustración e da Revolución Francesa. Eran librepensadores que se atopaban no epicentro da intelectualidade do virreinato. O seu pai, Manuel de Pombo, naceu en Popayán onde se gradou en Dereito e a continuación trasladouse á Corte española. Estando en Aranjuez casou con dona Beatriz O'Donnell y Anethan. A súa orixe irlandesa "había hecho de doña Beatriz un ejemplar de mujer pelirroja y de ojos intensamente azules". Lino de Pombo, o segundo de seis irmáns, xa amosaba desde cativo precocidade para resolver problemas aritméticos, tamén destacaba "por la facilidad con que grababa en la memoria largos poemas y por sus raptos nocturnos, en el patio de la casa, ante el torrente sideral del cielo cartagenero". No ano 1804 o seu pai, Manuel de Pombo, foi trasladado como contador á Casa de la Moneda de Santafé. Alí, no Observatorio Astronómico de Santafé onde había un gnomon para medir o acimut e a altura do sol observando a dirección e a lonxitude da sombra, recibía clases de física e matemáticas de parte dun paisano e amigo chamado Francisco José de Caldas. "Manuel de Pombo había visto la necesidad de que Lino iniciase, cuanto antes, dadas sus indudables facilidad y propensión, el aprendizaje de las ciencias que trataban de la cantidad o que tenían por objeto el estudio de las magnitudes. Había en el niño un talento en cierne y el padre sabía desde joven, por boca de sus profesores, que el genio no es a menudo otra cosa que perseverancia bien disfrazada". Lino formouse tanto nas aulas do Colegio Mayor de Nuestra Señora del Rosario e tamén nas clases do Observatorio Astronómico de Santafé. Un día o seu amigo e profesor Caldas suxeriulle seguir a carreira de enxeñeiro militar con vistas ao incipiente proceso independentista. Entre tanto o novo Lino pasaba os veráns felizmente no seo da casa familiar de Popayán. Finalmente Caldas convenceu ao seu pai, Manuel, para permitir alistar ó seu fillo de trece anos de idade no Exército da Nova Granada para loitar no bando da causa independentista. O seu pai Manuel de Pombo foi un dos asinantes da acta de Declaración de independencia. No exército Lino de Pombo coñeceu ao seu amigo Francisco de Paula Santander que tiña dezaoito anos naquel intre. "Las horas en el regimiento eran llevaderas, gracias a aquellos largos diálogos en los que no se escatimaban parrafadas grandilocuentes e, incluso, la lectura en voz alta de textos clásicos griegos". "En aquellas circunstancias, el día 19 de septiembre de 1811, Santander entró como una centella en el dormitorio común agitando en sus manos un ejemplar de La Bagatella, el periódico de Antonio Nariño". Ese mesmo día o pobo pedía a renuncia pública de Jorge Tadeo Lozano e congregados na Praza Maior clamaban por Antonio Nariño como novo presidente. Ao fin a Representación Nacional da incipiente república viuse forzada a elexir a Antonio Nariño como presidente. Unha das primeiras decisións de Nariño como mandatario da nova república neogranadina foi a creación dun Corpo de Enxeñeiros, sendo o seu capitán Francisco José de Caldas que levou canda el ao seu discípulo Lino de Pombo. Lino de Pombo pediu o seu traslado como enxeñeiro militar a súa cidade natal de Cartaxena de Indias. En Cartaxena, Lino incorporouse á campaña de Bolívar, que acababa de chegar á devandita cidade. Trala vitoria de Cúcuta, Lino de Pombo pediu permiso a Bolívar para retornar a Cartaxena de Indias e continuar coa súa loita contra as tropas realistas nesa cidade, sitiada pola frota española do xeneral Pablo Morillo, e coa axuda de Antonio José de Sucre. Pero as cousas non foron ben en Cartaxena de Indias, o seu tío José Ignacio faleceu durante o asedio e combate contra as tropas españolas, Caldas foi fusilado por Morillo e Lino de Pombo e a súa familia víronse na obriga de abandonar a baía nun barco a toda presa, máis o barco encallou e os pasaxeiros víronse novamente na obriga de tomar botes de auxilio para alcanzar unha praia preto da costa venezolana, onde morrería a súa prima Ana de Pombo. Pasados uns días de grandes penurias, foron rescatados por un buque corsario ao servizo da coroa española que os levou de regreso a Cartaxena de Indias. Lino de Pombo quedou preso alí  e foi introducido nun alxube do castelo de San Felipe de Barajas. Tivo moita sorte porque puido ser fusilado naquel mesmo momento pero salvouno ser sobriño do conde de La Bisbal, o seu tío Enrique O'Donnell. Do mesmo xeito o seu pai, Manuel de Pombo, por mediación da súa muller, foi liberado da prisión de Popayán onde estaba recluído e trasladado a España nun barco para que fora o propio rei quen decidira sobre o seu destino e o seu delito de sedición á coroa. Manuel de Pombo viaxaría xunto ao seu fillo Lino de Pombo. Trasladados no barco "Ecce Homo", chegaron á cidade de Cádiz onde os esperaba o seu tío, o conde Enrique O'Donnell, e con quen marcharon cara a Madrid. Durante a súa estadía en Madrid, no ano 1818, Lino de Pombo incorporouse á Academia de Enxeñeiros