Segundo a física cuántica 1 e 0, como unidades mínimas de información, poden ser ó mesmo tempo 1 e 0. Para os galegos non existe si ou non, para os galegos a resposta correcta é depende, a resposta máis cuántica que coñezo na miña vida. Todo isto ben o caso porque os galegos somos posuidores dunha fonda espiritualidade natural que reflexa ata que punto, e de xeito innato, temos interiorizadas as regras do mundo cuántico, o "máis alá" dos físicos. Ou viceversa, a física cuántica exprésase nos galegos a través da súa fonda e sentida espiritualidade. Neste senso os cruzamentos de camiños eran e son para os galegos lugares dunha alta sacralidade, e non só porque polos camiños vagara a Santa Compaña, senón porque nos cruzamentos dos camiños tiña lugar o sagrado, o trascendente da nosa vida. Para os galegos a vida é un camiño ou un discorrer no espazo e no tempo, unha peregrinaxe, e os cruzamentos dos camiños son lugares onde se produce, trancorrido un tempo, o encontro de camiños ou vidas que se volven a atopar de novo na súa peregrinaxe cósmica. O seu simbolismo sagrado era sinalado por unha cruz de pedra que se colocaba adrede nas encrucilladas para transformar e facer do territorio e da vida que acontecía nel un universo cuántico e trascendente.
A Santa Compaña de Camilo Díaz Baliño. Ano 1919
No hay comentarios:
Publicar un comentario