Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de marzo de 2025

O entroido, unha viaxe transatlántica

 


Cando o fértil deserto do Sáhara era a modernidade e irradiaba toda a súa cultura cara o sur de Europa, cara Portugal, Galicia, Sardeña ou Croacia, cara o Sahel e cruzaba o océano Atlántico para invadir o continente americano. O Sáhara sempre foi e sempre será a modernidade, a praia e o sol eternos, a vida pública na praza do poboado efímero, fronte aos enfermizos neandertais consumidos polos rigores glaciais do clima europeo, amargados e anguriados coma os europeos actuais, cansos de recadar cartos ou leña para pagar unha mísera calefacción.
 
 
Bilmawen
 
Bilmaw ou Bilmawen é unha celebración folklórica bereber que se celebra o día posterior ao Día do Cordeiro nalgunhas rexións de Marrocos sobre todo en Inzgan e en Agadir. Para a ocasión os mozos realizan máscaras e visten indumentarias feitas con peles de ovellas e de cabras sacrificadas para a ocasión. Os mozos bailan cos "disfraces" sostendo nas súas mans membros dos animais sacrificados que utilizan para golpear ás xentes que se van atopando polo camiño. Bilmawen en lingua bereber significa "os das peles". Rituais semellantes son os carneiros de Tigaday na illa do Hierro e "las cabras y los machos" de La Aldea na illa de Gran Canaria.
Durante o Bilmawen, persoas enmascaradas e tinxadas con carbón e vestidas con peles realizan unha teatralización polas rúas e prazas das vilas acompañados de músicos que tocan a frauta (Ghaytas) e os tambores xunto a unha multitude que canta pequenas coplas que describen aos carneiros como seres ou criaturas aterradoras. Os mozos disfrazados de carneiros bromean e atemorizan aos nenos e perseguen á xente golpeándoa levemente coas patas das cabras utilizando en ocasións unha linguaxe groseira. Adultos, nenos, homes e mulleres agóchanse nas súas casas onde pechan a porta.
Bilmawen representa un acto dos antepasados que dende as súas tumbas veñen visitar as persoas vivas que viven nas aldeas. Bilmawen é na súa omnipotencia derivada dos espíritos ancestrais mais teñen as súas regras a seguir.
Na rexión da Kabylia denomínase "a vella cabaza" e é representado mediante un baile de máscaras onde as frautas e as pandeiretas crean un ambiente plenamente festivo. En Haha e Mogador (Essouira), os Bilmawen colocan unha cabaza cubrindo a cabeza.
Este festival sirve para reafirmar os valores colectivos como parte dunha comunidade. "El cambio momentáneo del orden de las cosas y la desobediencia es expresiva. Se presenta en una forma paradójica en la que todo se juega en la dualidad de opuestos: vida /muerte, humano/animal, masculino/femenino, Eid El-Kebir/Bilmawen, alegría y temor, casa/calle, día/noche, religioso/secular". "Ese día, en la inspiración de los antepasados, muchos tabúes se levantan, como entrar en una casa sin llamar, para atacar a las personas mayores, elevar las manos sobre la mujer, o incluso utilizar la palabra provocación", "una transgresión en particular es la relación hombre-mujer, como si se les permite a los Bilmawen golpear a las mujeres".
 
 