de Alcalá de Henares servindo de capitán no seu batallón. Decontando Lino de Pombo mergullouse nos ambientes liberais e intelectuais da capital madrileña e agora as súas amizades eran persoas coma o teniente coronel Rafael del Riego, librepensadores e masóns que periodicamente lle reportaban noticias do seu íntimo amigo Francisco de Paula Santander que "según sus noticias, aquel patriota granadino acababa de recibir, allá en sus tierras, el grado 18". "En aquel ámbito, un tanto opresivo, recibió Lino de Pombo su iniciación misteriosa". No Gran Oriente de Madrid Lino de Pombo foi iniciado na masonaría. "Hay que agregar que, aunque uno de los requisitos para ser masón era el de creer en Dios y, en general, el de un comportamiento filantrópico, la Iglesia de Roma condenaba esta organización, acaso por sostener en aquellos días, por encima de antiguos postulados místicos, una filosofía racional y laica". O día 2 de xaneiro de 1820, o seu amigo Santander fundaría na vella Santafé, agora chamada Bogotá, a loxa "Libertad de Colombia", cuxo venerable mestre habería de ser José Ignacio París y Ricaurte. Da Nova Granada chegaban noticias esperanzadoras para a liberdade das colonias ao mando do caudillo Simón Bolívar. Namentres Manuel de Pombo, ao acubillo do seu cuñado, pasaba as xornadas escribindo libros sobre gramática, xeografía e historia na compaña da súa dona Beatriz O'Donnell. De palabras do seu tío, o conde, Lino topouse con tristeza con que Riego fora nomeado comandante dun dos batallóns que se dispoñía a partir cara a América para frear a independencia e castigar desta maneira aos caudillos liberais. Porén, na madrugada do día de aninovo, Riego revirouse en Cabezas de San Juan e, ó mando de 6000 homes, esixiu o restabelecemento da Constitución de 1812. Lino de Pombo, apaixonado, preparou o seu cabalo e uníuse axiña ó batallón de Riego na vila de Alxeciras. A revolución mesmo parecía vitoriosa e unha das súas primeiras decisións do 23 de marzo foi sacar da Cárcel Real de Cádiz ao neogranadino Antonio Nariño, preso alí dende 1814. Nariño reuníuse en San Fernando con Riego e con Lino de Pombo, quen sentía unha fonda admiración por Nariño. "Al calor de ella, y de la proximidad del asturiano que había hecho inclinar la cérviz a Fernando VII, una noche, oyendo a un soldado tararear la Marsellesa, Lino les preguntó cómo aquel ejército libertador no poseía aún un canto de guerra propio". Foi desa maneira como Lino axudou na composición das estrofas do famoso Himno de Riego. "Por aquellos días, el cartagenero ingresó, lleno de entusiasmo, en la Sociedad Patriótica que Nariño fundó y presidió en San Fernando, y en donde trabajó con los notables del liberalismo español...No obstante, el día 26 de julio de 1820, Nariño debió refugiarse en Gibraltar, por razón de las intrigas que contra él fraguaba una dama que era novia de Pablo Morillo". Finalmente e ó cabo de tres anos o alzamento revolucionario de Riego foi sufocado pola Santa Alianza e os "cen mil fillos de San Luís" coa axuda dun exército encabezado polo seu tío, o xeneral José O'Donnell. Lino de Pombo foi apresado polas tropas do francés Bonnemain na batalla de Jódar e condenado a morte e Riego foi executado o 7 de novembro de 1823. Porén "Lino, entretanto, fue conducido ante el general Bonnemain para que éste le ratificara su sentencia de muerte. Miró a los ojos al francés y le hizo con las manos un gesto masónico. Esa noche, Bonnemain ordenó a sus oficiales hacer un alto para permitir la fuga del joven". Lino, dende Xibraltar, conseguiu fuxir a Londres onde foi recibido polo señor Hurtado, ministro da Gran Colombia, que lle liu unha carta do xeneral Santander, vicepresidente da nación, onde o invitaba a retornar a súa patria e o nomeaba membro da diplomacia como secretario da Legación. Un ano despois, en febreiro de 1825, deixa o seu cargo diplomático en Londres e retorna a súa patria da Gran Colombia. "Casi ocho años había permanecido en Europa y la patria que encontraba no podía ser la misma que abandonó. Su nombre había trocado por el de Gran Colombia, en homenaje a Cristóbal Colón". Xa en Bogotá e sendo presidente en funcións o seu amigo Santander solicitou do goberno a súa reincorporación ao Exército de Enxeñeiros co grao de capitán de enxeñeiros na súa querida vila de Popayán onde foi recibido polo seu pai. Don Manuel de Pombo era agora o encargado da Casa da Moeda de Popayán: "En España, había logrado publicar los tres libros en que ocupó sus años penínsulares: un Compendio histórico de la invasión de España por los franceses, una Gramática latina, y una Geografía concisa". A finais de 1826 Santander animouno a viaxar a París para completar a súa formación de enxeñeiro na famosa Escola de Pontes e Calzadas. Os estudos en París iniciaron a Lino na xeometría analítica que máis tarde trasladaría á súa cátedra de Popayán ou Bogotá. Foi o primeiro colombiano en recibir o grao de enxeñeiro a finais de setembro. 

