O 20 de maio de 1506 tiña lugar o pasamento de Cristovo Colón na cidade de Valladolid, sendo soterrado por un tempo determinado na capela das Maravillas do Convento de San Francisco de Valladolid.
Hugh O'Donnell, alcumado o Roxo pola cor roxa do seu cabelo, era considerado rei dos irlandeses, rei de Tir Conaill, na actualidade o condado de Donegal. Hugh O'Donnell, pertencente o antigo clan irlandés dos O'Donnell, protagonizou unha mítica sublevación do pobo irlandés contra o goberno inglés que desembocou na chamada Guerra dos Nove Anos contra os ingleses, un conflito que comezou en 1594 e rematou en 1603. En 1601, un continxente de soldados españois formado por 4000 homes e comandada por Don Juan del Águila desembarcou na baía de Kinsale, preto de Cork, para acudir aos homes de Hugh O'Donnell. Así e todo, durante a batalla de Kinsale, en xaneiro de 1602, as forzas de Del Águila, O'Neill e O'Donnell foron vencidas polos ingleses. Trala derrota de Kinsale, O'Donnell fuxiu ou partiu cara a Coruña, consciente da relación de irmandade entre galegos e irlandeses, sendo recibido con grandes honores polo Gobernador de Galicia e polo Arzobispo de Santiago de Compostela. Nesta cidade fundaría o coñecido Colexio dos Irlandeses. Na súa estadía en España, Hugh O'Donnell, buscaba entrevistarse co novo rei Filipe III, quen lle prometera organizar unha nova invasión de Irlanda, máis este encontro endexamais se produciu pois Hugh O'Donnell faleceu o 10 de setembro de 1602 no castelo de Simancas de Valladolid namentres agardaba pola audiencia real. Hugh O'Donnell tiña trinta anos por aquel entón. Curiosamente foi soterrado na mesma capela das Maravillas do desaparecido Convento de San Francisco de Valladolid, no mesmo lugar onde fora soterrado Cristovo Colón.
Lino de Pombo O'Donnell foi unha das personalidades públicas máis respetada da Colombia de comezos do século XIX. Lino de Pombo O'Donnell foi un home polifacético coma os grandes xenios do Renacemento. Naceu o 7 de xaneiro de 1797 na cidade de Cartaxena de Indias. Era fillo de Manuel de Pombo, tesoureiro do Real Tribunal do Consulado, e de Beatriz O'Donnell. Foron os seus padriños José Ignacio de Pombo y Ante e a súa dona María Josefa Gregoria de Amador de Pombo. Era, xa que logo, primo de Miguel de Pombo Pombo. O seu fillo, o famoso poeta Rafael Pombo, describe físicamente ao seu pai como un home con fermosos ollos azuis con "ancha frente prolongada hacia un principio de calvicie, la aguileña y enérgica nariz en el rostro siempre rasurado". O seu tío José Ignacio de Pombo y Ante foi un importante filántropo, sendo impresor na cidade. Tamén promoveu a construción do ambicioso Canal do Dique para unir a cidade co río Magdalena, fundou escolas na rexión do Cauca e colaborou coa Expedición Botánica dirixida por Celestino Mutis. Doutorado en xurisprudencia, foi membro destacado do Real Tribunal do Consulado. "Se trataba, sin duda, de un individuo excepcional... y el sabio alemán Alexander von Humboldt había dicho de él que era uno de los hombres más ilustrados de América a comienzos del siglo XIX". "La familia Pombo se sabía ilustre por el linaje y es lo cierto que en esa convicción existía algo más que mera vanidad". Os Pombo abrazaron con gusto os ideais liberais da Ilustración e da Revolución Francesa. Eran librepensadores que se atopaban no epicentro da intelectualidade do virreinato. O seu pai, Manuel de Pombo, naceu en Popayán onde se gradou en Dereito e a continuación trasladouse á Corte española. Estando en Aranjuez casou con dona Beatriz O'Donnell y Anethan. A súa orixe irlandesa "había hecho de doña Beatriz un ejemplar de mujer pelirroja y de ojos intensamente azules". Lino de Pombo, o segundo de seis irmáns, xa amosaba desde cativo precocidade para resolver problemas aritméticos, tamén destacaba "por la facilidad con que grababa en la memoria largos poemas y por sus raptos nocturnos, en el patio de la casa, ante el torrente sideral del cielo cartagenero". No ano 1804 o seu pai, Manuel de Pombo, foi trasladado como contador á Casa de la Moneda de Santafé. Alí, no Observatorio Astronómico de Santafé onde había un gnomon para medir o acimut e a altura do sol observando a dirección e a lonxitude da sombra, recibía clases de física e matemáticas de parte dun paisano e amigo chamado Francisco José de Caldas. "Manuel de Pombo había visto la necesidad de que Lino iniciase, cuanto