Mostrando entradas con la etiqueta Cruceiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cruceiros. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de septiembre de 2021

Cruceiros. Os galegos somos cuánticos

 


Segundo a física cuántica 1 e 0, como unidades mínimas de información, poden ser ó mesmo tempo 1 e 0. Para os galegos non existe si ou non, para os galegos a resposta correcta é depende, a resposta máis cuántica que coñezo na miña vida. Todo isto ben o caso porque os galegos somos posuidores dunha fonda espiritualidade natural que reflexa ata que punto, e de xeito innato, temos interiorizadas as regras do mundo cuántico, o "máis alá" dos físicos. Ou viceversa, a física cuántica exprésase nos galegos a través da súa fonda e sentida espiritualidade. Neste senso os cruzamentos de camiños eran e son para os galegos lugares dunha alta sacralidade, e non só porque polos camiños vagara a Santa Compaña, senón porque nos cruzamentos dos camiños tiña lugar o sagrado, o trascendente da nosa vida. Para os galegos a vida é un camiño ou un discorrer no espazo e no tempo, unha peregrinaxe, e os cruzamentos dos camiños son lugares onde se produce, trancorrido un tempo, o encontro de camiños ou vidas que se volven a atopar de novo na súa peregrinaxe cósmica. O seu simbolismo sagrado era sinalado por unha cruz de pedra que se colocaba adrede nas encrucilladas para transformar e facer do territorio  e da vida que acontecía nel un universo cuántico e trascendente.

 

                             A Santa Compaña de Camilo Díaz Baliño. Ano 1919