Na parroquia de Canduas desauga o río Allones, chamado Vir-Viri ou Beres polos romanos. Segundo a etimoloxía do hidrónimo Allones, esta vén do latín "alienus" "alius", co significado de "río dos outros", dos estranxeiros, da xente vida de fóra. Tamén a toponimia de Cabana de Bergantiños fai alusión de xeito intencionado e reiterado a un modo de construción en madeira de suposta feitura estranxeira coa finalidade de diferencialo das tradicionais construcións de pedra, tan habituais nos castros en Galicia.
No concello de Cabana de Bergantiños atópase a parroquia ou freguesía de Canduas, xusto nunha pequena rada na desembocadura do río Allones. A etimoloxía de Canduas fai referencia á raíz "scand" da que derivan palabras como "cándido", co significado de branco, e tamén "Escandinavia", nome co que o escritor romano Plinio nomeu ás terras máis septentrionais e brancas da Europa e de onde proviñan precisamente os normandos.
Na parroquia de Canduas, a parroquia máis escandinava de Galicia, atópase o lugar ou aldea de Sinde, un topónimo de clara orixe xermánica ou normanda procedente da raíz "sinth", co significado de "viaxe", "expedición bélica", "parada nun traxecto" ou "pousada nun camiño ou nunha viaxe", "escala", que co tempo converteuse na principal base de operacións dos vikingos en Galicia e un lugar estratéxico de recalada no Atlántico para organizar as súas expedicións militares dende o norte de Europa cara o Mediterráneo. A área xeográfica que comprende Canduas, Brantuas e Mens semella ser "o pequeno reino dos vikingos na Galiza". De feito a palabra Brantuas fai referencia a un ganso de cara negra chamado polos daneses brant que curiosamente fai a ruta migratoria dende Dinamarca ata as costas do norte da Coruña. Tamén brant en danés significa empinado.
No concello de Cabana de Bergantiños atópase a parroquia ou freguesía de Canduas, xusto nunha pequena rada na desembocadura do río Allones. A etimoloxía de Canduas fai referencia á raíz "scand" da que derivan palabras como "cándido", co significado de branco, e tamén "Escandinavia", nome co que o escritor romano Plinio nomeu ás terras máis septentrionais e brancas da Europa e de onde proviñan precisamente os normandos.
Na parroquia de Canduas, a parroquia máis escandinava de Galicia, atópase o lugar ou aldea de Sinde, un topónimo de clara orixe xermánica ou normanda procedente da raíz "sinth", co significado de "viaxe", "expedición bélica", "parada nun traxecto" ou "pousada nun camiño ou nunha viaxe", "escala", que co tempo converteuse na principal base de operacións dos vikingos en Galicia e un lugar estratéxico de recalada no Atlántico para organizar as súas expedicións militares dende o norte de Europa cara o Mediterráneo. A área xeográfica que comprende Canduas, Brantuas e Mens semella ser "o pequeno reino dos vikingos na Galiza". De feito a palabra Brantuas fai referencia a un ganso de cara negra chamado polos daneses brant que curiosamente fai a ruta migratoria dende Dinamarca ata as costas do norte da Coruña. Tamén brant en danés significa empinado.
Por norma xeral os vikingos situaban os seus asentamentos preto da costa e en zonas un pouco inhóspitas ou recónditas para evitar de primeiras conflitos coa poboación local. Aproveitaban un pequeno abrigo rochoso ou vik que servise de porto ou refuxio natural para a continuación ascenderen un pouco terra adentro polo pequeno val marítimo correspondente onde situaban a súa fortificación ou mota, xeralmente aproveitando un castro previo existente no lugar, e a partir do cal facían despois as súas incursións bélicas no territorio. Dende o castelo do Casón en Ortigueira, a mitra compostelana controlaba as incursións vikingas dende o Vicedo e dende o castelo de Brandufe (o lume de "Ulfo o galego") en Mazaricos e o castelo de Luaña en Noia, a mitra compostelana controlaba as incursións vikingas dende Canduas. Canduas, Ferrol-Ares-As Mariñas e o Vicedo eran os principais focos de irradiación vikinga en Galicia.