Mascaradas dogón en Mali
 
Cada sesenta anos as diferentes comunidades dogón celebran o ritual Sigi, un ritual cíclico que vai de aldea en aldea. Sigi é un ritual ou cerimonia que unifica a tódolos pobos da etnia dogón. É un ritual no que se recrea a cosmogonía do pobo dogón e tamén hónrase aos antepasados. A danza de máscaras tan característica que forma parte do ritual tamén acompaña outros momentos da vida dos dogón como poden ser nacimentos, defuncións ou o comezo da tempada de chuvias. Durante o ritual, a sociedade da danza chamada "awa" usa o idioma sigi, unha lingua exclusiva deste rito, e soamente os homes que saben este idioma e foran circuncidados poderan participar nel. As mascaras eran talladas polos propios iniciados. Tralas mascaradas os danzantes reúnense cansos e esgotados, sendo agasallados polos asistentes con sadi, unha cervexa de millo miúdo coa que se pecha o ritual. O Damá era outro ritual celebrado trala defunción onde se celebraba que alma do defunto alonxábase do mundo dos vivos e ía cara o gran deus Amma tal que as almas dos xustos chegaban ao paraíso.
Entre as diferentes máscaras temos:
A máscara da anciá, é unha máscara dogón icónica para a súa sociedade relacionada co mito dos catro antepasados e da creación e onde un deles chamado Arou engaiola á vella polos seus afectuosos e repetuosos modais e esta otorgalle a cambio uns poderes sobrenaturais cos cales Arou consegue domesticar os animais, crear ferramentas e propiciar a chuvia.
A máscara Azagay está baseada no mito Azagay relacionado coa cosmogonía dogón sobre a orixe do universo e onde o deus Amma é o seu principal creador e quen deu orixe a catro parellas de xemelgos cos que comeza a devandita cosmogonía.
A máscara do sanador que simboliza a un curandeiro experto na utilización das plantas e ao que o pobo acudirá ante calquera enfemidade ou ferida física.
A máscara Dyonune ou do meigo ao que o pobo recorre cando a enfermidade ten unha base sobrenatural ou é resultado dunha bruxería e quen determinará as causas da enfermidade a través da adivinación.
A máscara Pulla Yana ou do Fulani e que imita ás acicaladas mulleres da etnia fulani cando traballaban como pastores para o pobo dogón. É unha máscara burlesca e satírica que representa o odio que o pobo dogón tiña cara aos fulanis dos cales eran acérrimos inimigos pois adicáronse a guerrear contra eles coa finalidade de islamizalos. A máscara representado ao home pullo é a viva expresión do larchán e do estúpido. Era unha danza que facía mofa da preguiza dos fulani. Nesta máscara a danza xoga un papel protagonista onde o bailarín simulaba frecuentes caídas pedindo a axuda do público finxindo estar ferido ou moi cansado con xestos abúlicos ou negándose a traballar.
A máscara Dyobi ou do corredor era bailada por xente moi xove que habendo cumprido co rito de iniciación e de circuncisión estaba xa capacitado para entrar na "Sociedade das Máscaras" ou "Awa". Vai cuberto cunha túnica branca sobre a cal colgan largas fibras vermellas e nunha man leva unha cabaza e na outra unha lanza. Non baila, soamente corre de forma aloucada e de forma desordenada.
A máscara Yona era a máscara do xefe da mascarada e o que levaba o caxato de mando do ritual. Era quen dirixía a orde do recorrido e mais a orde de cada intervención.
As máscaras Amma Ta, Kanaga e Sirige estaban relacionadas co deus creador. Eran danzas que rememoraban as accións levadas a cabo ao comezo da creación do universo por Amma, o deus inmortal, todopoderoso e omnisciente dos dogón.
 
 
 

Mascaradas do pobo diola en Casamance, Senegal
 
Na rexión de Casamance en Senegal, o pobo diola tamén é famoso polas súas celebracións de mascaradas. A maís coñecida e famosa é a máscara do Kumpo feita con fíos de palma e cun pao a modo de corno no centro da cachola que lle permite facer movimentos circulares e acrobáticos moi espectaculares. Ao son da música, o espírito que posúe nese momento ao Kumpo permítelle xirar rapidamente e deste xeito limpar as malas enerxías do pobo e as doenzas dos alí presentes. Outras máscaras diola que acompañan ao Kumpo e que bailan e animan aos espectadores e que representan espíritos ancestrais son a máscara Samay, que ten dous pequenos cornos e un traxe de cor area elaborado con sacos de pataca reciclados, leva tamén nunha man unha vara coa que zosca ao público. Semellante a máscara Samay é a máscara Niasse que non ten cornos pero si dúas varas en cada man coa que se despraza. A máscara Agomala ou máscara do gorila negro ten o corpo feito con fíos de sacos de arroz reciclado que logo os mozos tinxen de negro. Outra máscara ten corpo negro e pico de paxaro.
 