antes, dadas sus indudables facilidad y propensión, el aprendizaje de las ciencias que trataban de la cantidad o que tenían por objeto el estudio de las magnitudes. Había en el niño un talento en cierne y el padre sabía desde joven, por boca de sus profesores, que el genio no es a menudo otra cosa que perseverancia bien disfrazada". Lino formouse tanto nas aulas do Colegio Mayor de Nuestra Señora del Rosario e tamén nas clases do Observatorio Astronómico de Santafé. Un día o seu amigo e profesor Caldas suxeriulle seguir a carreira de enxeñeiro militar con vistas ao incipiente proceso independentista. Entre tanto o novo Lino pasaba os veráns felizmente no seo da casa familiar de Popayán. Finalmente Caldas convenceu ao seu pai, Manuel, para permitir alistar ó seu fillo de trece anos de idade no Exército da Nova Granada para loitar no bando da causa independentista. O seu pai Manuel de Pombo foi un dos asinantes da acta de Declaración de independencia. No exército Lino de Pombo coñeceu ao seu amigo Francisco de Paula Santander que tiña dezaoito anos naquel intre. "Las horas en el regimiento eran llevaderas, gracias a aquellos largos diálogos en los que no se escatimaban parrafadas grandilocuentes e, incluso, la lectura en voz alta de textos clásicos griegos". "En aquellas circunstancias, el día 19 de septiembre de 1811, Santander entró como una centella en el dormitorio común agitando en sus manos un ejemplar de La Bagatella, el periódico de Antonio Nariño". Ese mesmo día o pobo pedía a renuncia pública de Jorge Tadeo Lozano e congregados na Praza Maior clamaban por Antonio Nariño como novo presidente. Ao fin a Representación Nacional da incipiente república viuse forzada a elexir a Antonio Nariño como presidente. Unha das primeiras decisións de Nariño como mandatario da nova república neogranadina foi a creación dun Corpo de Enxeñeiros, sendo o seu capitán Francisco José de Caldas que levou canda el ao seu discípulo Lino de Pombo. Lino de Pombo pediu o seu traslado como enxeñeiro militar a súa cidade natal de Cartaxena de Indias. En Cartaxena, Lino incorporouse á campaña de Bolívar, que acababa de chegar á devandita cidade. Trala vitoria de Cúcuta, Lino de Pombo pediu permiso a Bolívar para retornar a Cartaxena de Indias e continuar coa súa loita contra as tropas realistas nesa cidade, sitiada pola frota española do xeneral Pablo Morillo, e coa axuda de Antonio José de Sucre. Pero as cousas non foron ben en Cartaxena de Indias, o seu tío José Ignacio faleceu durante o asedio e combate contra as tropas españolas, Caldas foi fusilado por Morillo e Lino de Pombo e a súa familia víronse na obriga de abandonar a baía nun barco a toda presa, máis o barco encallou e os pasaxeiros víronse novamente na obriga de tomar botes de auxilio para alcanzar unha praia preto da costa venezolana, onde morrería a súa prima Ana de Pombo. Pasados uns días de grandes penurias, foron rescatados por un buque corsario ao servizo da coroa española que os levou de regreso a Cartaxena de Indias. Lino de Pombo quedou preso alí e foi introducido nun alxube do castelo de San Felipe de Barajas. Tivo moita sorte porque puido ser fusilado naquel mesmo momento pero salvouno ser sobriño do conde de La Bisbal, o seu tío Enrique O'Donnell. Do mesmo xeito o seu pai, Manuel de Pombo, por mediación da súa muller, foi liberado da prisión de Popayán onde estaba recluído e trasladado a España nun barco para que fora o propio rei quen decidira sobre o seu destino e o seu delito de sedición á coroa. Manuel de Pombo viaxaría xunto ao seu fillo Lino de Pombo. Trasladados no barco "Ecce Homo", chegaron á cidade de Cádiz onde os esperaba o seu tío, o conde Enrique O'Donnell, e con quen marcharon cara a Madrid. Durante a súa estadía en Madrid, no ano 1818, Lino de Pombo incorporouse á Academia de Enxeñeiros de Alcalá de Henares servindo de capitán no seu batallón. Decontando Lino de Pombo mergullouse nos ambientes liberais e intelectuais da capital madrileña e agora as súas amizades eran persoas coma o teniente coronel Rafael del Riego, librepensadores e masóns que periodicamente lle reportaban noticias do seu íntimo amigo Francisco de Paula Santander que "según sus noticias, aquel patriota granadino acababa de recibir, allá en sus tierras, el grado 18". "En aquel ámbito, un tanto opresivo, recibió Lino de Pombo su iniciación misteriosa". No Gran Oriente de