 

Durante a súa estancia en Colombia o libertador Simón Bolívar foi adoptando posturas de goberno cada vez máis ditatoriais e o ambiente na incipiente Gran Colombia foise enmerdando con conspiracións e traizóns. O propio Lino tivo que mediar no alzamento de Obando e Hilario López no Ecuador. Farto do cariz ditatorial e das maneiras de Bolívar solicitoulle a este que o separase do servizo ó exército como enxeñeiro militar alegando que a súa vocación non eran as armas senón as matemáticas. Xa que logo, Lino incorporouse como enxeñeiro á universidade de Cauca en Popayán onde daba clases de xeometría aplicada e matemáticas e onde coñecería a súa futura esposa Ana María Rebolledo, nai do famoso poeta e escritor Rafael Pombo Rebolledo. "Lino había dejado transcurrir su juventud al margen de las pasiones que no fueran la patria, la libertad o el conocimiento. No había requerido de estímulos como el alcohol o el tabaco, que se abstenía por completo de consumir. Tampoco había sido mujeriego...Lo reclamaban las disciplinas del conocimiento, con el cual creía tener un pacto sagrado". Mentres vivía tranquilamente como profesor de universidade en Popayán tivo que asistir con perplexidade ao rumbo errático e desastroso que iba tomando o goberno de Bolívar e que conduciría sen remedio ao desmembramento da Gran Colombia coa independencia de Venezuela. Ante este caótico teatro político cheo de intrigas e vinganzas, Lino de Pombo decidiu consagrarse de cheo á cátedra. "En aquellos momentos, la política lo asqueaba". No ano 1830 tamén se oficializou a separación do Ecuador e a desaparición definitiva da Gran Colombia. Ante estes feitos, Lino de Pombo decidiu sacar á luz un xornal, El Conciso, no cal defendía a volta do xeneral Santander e a restitución da Constitución aprobada no "Congreso Admirable". Santander foi restituído como presidente do país o 7 de outubro de 1832. Foi entonces cando Santander lle pediu persoalmente a Lino de Pombo que se unira á reconstitución do país como Secretario de Interior e de Relacións Exteriores á idade de 35 anos, desprazándose de Popayán a Bogotá. Perante a desintegración da Gran Colombia, o esforzo diplomático centrábase no reparto satisfactorio das débedas e dos créditos con Ecuador e con Venezuela e na fixación dos lindes das tres nacións. Agora Lino de Pombo deixaba ao marxe as matemáticas e a xeometría para centrarse na ciencia do dereito e do dereito internacional. Porén, tralo rexeitamento por inconstitucional por parte da Cámara de Representantes do acordo sobre a débeda con Venezuela, chamado precisamente acordo Pombo-Michelena, Lino de Pombo tomou a decisión de dimitir do seu cargo o 22 de marzo de 1836, máis por causa da brillante intervención na Cámara do presidente e amigo Santander, Lino de Pombo foi novamente restituído no seu cargo. Por aqueles tempos Lino alternaba as súas funcións oficiais coas cátedras no Colegio Mayor Nuestra Señora del Rosario e máis no Colegio Militar. "Y éstas no eran ya sólo de geometría analítica, sino también de sus dos consecuencias inmediatas, debidas a Newton y a Leibniz: el cálculo diferencial y el cálculo integral". Elixido Márquez como presidente da república o 26 de novembro de 1837, Pombo fundou o xornal El Argos para defender a xestión presidencial de Márquez, un feito que remataría de maneira definitiva coa súa amizade con Santander. No ano 1839, Lino de Pombo foi apartado da Secretaría de Interior e asumiu o cargo da Dirección do Crédito Nacional. Desexaba dispor dun pouco máis de tempo para organizar nun tratado as ensinanzas que podía ofrecer ós futuros enxeñeiros colombianos en materia de xeometría analítica e cálculo diferencial e integral e que se proxectarían en dous libros de índole matemática. A todo isto Márquez volveu a requirilo para que ocupara de novo a Secretaría de Interior e Relación Exteriores e Lino aceptou de novo e en plena guerra civil entre federalistas e centralistas Lino de Pombo aceptou tamén a gobernación de Cundinamarca (Bogotá). Porén, tras unha viaxe nefasta de negociación a Caracas e próximo xa o goberno de Pedro Alcántara Herrán, Lino de Pombo foi deposto das súas obligacións oficiais aínda que mantivo o escano no Congreso. Agora podía adicarse en plenitude á cátedra e a redacción dos seus tratados matemáticos. No ano 1843 o goberno de Herrán requiriu novamente os servizos de Lino de Pombo para que recompilase nun volume toda a lexislación vixente da Nova Granada dende os días da independencia. "Jamás se había doctorado en jurisprudencia pero la ciencia del derecho había terminado resultándole tan familiar como la física o el cálculo". Deste xeito no ano 1845 publicou unha "Recopilación de leyes de la Nueva Granada". Durante o goberno de Mosquera, do partido dos republicanos, Lino de Pombo asumiu por un breve espazo de tempo a carteira de Facenda á idade de case 50 anos. Dende ese despacho, don Lino levou a cabo unha reforma do sistema tributario e monetario, procurou agrandar o desenvolvemento industrial do país, interesándose particularmente polas vías de comunicación terrestres e fluviais e fundou a Caixa de Aforros. En 1847, tras deixar a carteira de Facenda foi chamado como Contador Xeral.Co fin de apoiar a supresión do monopolio do tabaco defendida por Florentino González fundou outro xornal chamado El Siglo coa axuda do seu sobriño Arboleda, máis as eleccións de 1849 gañounas o liberal José Hilario López. Entre 1849 e 1854 abríuse un amplo período de tempo no cal Lino de Pombo puido adicar horas e horas aos tratados de aritmética e álxebra, de trigonometría, de xeometría analítica e de cálculo diferencial e integral como consecuencia dos seus anos de estudos en París. Así, en 1850, a Imprenta de la Nación sacou á luz as súas "Lecciones de geometría analítica" e os seus tratados matemáticos foron publicados uns detrás dos outros. "Durante más de cincuenta años, aquellos libros se erigieron en textos imprescindibles en liceos y universidades del continente". Tempo despois a Librería Española en París publicaría en dúas entregas a "Memoria histórica sobre la vida, carácter y trabajos científicos y literarios y servicios patrióticos de Francisco José de Caldas" poñendo en valor a figura do seu antigo mestre de xeometría e matemáticas. Tamén se acercou ao mundo da literaura cun relato de carácter costumbrista titulado Cachaco e tamén se atreveu coa tradución de dúas obras capitais, as Historias romanas y griegas de Oliver Goldsmith y el Tratado de artillería de LeBlond. Durante estes anos mantivo o seu escano no Congreso aínda que a súa actividade nel foi escasa, máis pola volta do ano 1854, xa con pouca saúde, aceptou o cargo da Procuraduría Xeral da Nación en tanto non asumise o cargo o seu amigo Florentino González. En 1855, sendo xefe do Estado Manuel María Mallarino aceptou de novo o cargo diplomático da Secretaría de Relacións Exteriores, un cargo que exerceu durante dous anos e onde tivo que facer frente a variados asuntos e conflitos coa veciña Venezuela e que Lino de Pombo resolviu coa súa experiencia e o seu exquisito sentido do humor, así mesmo fixo de mediador noutros sainetes de política exterior entre Estados Unidos, Centroamérica e Inglaterra, sobre todo no relativo ao itsmo de Panamá. Lino de Pombo O'Donnell faleceu en Bogotá o 20 de novembro de 1862 á idade de 65 anos. Lino de Pombo foi o sabio das sete esferas que se chamaban: matemáticas, armas, política, xurisprudencia, xornalismo, facenda e pedagoxía.


"Ahora comprendía que sus estudios en el Colegio Militar forzados por don Lino, y que permitieron su grado en matemáticas e ingeniería en 1851, definitivamente se habían incorporado a la quintaesencia de su yo poético, porque número y poesía eran uno" (Referido ao seu fillo o poeta colombiano Rafael Pombo Rebolledo).

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA:

ESPINOSA, Germán: Lino de Pombo, El sabio de las siete esferas. Editorial Colciencias y Editorial Panamericana, Santafé de Bogotá, 1998.