 

 
Ritual Yaokwa de Brasil
 
O ritual chamado Yaokwa é unha celebración  do pobo enawene nawe para o mantemento da orde social e cósmica. O pobo enawene nawe pertence ao grupo étnico e lingüístico arawak e habitan no estado brasileño do Mato Grosso, na bacía do río Juruena.
Durante o ciclo anual da estación seca levan a cabo o ritual Yaokwa coa finalidade de render unha homenaxe aos espíritos e garantizar a orde cósmica e tamén a orde social entre os diferentes membros do clan. O ritual pode chegar a prolongarse por espazo de sete meses e nel búscase a comuñón entre o medio natural e social e a cosmoloxía, celebrando ao mesmo tempo o ciclo anual e repetitivo da pesca no río. Os espíritos, como cada ano, regresan ao poboado coa abondosa pesca que nesas datas inicia o seu ascenso polo curso do río. Ataviados para a ocasión con traxes fabricados de palma, os espíritos atacan o poboado dos enawene nawe. Os membros da tribo deben preparar comida para alimentar aos perigosos espíritos e así acalmar a súa ira mentres que nenos e mulleres permanecen agochados nas súas cabanas. Ao mesmo tempo o ritual é amenizado coa interpretación de diferentes músicas e danzas. Yaokwa quere dicir "Banquete dos espíritos".
 
 


Ritual Klóketen dos selknam en Tierra del Fuego

A cerimonia Klóketen componse dunha serie de rituais onde os máis vellos da tribo revelaban aos máis novos, os iniciados, os seus coñecementos segredos de carácter cosmogónico. Era un ritual exclusivamente masculino de iniciación nas cuestións da cosmovisión do pobo selknam, na introdución e no coñecemento de cuestións como o ben e o mal, a orde e o caos. Representando o ben estaba o deus Temáukel e o seu demiurgo Kénos e pola outra banda estaban os seres do mal, da destrución e do caos como Xalpen, a deusa do inframundo e dos infernos, cos seus guerreiros destrutores chamados Shoortes que atemorizaban ás mulleres e nenos gornecidos nas súas chozas.
A celebración compoñíase dunha serie de escenografías de seres enmascarados que podían durar catro meses ou mesmo un ano enteiro. Eran uns festexos destinados a ser celebrados durante a escuridade do inverno, mais a neve e o frío característico desta estación prexudicaba a correcta execución do ritual polo que se trasladou ao comezo do outono.
As diferentes máscaras representaban os diferentes espíritos. No mundo plástico e escuro do caos e da destrución destacaba Xálpen que se vale dos seus guerreiros Shoorte para esparexer o caos e a destrución e infundir terror a nenos e a mulleres. Os diferentes espíritos malignos intentan ser unha representación do mundo plástico e escuro, para iso válense da danza, da pintura excesiva dos corpos e de aterradoras máscaras. Os Shoorte ían excesivamente pintados e con fermosas máscaras. Keternen era o fermoso fillo enxendrado por Xalpen, como deusa da plasticidade e dadora de vida, ataviado con abondoso penuxe branco adherido ao corpo. Outros personaxes da cerimonia eran Hayilan, Olim, que representaba o saber escuro do feiticeiro e do médico, Mátan era un ser masculino e boíño. Outros eran espíritus do grotesco como Ulen. Háinxo era un espírito panzudo, voluminoso e torpe. Kátaix, Kósmenk, Kulan, etc. Cada figura individual representaba unha personalidade absolutamente definida conformando unha explosión de creatividade e de cor que contrastaba coa sobriedade dos selknam na súa vida cotiá.