Vikingos de Ferrol |
Vikingos de Canduas |
A palabra "mota" vén do anglo-normando "mot", co significado de pequena elevación ou montículo construído de xeito artificial con barro, chamado mudder en idioma danés. A existencia dunha mota castral ou motte and bailey, de orixe normanda-vikinga no lugar de Sinde, na parroquia de Canduas, pódese comprobar claramente nas fotos aéreas. Teño visto moitas fotos aéreas de castros e iso non é un castro normal cos seus parapetos a modo de circunferencia, mais ben é un círculo sobreelevado ou mota, ou un castro reconvertido en mota. Non sei por que motivo os vikingos aplanaban os castros, eliminando e sustituíndo os parapetos por empalizadas de madeira para convertelos en asentamentos fortificados, quizais era unha cuestión de funcionalidade ou reciclaxe e rapidez construtiva. O certo é que os asentamentos galaicos "tuneados" polos normandos aparecen con superficies moi planas e bordes limpos e recortados onde soamente sobreviven os taludes. Supoño tamén que a construción en madeira require de superficies moi planas pero por outro lado tampouco quererían renunciar ás cualidades defensivas e topográficas dun asentamento castrexo nun territorio alleo e hostil como o galego, xurdindo deste modo unha nova tipoloxía híbrida, máis común na costa norte e que desaparece totalmente cara o interior, que tamén se deu noutras zonas de Europa conquistadas tamén polos normandos. Ocorre o mesmo no próximo castro de Cerezo en Ponteceso do normando "sire" (señor) ou "seer" (to set, to install, to put in place), no castro de Nemeño ou no castro das Modias en Cabanas, na ría de Ares. Máis no interior temos o castro de Cereo e da Insua en Coristanco ou o estratéxico lugar de Ser e a torre de Randufe en Santa Comba, Cabanas na Baña, Vilar de Francos en Carballo, ou Sergude en Xornes en Ponteceso (tamén do normando sire 'señor' ou da importante raíz normanda seer "to set", do latín "sedere"). A penetración normanda no interior de Galicia tradúcese moi ben na distribución do topónimo Cabanas e do topónimo Serantes, máis frecuente no interior e no norte das provincias de Lugo e da Coruña e apenas inexistente en Pontevedra ou en Ourense. Quizais tamén houbo asentamentos normandos en Noicela, Gondomil en Corme, coa súa famosa serpe alada, ou en Cereixo en Vimianzo. Ou en Espasante, Randamil, Ceranzos ou no mesmo Vicedo (da raíz "vik" que significa baía), como principal área dos vikingos na costa de Lugo.
De confirmarse a mota and bailey de Sinde, entón tamén poderiamos falar dunha mota and bailey como orixe da fortaleza de Mens, do danés "Mogens" (pronunciado mœns), co significado de "poderoso", e tamén dunha mota no lugar da Modia en Cambados e no castro das Modias no concello de Cabanas, na ría de Ares, e responsable, se cadra, das razzias normandas polas terras de Monfero e Curtis. A palabra "modia" procede xustamente da raíz "mota".
Xa que logo, Canduas, Brantuas e Mens, e por extensión o castro das Modias no concello de Cabanas, na ría de Ares e o lugar dos Moutillós no concello do Vicedo ou mesmo o "castro" de Beo en Malpica, semellan ser asentamentos vikingos ou normandos na costa de Galicia, debidamente reciclados ou reacondicionados.
O castro marítimo de Beo chámase castro de Punta Galiana por este motivo. Precisamente os irlandeses chamaban Gal aos normandos por proceder das costas de Francia. Recentemente o famoso castro irlandés de Dún Aonghasa confirmou a súa reciclaxe vikinga co achádego de dous enterramentos con dous corpos datados aproximadamente pola volta do século X. Por outra banda o monte Beo en Malpica, onde se atopa a famosa capela de San Adrián, e quen botou ás serpes fóra de Galicia, vén da palabra danesa "be", co significado de "orar" ou "lugar sagrado". Tamén hai un monte Veo en Santa Mariña, en Camariñas e o topónimo de Malpica tamén ten unha etimoloxía nórdica, froito da unión do termo "mole", co significado de "peirao" e o termo "pik", co significado de "saínte" ou "aguillón".
A realidade é que a toponimia de orixe nórdico esténdese por toda a costa norte de Lugo e da Coruña. Dende Candás en Asturias ata Cambados en Pontevedra, alí onde hai unha pequena rada cunha pequena praia, chamada por eles "vik", hai un topónimo nórdico. A meirande parte dos pequenos núcleos situados na beira do mar aceptan unha interpretación etimolóxica de orixe nórdica. Así, por exemplo, Xove vén do danés "hov", co significado de "baías, mares entre terras". Celeiro vén do normando "selle", co significado de "to seat" ou "silla de autoridade" "trono". Mugardos e Mogor en Mañón, poden vir do noruegués "mugg", co significado de "mofo", "alga", "esvaradío", polo que Mugardos significa "lugar lamacento con algas". Ferrol comparte a mesma raíz etimolóxica que "fiordo", da raíz nórdica "ferr", co significado de "atravesar en bote". Tamén os topónimos de Narón (cerca), co seu castro de Vicas ou o lugar da Modia, Neda (abaixo) ou Fene (fermoso), teñen unha verosímil orixe nórdica. Tamén A Modia na insua en Miño coa praia de Cabanas en fronte. Sada parece vir do danés "saet", co significado de "asentamento". Lorbé procede da raíz escandinava "lur", co significado de "trompeta" e maila raíz "bae", co significado de baía, polo que Lorbé significa baía con forma de trompeta. Mera vén do normando "meer", co significado de "mar". Sorrizo vén do noruegués "so", co significado de "mar", e "rísa", co significado de "encrespado". Seaia en Malpica vén do normando "seair" (to set). Brantuas en Ponteceso. Serantes, do normando "seer", co significado de establecerse, e Cabanas en Laxe e Soesto e Cabanelas en Traba. Camariñas do danés "kam" (peite), co significado de costa recortada coma un peite. Xaviña pode vir do danés "hav", co significado tamén de "mar". Cereixo, do normando "seer", co significado de "establecerse" ou "asentamento". Merexo do normando "mer", co significado de "mar". Moraime vén do céltico "mor", co significado de "mar" e do noruegués "eim" ou "aimaz", co significado de "vapor", "bafo", polo que Moraime significa "cheiro do mar". Lires do danés e do noruegués "lera", co significado de fango. Vigo en Fisterra. Estorde do noruegués "stord", co significado de "terra" "agra". Cee pode vir do normando "sé" (to set). Lira do noruegués "lera", co significado de "fango". Taxes en Louro do danés "tage", co significado de brétema. Serres en Muros, do verbo normando "seer" "serrez", do latín "sedere". Máis ao sur en Porto do Son temos o lugar de Cabanelas.