Madrid Lino de Pombo foi iniciado na masonaría. "Hay que agregar que, aunque uno de los requisitos para ser masón era el de creer en Dios y, en general, el de un comportamiento filantrópico, la Iglesia de Roma condenaba esta organización, acaso por sostener en aquellos días, por encima de antiguos postulados místicos, una filosofía racional y laica". O día 2 de xaneiro de 1820, o seu amigo Santander fundaría na vella Santafé, agora chamada Bogotá, a loxa "Libertad de Colombia", cuxo venerable mestre habería de ser José Ignacio París y Ricaurte. Da Nova Granada chegaban noticias esperanzadoras para a liberdade das colonias ao mando do caudillo Simón Bolívar. Namentres Manuel de Pombo, ao acubillo do seu cuñado, pasaba as xornadas escribindo libros sobre gramática, xeografía e historia na compaña da súa dona Beatriz O'Donnell. De palabras do seu tío, o conde, Lino topouse con tristeza con que Riego fora nomeado comandante dun dos batallóns que se dispoñía a partir cara a América para frear a independencia e castigar desta maneira aos caudillos liberais. Porén, na madrugada do día de aninovo, Riego revirouse en Cabezas de San Juan e, ó mando de 6000 homes, esixiu o restabelecemento da Constitución de 1812. Lino de Pombo, apaixonado, preparou o seu cabalo e uníuse axiña ó batallón de Riego na vila de Alxeciras. A revolución mesmo parecía vitoriosa e unha das súas primeiras decisións do 23 de marzo foi sacar da Cárcel Real de Cádiz ao neogranadino Antonio Nariño, preso alí dende 1814. Nariño reuníuse en San Fernando con Riego e con Lino de Pombo, quen sentía unha fonda admiración por Nariño. "Al calor de ella, y de la proximidad del asturiano que había hecho inclinar la cérviz a Fernando VII, una noche, oyendo a un soldado tararear la Marsellesa, Lino les preguntó cómo aquel ejército libertador no poseía aún un canto de guerra propio". Foi desa maneira como Lino axudou na composición das estrofas do famoso Himno de Riego. "Por aquellos días, el cartagenero ingresó, lleno de entusiasmo, en la Sociedad Patriótica que Nariño fundó y presidió en San Fernando, y en donde trabajó con los notables del liberalismo español...No obstante, el día 26 de julio de 1820, Nariño debió refugiarse en Gibraltar, por razón de las intrigas que contra él fraguaba una dama que era novia de Pablo Morillo". Finalmente e ó cabo de tres anos o alzamento revolucionario de Riego foi sufocado pola Santa Alianza e os "cen mil fillos de San Luís" coa axuda dun exército encabezado polo seu tío, o xeneral José O'Donnell. Lino de Pombo foi apresado polas tropas do francés Bonnemain na batalla de Jódar e condenado a morte e Riego foi executado o 7 de novembro de 1823. Porén "Lino, entretanto, fue conducido ante el general Bonnemain para que éste le ratificara su sentencia de muerte. Miró a los ojos al francés y le hizo con las manos un gesto masónico. Esa noche, Bonnemain ordenó a sus oficiales hacer un alto para permitir la fuga del joven". Lino, dende Xibraltar, conseguiu fuxir a Londres onde foi recibido polo señor Hurtado, ministro da Gran Colombia, que lle liu unha carta do xeneral Santander, vicepresidente da nación, onde o invitaba a retornar a súa patria e o nomeaba membro da diplomacia como secretario da Legación. Un ano despois, en febreiro de 1825, deixa o seu cargo diplomático en Londres e retorna a súa patria da Gran Colombia. "Casi ocho años había permanecido en Europa y la patria que encontraba no podía ser la misma que abandonó. Su nombre había trocado por el de Gran Colombia, en homenaje a Cristóbal Colón". Xa en Bogotá e sendo presidente en funcións o seu amigo Santander solicitou do goberno a súa reincorporación ao Exército de Enxeñeiros co grao de capitán de enxeñeiros na súa querida vila de Popayán onde foi recibido polo seu pai. Don Manuel de Pombo era agora o encargado da Casa da Moeda de Popayán: "En España, había logrado publicar los tres libros en que ocupó sus años penínsulares: un Compendio histórico de la invasión de España por los franceses, una Gramática latina, y una Geografía concisa". A finais de 1826 Santander animouno a viaxar a París para completar a súa formación de enxeñeiro na famosa Escola de Pontes e Calzadas. Os estudos en París iniciaron a Lino na xeometría analítica que máis tarde trasladaría á súa cátedra de Popayán ou Bogotá. Foi o primeiro colombiano en recibir o grao de enxeñeiro a finais de setembro.