miércoles, 8 de enero de 2025

Os vikingos-escandinavos de Canduas

 
Mota castral de Sinde en Canduas

Na parroquia de Canduas desauga o río Allones, chamado Vir-Viri ou Beres polos romanos. Segundo a etimoloxía do hidrónimo Allones, esta vén do latín "alienus" "alius", co significado de "río dos outros", dos estranxeiros, da xente vida de fóra. Tamén a toponimia de Cabana de Bergantiños fai alusión de xeito intencionado e reiterado a un modo de construción en madeira de suposta feitura estranxeira coa finalidade de diferencialo das tradicionais construcións de pedra, tan habituais nos castros en Galicia.
No concello de Cabana de Bergantiños atópase a parroquia ou freguesía de Canduas, xusto nunha pequena rada na desembocadura do río Allones. A etimoloxía de Canduas fai referencia á raíz "scand" da que derivan palabras como "cándido", co significado de branco, e tamén "Escandinavia", nome co que o escritor romano Plinio nomeu ás terras máis septentrionais e brancas da Europa e de onde proviñan precisamente os normandos.
Na parroquia de Canduas, a parroquia máis escandinava de Galicia, atópase o lugar ou aldea de Sinde, un topónimo de clara orixe xermánica ou normanda procedente da raíz "sinth", co significado de "viaxe", "expedición bélica", "parada nun traxecto" ou "pousada nun camiño ou nunha viaxe", "escala",  que co tempo converteuse na principal base de operacións dos vikingos en Galicia e un lugar estratéxico de recalada no Atlántico para organizar as súas expedicións militares dende o norte de Europa cara o Mediterráneo. A área xeográfica que comprende Canduas, Brantuas e Mens semella ser "o pequeno reino dos vikingos na Galiza". De feito a palabra Brantuas fai referencia a un ganso de cara negra chamado polos daneses brant que curiosamente fai a ruta migratoria dende Dinamarca ata as costas do norte da Coruña. Tamén brant en danés significa empinado.
 
 
Brant Barnacle Migración
 
 

 

 
Por norma xeral os vikingos situaban os seus asentamentos preto da costa e en zonas un pouco inhóspitas ou recónditas para evitar de primeiras conflitos coa poboación local. Aproveitaban un pequeno abrigo rochoso ou vik que servise de porto ou refuxio natural para a continuación ascenderen un pouco terra adentro polo pequeno val marítimo correspondente onde situaban a súa fortificación ou mota, xeralmente aproveitando un castro previo existente no lugar, e a partir do cal facían despois as súas incursións bélicas no territorio. Dende o castelo do Casón en Ortigueira, a mitra compostelana controlaba as incursións vikingas dende o Vicedo e dende o castelo de Brandufe (o lume de "Ulfo o galego") en Mazaricos e o castelo de Luaña en Noia, a mitra compostelana controlaba as incursións vikingas dende Canduas. Canduas, Ferrol-Ares-As Mariñas e o Vicedo eran os principais focos de irradiación vikinga en Galicia.
 