Tamén fálase da existencia dun túnel mitolóxico e lendario que conectaba a fortaleza de Mens coa praia de Seiruga (do normando seir,
co significado de "establecerse", "instalarse") para permitir escapar
ós señores en caso de ataque ou agresión. O que si é verdade é que
existe unha importante vía de comunicación natural que unía e permitía
manter conectados os castros de Punta Galiana, Mens, Nemeño, Cerezo e
Sinde, conformando o chamado "pequeno reino dos vikingos-normandos na
Galiza", ben protexido dos fortes ventos do sur e do forte vento do
nordés, o vento frío do noroeste non lles afectaba tanto e tolerábano
mellor. A serpe e a cruz de Gondomil en San Adrián de Corme e a serpe e a
cruz existente nun muro lateral da igrexa parroquial de Malpica semella
que marcaban os lindeiros deste pequeno reino vikingo.
Por toponimia, practicamente dende Xove ata o Porto do Son, incluso Cambados como o asentamento importante máis meridional, non quedou case que ningunha pequena rada natural na costa de Galicia sen seren ocupada polos vikingos-normandos. En Cambados tamén parece que houbo un importante asentamento vikingo-normando. Topónimos reiterativos existentes no lugar como A Mouta, A Cabana, A Modia, Serantellos ou Serantes en Vilanova de Arousa, ratifican esta hipótese.
Unha auténtica peste ou infestación. Mentres os vikingos son os responsables dos pequenos núcleos de poboación na beira do mar, os normandos tiñan máis iniciativa territorial e son responsables de núcleos máis interiores chamados "Serantes" que mantiveron a importante raíz normanda "ser", do latín "sedere", ou ben o topónimo de "Cabanas".
A ocupación vikinga de Galicia foi un fenómeno intenso pero eminentemente costeiro e restrinxido ás múltiples e pequenas radas existentes na costa de Lugo e da Coruña. Foi un fenómeno "okupa" ou de "xitanada" marítima, moi intenso pero pouco organizado, e que foi o berce da meirande parte dos núcleos de poboación existentes nas inhóspitas e despoboadas radas do norte de Galicia, polo que apenas entraron en conflicto coa poboación local ou polo menos conviviron ou coexistiron polos recursos marítimos de xeito máis ou menos pacífico ou parello. Si houbo por parte dos normandos algún caso existoso por intentar controlar o territorio ou cando menos unha intentona de permear o interior de Lugo e da Coruña como sería o asentamento estratéxico de Ser en Santa Comba, algún outro non localizado na zona de Carral, Abegondo ou Curtis, e tamén pola zona de Vilalba e Abadín en Lugo. Neste senso é moi significativa a distribución dos topónimos de "Cabanas" e de "Serantes" no norte da provincia de Lugo e da Coruña.
Tanto o apelido García, do indoeuropeo "gher", co significado de "brillar" e que xerou palabras como "grey", "grå" en danés, "gris", "garza" ou "garzo", como o apelido Gomes, de "guma", "gumi", "gome" ou "gumaz", co significado de "home", "heroe", "guerreiro" en noruegués, son sobrenomes de orixe xermana procedentes do nórdico antigo.
Non é de estrañar, logo, que os ollos máis fermosos de Galicia estean nestas partes estremeiras dos concellos de Cabana, Ponteceso, Malpica ou Camariñas, como os ollos do concursante de televisión chamado Eduardo Insua, prototipo do vikingo galego e procedente da Insua de Ponteceso, ou os ollos do fotógrafo e actor de Camariñas Vito Diéguez ou os ollos do modelo vimiancés Damián Álvarez Tajes. Mentres os suevos tiñan rasgos físicos máis "soft" (suavones), os vikingos teñen rasgos físicos máis "sharp" (afiados).
Os lugares de Arou e Camelle sempre defenderon e presumiron con orgullo do seu pasado lendario como vikingos. De feito o topónimo Camelle vén da raíz danesa "kam" ou "kaem", co significado de peite, e coa finalidade última de destacar unha costa moi recortada, con pequenos e numerosos entrantes e saíntes, que se espallan de xeito continuado e en horizontal, semellante a un peite ou coma un peite.
Dicionario: https://anglo-norman.net
Imaxes da mota castral de Sinde en Canduas,
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario