Segundo Fernando Cabeza Quiles, o topónimo "Couso" procede do latín "capsus" co significado de "caixa" e relacionado co verbo latino "capere" co significado de "capturar", "coller" ou "conter". Neste senso a palabra "couso", procedente de "capsus", emprégase no galego para nomear os foxos para capturar animais salvaxes no monte, especialmente o lobo, mediante a construción de longos muros de pedra que xeran un recinto que converxe nun foxo, o foxo dos lobos, onde cae o animal e se lle dá morte. Pola contra temos a palabra "couto" do latín "cautum" co significado de "defendido", "lugar cercado para poder defenderse mellor", como "o couto de Boyro".
O monte Medulio localizábase nos montes de Santa Comba, no nacemento do río Xallas, nunha penechaira chamada Grandimirum polos romanos ou "gándara dos xefes", que constitúe un terreo amesetado ou plano entre montañas, fácilmente abarcable e defendible polos celtas e que conforma a súa vez un auténtico castro ou forte no noroeste da Gallaecia. Tódolos montes que arrodean esta área forman unha especie de parapeto natural cun perímetro de 25 kilómetros ou 15 millas latinas, como recollen as crónicas romanas, e onde é moi habitual o uso do topónimo "Couso" co significado de "cercado" ou "asedio" e que fai alusión a un posible escenario bélico de asedio ou confrontación. Así e deste xeito, temos San Martiño de Cousieiro en Val do Dubra, San Miguel de Couso en Coristanco, o monte Couso en Santa Comba, ara de Couso Oenaego en Seavia en Coristanco, ara de Couso-Marcus en Brandomil en Zas, ara de Couso en Logrosa en Negreira, San Martiño de Fontecada, Marcelle, Portomedal e Montouto, e os montes de Moscoso e Vila Martiño en San Fins de Freixeiro, que deron nome á famosa casa nobiliar dos Moscoso, unha rama da todopoderosa casa de Altamira, do latín "altus" co significado de "outeiro" "altozano" e "mira" co significado de xefe e cuxo nome fai alusión á devandita mansión romana de Grandimirum ou "gándara dos xefes", nome co que os romanos denominaron á conflitiva e xa mencionada penechaira xalleira.

Na torre de Nogueira en Coristanco, moi próxima á famosa fortaleza de Ferreira dos Trava, temos unha ara de Coso Oenaego, do céltico "aenach", co significado de "asemblea", "reunión", "agrupamento", e no lugar de Brandomil temos unha ara de Coso Maelobrigo, do céltico-bretón "mael", co significado de "soldado", "xefe de guerra", "príncipe".
Segundo o catastro de Ensenada, referido ao couto de Boyro, entre os montes recios de Boiro e os montes de Moscoso, atopábase a aldea de Malvares. Tamén microtopónimos como os "montes da condesa", "pedra señora" ou "a costa do pao do lobo" poden facer referencia a un enfrontamento bélico, mesmo se pode inferir o lugar de Freixeiro en Santa Comba como base ou lugar de orixe da famosa liñaxe dos Moscoso.
Tamén na gándara de Grandimirum localízase a parroquia xalleira de Baçar. O topónimo de Baçar está relacionado co termo éuscara "batzar" co significado de "asemblea" ou "bat" co significado de "unir" e tamén co termo húngaro "vezér", do proto-urálico *wetä co significado de "líder" "guiar" ou "gran xefe", ou "vestí" en ruso co significado de "conducir" ou "dirixir" ou "vozhd" "vosht", co significado importante de "xefe de tribo". En árabe temos o termo "wazar", de onde vén "visir", co significado "o que carga co peso", "o responsable". En bereber temos o termo "baba" co significado de "pai". Coa mesma raíz temos a palabra inglesa "boss", co significado de xefe e procedente do antigo alemán "baas" "basō" e do protoxermánico "baswō", co significado de "mestre" ou "pai". Tamén en lingua árabe "basha" significa "gran xefe", igual que a voz turca "bash", de onde vén a palabra "bajá". En proto-turco, turco, turcomano, búlgaro, azerí, karajaní, persa-khalaj, uzbeko ou tartar de Crimea, o termo "bash" fai referencia a "cabeza" ou "liderado". Polo que o topónimo Baçar co significado de "gran xefe" ben pode ser, cando menos, un nome de orixe xermana ou árabe. Tamén pódese especular ou inferir o lugar de Baçar como orixe ou base da casa de Trava, topónimos próximos como "cruce de Trava" ou "Pedra do Viso" en Boimente van nesa mesma dirección. Neste sentido é probable que no lugar da Pedra do Viso en Boimente se situase a importante fortaleza principal dos Trava, un lugar moi simbólico arredor da cal xurdiron posteriormente asentamentos como Boimente, Frieiro, Estévez (coroado en grego) Mourelle ou Bazar. Un lugar emblemático e un recinto dunhas 30 Ha que serviu de refuxio alomenos a 20.000 galaicos durante o seu enfrontamento coas tropas romanas, semellante ao monte Bernorio ou monte Cildá en Cantabria. Un campo base dende onde controlar Ferreira en Coristanco, castro de Mourelle e os montes de Moscoso en Freixeiro.
Non podemos esquecer tamén ao famoso deus Cosso, deus céltico da guerra e que ten moito que ver co significado de asediar e cercar. Da raíz indoeuropea "kap", co significado de "agarrar" ou "capturar" e da que derivan moitas palabras como "capsa" e "capere" en latín, "cassa" en italiano, "caixa" ou "capacidade" en galego, "chase", co significado de perseguir en inglés ou en francés, ou "cazar" ou "casa" en castelán.
En galego e en castelán o grupo latino -NS- simplifica ou deriva en -S-; monstrare>mostrare, mensam>mesa, mensem>mes, polo tanto a liñaxe dos Moscoso derivaría de "monscoso", ou monte Couso, en lembraza do poder político e da resistencia galega fronte á ocupación romana do mítico monte Medulio, e Galicia sería a matria da loba céltica. O escudo dos Moscoso, con esa loba céltica acosada, capturada e degolada, agocha a única representación gráfica ou a única lembranza da hecatombe do monte Medulio, onde os galaicos perderon para sempre o poder e os dereitos de propiedade sobre as súas chousas. Tamén a famosa raíña Lupa do Códice Calixtino semella representar o poder político galego ante a chegada dos invasores romanos. Por outra banda, a torre envolta en silvas dos Pardiñas e Riobóo representa a destrución da torre de Pardiñas en Razo polo duque de Arjona, do mesmo xeito que o pendón co cáliz-grial ou viril dos Vilardefrancos simboliza o reino de Galicia. A folla de figueira dos Figueroa representa unha árbore, símbolo da construción baseada na sabedoría, no coñecemento e no saber dos filósofos. En definitiva catro escudos para un país.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto

No hay comentarios:
Publicar un comentario