Vikingos do Vicedo


Vikingos de Ferrol

 
Vikingos de Canduas


A palabra "mota" vén do anglo-normando "mot", co significado de pequena elevación ou montículo construído de xeito artificial con barro, chamado mudder en idioma danés. A existencia dunha mota castral ou motte and bailey, de orixe normanda-vikinga no lugar de Sinde, na parroquia de Canduas, pódese comprobar claramente nas fotos aéreas. Teño visto moitas fotos aéreas de castros e iso non é un castro normal cos seus parapetos a modo de circunferencia, mais ben é un círculo sobreelevado ou mota, ou un castro reconvertido en mota. Non sei por que motivo os vikingos aplanaban os castros, eliminando e sustituíndo os parapetos por empalizadas de madeira para convertelos en asentamentos fortificados, quizais era unha cuestión de funcionalidade ou reciclaxe e rapidez construtiva. O certo é que os asentamentos galaicos "tuneados" polos normandos aparecen con superficies moi planas e bordes limpos e recortados onde soamente sobreviven os taludes. Supoño tamén que a construción en madeira require de superficies moi planas pero por outro lado tampouco quererían renunciar ás cualidades defensivas e topográficas dun asentamento castrexo nun territorio alleo e hostil como o galego, xurdindo deste modo unha nova tipoloxía híbrida, máis común na costa norte e que desaparece totalmente cara o interior, que tamén se deu noutras zonas de Europa conquistadas tamén polos normandos. Ocorre o mesmo no próximo castro de Cerezo en Ponteceso do normando "sire" (señor) ou "seer" (to set, to install, to put in place), no castro de Nemeño ou no castro das Modias en Cabanas, na ría de Ares. Máis no interior temos o castro de Cereo e da Insua en Coristanco ou o estratéxico lugar de Ser e a torre de Randufe en Santa Comba, Cabanas na Baña, Vilar de Francos en Carballo, ou Sergude en Xornes en Ponteceso (tamén do normando sire 'señor' ou da importante raíz normanda seer "to set"do latín "sedere")A penetración normanda no interior de Galicia tradúcese moi ben na distribución do topónimo Cabanas e do topónimo Serantes, máis frecuente no interior e no norte das provincias de Lugo e da Coruña e apenas inexistente en Pontevedra ou en Ourense. Quizais tamén houbo asentamentos normandos en Noicela, Gondomil en Corme, coa súa famosa serpe alada, ou en Cereixo en Vimianzo. Ou en Espasante, Randamil, Ceranzos ou no mesmo Vicedo (da raíz "vik" que significa baía), como principal área dos vikingos na costa de Lugo. 
De confirmarse a mota and bailey de Sinde, entón tamén poderiamos falar dunha mota and bailey como orixe da fortaleza de Mens, do danés "Mogens" (pronunciado mœns), co significado de "poderoso", e tamén dunha mota no lugar da Modia en Cambados e no castro das Modias no concello de Cabanas, na ría de Ares, e responsable, se cadra, das razzias normandas polas terras de Monfero e Curtis. A palabra "modia" procede xustamente da raíz "mota".

 



Mota & Bailey de Mens

 
 