Durante a súa estancia en Colombia o libertador Simón Bolívar foi adoptando posturas de goberno cada vez máis ditatoriais e o ambiente na incipiente Gran Colombia foise enmerdando con conspiracións e traizóns. O propio Lino tivo que mediar no alzamento de Obando e Hilario López no Ecuador. Farto do cariz ditatorial e das maneiras de Bolívar solicitoulle a este que o separase do servizo ó exército como enxeñeiro militar alegando que a súa vocación non eran as armas senón as matemáticas. Xa que logo, Lino incorporouse como enxeñeiro á universidade de Cauca en Popayán onde daba clases de xeometría aplicada e matemáticas e onde coñecería a súa futura esposa Ana María Rebolledo, nai do famoso poeta e escritor Rafael Pombo Rebolledo. "Lino había dejado transcurrir su juventud al margen de las pasiones que no fueran la patria, la libertad o el conocimiento. No había requerido de estímulos como el alcohol o el tabaco, que se abstenía por completo de consumir. Tampoco había sido mujeriego...Lo reclamaban las disciplinas del conocimiento, con el cual creía tener un pacto sagrado". Mentres vivía tranquilamente como profesor de universidade en Popayán tivo que asistir con perplexidade ao rumbo errático e desastroso que iba tomando o goberno de Bolívar e que conduciría sen remedio ao desmembramento da Gran Colombia coa independencia de Venezuela. Ante este caótico teatro político cheo de intrigas e vinganzas, Lino de Pombo decidiu consagrarse de cheo á cátedra. "En aquellos momentos, la política lo asqueaba". No ano 1830 tamén se oficializou a separación do Ecuador e a desaparición definitiva da Gran Colombia. Ante estes feitos, Lino de Pombo decidiu sacar á luz un xornal, El Conciso, no cal defendía a volta do xeneral Santander e a restitución da Constitución aprobada no "Congreso Admirable". Santander foi restituído como presidente do país o 7 de outubro de 1832. Foi entonces cando Santander lle pediu persoalmente a Lino de Pombo que se unira á reconstitución do país como Secretario de Interior e de Relacións Exteriores á idade de 35 anos, desprazándose de Popayán a Bogotá. Perante a desintegración da Gran Colombia, o esforzo diplomático centrábase no reparto satisfactorio das débedas e dos créditos con Ecuador e con Venezuela e na fixación dos lindes das tres nacións. Agora Lino de Pombo deixaba ao marxe as matemáticas e a xeometría para centrarse na ciencia do dereito e do dereito internacional. Porén, tralo rexeitamento por inconstitucional por parte da Cámara de Representantes do acordo sobre a débeda con Venezuela, chamado precisamente acordo Pombo-Michelena, Lino de Pombo tomou a decisión de dimitir do seu cargo o 22 de marzo de 1836, máis por causa da brillante intervención na Cámara do presidente e amigo Santander, Lino de Pombo foi novamente restituído no seu cargo. Por aqueles tempos Lino alternaba as súas funcións oficiais coas cátedras no Colegio Mayor Nuestra Señora del Rosario e máis no Colegio Militar. "Y éstas no eran ya sólo de geometría analítica, sino también de sus dos consecuencias inmediatas, debidas a Newton y a Leibniz: el cálculo diferencial y el cálculo integral". Elixido Márquez como presidente da república o 26 de novembro de 1837, Pombo fundou o xornal El Argos para defender a xestión presidencial de Márquez, un feito que remataría de maneira definitiva coa súa amizade con Santander. No ano 1839, Lino de Pombo foi apartado da Secretaría de Interior e asumiu o cargo da Dirección do Crédito Nacional. Desexaba dispor dun pouco máis de tempo para organizar nun tratado as ensinanzas que podía ofrecer ós futuros enxeñeiros colombianos en materia de xeometría analítica e cálculo diferencial e integral e que se proxectarían en dous libros de índole matemática. A todo isto Márquez volveu a requirilo para que ocupara de novo a Secretaría de Interior e Relación Exteriores e Lino aceptou de novo e en plena guerra civil entre federalistas e centralistas Lino de Pombo aceptou tamén a gobernación de Cundinamarca (Bogotá). Porén, tras unha viaxe nefasta de negociación a Caracas e próximo xa o goberno de Pedro Alcántara Herrán, Lino de Pombo foi deposto das súas obligacións oficiais aínda que mantivo o escano no Congreso. Agora podía adicarse en plenitude á cátedra e a redacción dos seus tratados matemáticos. No ano 1843 o goberno de Herrán requiriu novamente os servizos de Lino de Pombo para que recompilase nun volume toda a lexislación vixente da Nova Granada dende os días da independencia. "Jamás se había doctorado en jurisprudencia pero la ciencia del derecho había terminado resultándole tan familiar como la física o el cálculo". Deste xeito no ano 1845 publicou unha "Recopilación de leyes de la Nueva Granada". Durante o goberno de Mosquera, do partido dos republicanos, Lino de Pombo asumiu por un breve espazo de tempo a carteira de Facenda á idade de case 50 anos. Dende ese despacho, don Lino levou a cabo unha reforma do sistema tributario e monetario, procurou agrandar o desenvolvemento industrial do país, interesándose particularmente polas vías de comunicación terrestres e fluviais e fundou a Caixa de Aforros. En 1847, tras deixar a carteira de Facenda foi chamado como Contador Xeral.Co fin de apoiar a supresión do monopolio do tabaco defendida por Florentino González fundou outro xornal chamado El Siglo coa axuda do seu sobriño Arboleda, máis as eleccións de 1849 gañounas o liberal José Hilario López. Entre 1849 e 1854 abríuse un amplo período de tempo no cal Lino de Pombo puido adicar horas e horas aos tratados de aritmética e álxebra, de trigonometría, de xeometría analítica e de cálculo diferencial e integral como consecuencia dos seus anos de estudos en París. Así, en 1850, a Imprenta de la Nación sacou á luz as súas "Lecciones de geometría analítica" e os seus tratados matemáticos foron publicados uns detrás dos outros. "Durante más de cincuenta años, aquellos libros se erigieron en textos imprescindibles en liceos y universidades del continente". Tempo despois a Librería Española en París publicaría en dúas entregas a "Memoria histórica sobre la vida, carácter y trabajos científicos y literarios y servicios patrióticos de Francisco José de Caldas" poñendo en valor a figura do seu antigo mestre de xeometría e matemáticas. Tamén se acercou ao mundo da literaura cun relato de carácter costumbrista titulado Cachaco e tamén se atreveu coa tradución de dúas obras capitais, as Historias romanas y griegas de Oliver Goldsmith y el Tratado de artillería de LeBlond. Durante estes anos mantivo o seu escano no Congreso aínda que a súa actividade nel foi escasa, máis pola volta do ano 1854, xa con pouca saúde, aceptou o cargo da Procuraduría Xeral da Nación en tanto non asumise o cargo o seu amigo Florentino González. En 1855, sendo xefe do Estado Manuel María Mallarino aceptou de novo o cargo diplomático da Secretaría de Relacións Exteriores, un cargo que exerceu durante dous anos e onde tivo que facer frente a variados asuntos e conflitos coa veciña Venezuela e que Lino de Pombo resolviu coa súa experiencia e o seu exquisito sentido do humor, así mesmo fixo de mediador noutros sainetes de política exterior entre Estados Unidos, Centroamérica e Inglaterra, sobre todo no relativo ao itsmo de Panamá. Lino de Pombo O'Donnell faleceu en Bogotá o 20 de novembro de 1862 á idade de 65 anos. Lino de Pombo foi o sabio das sete esferas que se chamaban: matemáticas, armas, política, xurisprudencia, xornalismo, facenda e pedagoxía.
"Ahora comprendía que sus estudios en el Colegio Militar forzados por don Lino, y que permitieron su grado en matemáticas e ingeniería en 1851, definitivamente se habían incorporado a la quintaesencia de su yo poético, porque número y poesía eran uno" (Referido ao seu fillo o poeta colombiano Rafael Pombo Rebolledo).
BIBLIOGRAFÍA:
ESPINOSA, Germán: Lino de Pombo, El sabio de las siete esferas. Editorial Colciencias y Editorial Panamericana, Santafé de Bogotá, 1998.
No hay comentarios:
Publicar un comentario