A Modia no Outeiro en Cambados

Xa que logo, Canduas, Brantuas e Mens, e por extensión o castro das Modias no concello de Cabanas, na ría de Ares e o lugar dos Moutillós no concello do Vicedo ou mesmo o "castro" de Beo en Malpica, semellan ser asentamentos vikingos ou normandos na costa de Galicia, debidamente reciclados ou reacondicionados. 
O castro marítimo de Beo chámase castro de Punta Galiana por este motivo. Precisamente os irlandeses chamaban Gal aos normandos por proceder das costas de Francia. Recentemente o famoso castro irlandés de Dún Aonghasa confirmou a súa reciclaxe vikinga co achádego de dous enterramentos con dous corpos datados aproximadamente pola volta do século X. Por outra banda o monte Beo en Malpica, onde se atopa a famosa capela de San Adrián, e quen botou ás serpes fóra de Galicia, vén da palabra danesa "be", co significado de "orar" ou "lugar sagrado". Tamén hai un monte Veo en Santa Mariña, en Camariñas e o topónimo de Malpica tamén ten unha etimoloxía nórdica, froito da unión do termo "mole", co significado de "peirao" e o termo "pik", co significado de "saínte" ou "aguillón". 
A realidade é que a toponimia de orixe nórdico esténdese por toda a costa norte de Lugo e da Coruña. Dende Candás en Asturias ata Cambados en Pontevedra, alí onde hai unha pequena rada cunha pequena praia, chamada por eles "vik", hai un topónimo nórdico. A meirande parte dos pequenos núcleos situados na beira do mar aceptan unha interpretación etimolóxica de orixe nórdica. Así, por exemplo, Xove vén do danés "hov", co significado de "baías, mares entre terras". Celeiro vén do normando "selle", co significado de "to seat" "room" ou "silla de autoridade" "trono". Cedeira do normando "sedeir", da raíz "seer" co significado "to settle". Mugardos e Mogor en Mañón, poden vir do noruegués "mugg", co significado de "mofo", "alga", "esvaradío", polo que Mugardos significa "lugar lamacento con algas"Ferrol comparte a mesma raíz etimolóxica que "fiordo", da raíz nórdica "ferr", co significado de "atravesar en bote". Tamén os topónimos de Narón (cerca), co seu castro de Vicas ou o lugar da Modia, Neda (abaixo) ou Fene (fermoso), teñen unha verosímil orixe nórdica. Tamén A Modia na insua en Miño coa praia de Cabanas en fronte. Sada parece vir do danés "saet", co significado de "asentamento". Lorbé procede da raíz escandinava "lur", co significado de "trompeta" e maila raíz "bae", co significado de baía, polo que Lorbé significa baía con forma de trompeta. Mera vén do normando "meer", co significado de "mar". Sorrizo vén do noruegués "sjø", co significado de "mar", e "rísa", co significado de "encrespado". Seaia en Malpica vén do normando "seair" (to set). Brantuas en Ponteceso. Serantes, do normando "seer", co significado de "establecerse", Cabanas en Laxe, Soesto do noruegués "sjø" "stå", co significado de "xunto ó mar", Cabanelas en Traba. Arou do noruegués antigo "ár", co significado de "regatos" "veas". Camariñas do danés "kam" (peite), co significado de costa recortada coma un peite. Xaviña pode vir do danés "hav", co significado tamén de "mar". Cereixo, do normando "seer", co significado de "establecerse" ou "asentamento". Leis do noruegués "leie" "lægi" ou do danés "leje", co significado de "atracadero de barcos" "anchorage" "berth" "sea" pero tamén pode significar "rendar" ou "to lie" "to settle", co significado de asentamento ou campamento principal ou lugar de pago de rendas na área de Nemancos. Merexo do normando "mer", co significado de "mar". Moraime vén do céltico "mor", co significado de "mar" e do noruegués "eim" ou "aimaz", co significado de "vapor", "bafo", polo que Moraime significa "cheiro do mar". Lires do danés e do noruegués "lera", co significado de fango. Vigo en Fisterra. Estorde do noruegués "stord", co significado de "terra cuberta de matogueira"Cee pode vir do normando "sé" (to set). Brens do noruegués "brenne" ou do alemán "brenn", co significado de "lume" ou "queimar". Lira do noruegués "lera", co significado de "fango". Taxes en Louro do danés "tage", co significado de brétema. Serres en Muros, do verbo normando "seer" "serrez", do latín "sedere". Máis ao sur en Porto do Son temos o lugar de Cabanelas. 
Tamén fálase da existencia dun túnel mitolóxico e lendario que conectaba a fortaleza de Mens coa praia de Seiruga (do normando seir, co significado de "establecerse", "instalarse") para permitir escapar ós señores en caso de ataque ou agresión. O que si é verdade é que existe unha importante vía de comunicación natural que unía e permitía manter conectados os castros de Punta Galiana, Mens, Nemeño, Cerezo e Sinde, conformando o chamado "pequeno reino dos vikingos-normandos na Galiza", ben protexido dos fortes ventos do sur e do forte vento do nordés, o vento frío do noroeste non lles afectaba tanto e tolerábano mellor. A serpe e a cruz de Gondomil en San Adrián de Corme e a serpe e a cruz existente nun muro lateral da igrexa parroquial de Malpica semella que marcaban os lindeiros deste pequeno reino vikingo. Tamén o topónimo de Leiloio parece vir do noruegués "leilig" co significado de "lugar apropiado ou axeitado".
Por toponimia, practicamente dende Xove ata o Porto do Son, incluso Cambados como o asentamento importante máis meridional, non quedou case que ningunha pequena rada natural na costa de Galicia sen seren ocupada polos vikingos-normandos. En Cambados tamén parece que houbo un importante asentamento vikingo-normando. Topónimos reiterativos existentes no lugar como A Mouta, A Cabana, A Modia, Serantellos ou Serantes en Vilanova de Arousa, ratifican esta hipótese. Tamén en Rianxo, Boiro e Vilagarcía, de feito o nome da ría de Arosa vén do nórdico "ár-oss", que significa "desembocadura dun río". E Fefiñáns vén do normando "feffe", co significado de "aquel a quen se lle concede ou transfire un dereito sobre a terra, feudo". Unha auténtica peste ou infestación. Mentres os vikingos son os responsables dos pequenos núcleos de poboación na beira do mar, os normandos tiñan máis iniciativa territorial e son responsables de núcleos máis interiores chamados "Serantes" que mantiveron a importante raíz normanda "ser", do latín "sedere", ou ben o topónimo de "Cabanas".
A ocupación vikinga de Galicia foi un fenómeno intenso pero eminentemente costeiro e restrinxido ás múltiples e pequenas radas existentes na costa de Lugo e da Coruña. Foi un fenómeno "okupa" ou de "xitanada" marítima, moi intenso pero pouco organizado, e que foi o berce da meirande parte dos núcleos de poboación existentes nas inhóspitas e despoboadas radas do norte de Galicia, polo que apenas entraron en conflicto coa poboación local ou polo menos conviviron ou coexistiron polos recursos marítimos de xeito máis ou menos pacífico ou parello. Si houbo por parte dos normandos algún caso existoso por intentar controlar o territorio ou cando menos unha intentona de permear o interior de Lugo e da Coruña como sería o asentamento estratéxico de Ser en Santa Comba, algún outro non localizado na zona de Carral, Abegondo ou Curtis, e tamén pola zona de Vilalba e Abadín en Lugo. Neste senso é moi significativa a distribución dos topónimos de "Cabanas" e de "Serantes" no norte da provincia de Lugo e da Coruña. Tamén o topónimo de "Seara", como unha variante da raíz normanda "ser" ou "seere" "sear", do latín "sedere" e co significado de "asentamento" ou "herdanza".
 
 

 

 
Tanto o apelido García, do indoeuropeo "gher", co significado de "brillar" e que xerou palabras como "grey", "grå" en danés, "gris", "garza" ou "garzo", como o apelido Gomes, de "guma", "gumi""gome" ou "gumaz", co significado de "home", "heroe", "guerreiro" en noruegués, son sobrenomes de orixe xermana procedentes do nórdico antigo. Insua, Collazo, Leis e Posse (amo, señor, do latín "posere" "poder") tamén semellan ser apelidos de orixe vikinga.
Non é de estrañar, logo, que os ollos máis fermosos de Galicia estean nestas partes estremeiras dos concellos de Cabana, Ponteceso, Malpica ou Camariñas, como os ollos do concursante de televisión chamado Eduardo Insua, prototipo do vikingo galego e procedente da Insua de Ponteceso, ou os ollos do fotógrafo e actor de Camariñas Vito Diéguez ou os ollos do modelo vimiancés Damián Álvarez Tajes. Mentres os suevos tiñan rasgos físicos máis "soft" (suavones), os vikingos teñen rasgos físicos máis "sharp" (afiados).
 
 
Vito Diéguez, Eduardo Insua, Damián Tajes

 
O apelido Insua recolle toda a tradición vikinga

 
O apelido Tajes (tåge) significa néboa, vapor de auga ou moita humidade, en danés


Os lugares de Arou e Camelle sempre defenderon e presumiron con orgullo do seu pasado lendario como vikingos. De feito o topónimo Camelle vén da raíz danesa "kam" ou "kaem", co significado de peite, e coa finalidade última de destacar unha costa moi recortada, con pequenos e numerosos entrantes e saíntes, que se espallan de xeito continuado e en horizontal, semellante a un peite ou coma un peite.

 
Imaxes da mota castral de Sinde en Canduas,
 
 

 




 
 

 

 

 

 
 
 © Marcos Castro Vilas, arquitecto





martes, 16 de enero de 2024

Wren day ou St Stephen's day

 
 

O día de San Estebo, o 26 de decembro, marca o inicio das mascaradas de inverno e do entroido do ano novo nas rexións celtas da Europa atlántica, é o famoso St Stephen's day ou Wren day irlandés, día sinalado e de festa na Irlanda que marca o inicio do novo ano, do entroido e das mascaradas de inverno no mundo celta. San Esteban era o santo cristián dos celtas que simbolizaba a resurrección por iso a súa festividade coincide co solsticio de inverno, cando o sol comeza a medrar. O Sant'Estevo era o día de Nadal para os celtas, representa o comezo do novo ano e é símbolo de resurrección.
Durante o Wren day ou día do carrizo os rapaces novos das aldeas dos condados máis occidentais de Irlanda cazaban un carrizo, un pequeno paxariño pardento cun estridente canto, coñecido como paxaro do demo ou dreoilín en gaélico que quere dicir paxaro dos druídas pola súa manía de cantar durante o inverno e durante a escuridade do día e é por esta mesma razón que tamén é chamado o paxaro chacarrandeiro ou lareteiro que, segundo a tradición irlandesa, abortou unha emboscada dos irlandeses a unha tropa de soldados ingleses, e é tamén por esta razón pola que se lle da caza e morte o día de Sant Estebo.
Os rapaces ataban o carrizo morto a un feixe de polas de acivro, varas longas rematadas con acivro, e disfrazados con máscaras de palla ou con vexetación e roupa vella e colorida ían pedindo polas casas comida e bebida e cantando a cambio de cartos e donacións:
  
"marchaban por la ciudad vestidos con ropas viejas de la época y con el rostro ennegrecido, portando acebo y con un reyezuelo muerto ensartado en lo alto de un poste"  "llamando de casa en casa, y si te llaman asegúrate de tener pasteles de carne calientes y vino caliente a mano, es posible que después los chicos te ofrezcan una interpretación de The Wren Song"
 
No Santestebo de Malvares en Val do Dubra todavía se conserva a tradición de ofrecer varas de acivro ó santo o día 26 de decembro como lembranza, segundo a tradición, dunha devastadora epidemia de peste que afectou ó gando en tempos pasados e tamén como ofrenda para protexer ó gando de futuras pestes no ano novo que comeza. 
Segundo o dicionario dos Seres Míticos Galegos da editorial Xerais, a lenda referente ao carrizo di que este paxaro quedou anano porque delatou á Sagrada Familia na súa fuxida do rei Herodes e o neno Xesús botoulle esa maldición en contrapartida. Como paxaro dos druídas a tradición popular galega, recollida no lugar de Grixoa de Esternande, atribúelle ao carrizo o poder de curar as envidias e o mal de ollo e se os nenos comían os ovos deste paxaro no monte podían quedar ananos coma el.
 
 

 

 
 
 
 

lunes, 21 de junio de 2021

Tralo rastro dos suevos en Galicia

                

                                                         Osterby Man

 

TORDOIA, CAPITAL SUEVA 

(torden é "trueno" en danish e tordon é "trueno" en swedish, do xermánico "swe" "uno mismo" "self"). 

Aldemunde, Restande, Castenda, Leobalde, Anxeriz, Formarigo (Hermerico), Carballadrade ou Recarei (Requiario) son topónimos do concello de Tordoia.

Os suevos eran un pobo xermánico que habitaba a ourela leste do río Elba, nunha área comprendida entre o río Elba e o río Oder e que se corresponde na actualidade cos estados de Mecklemburgo-Pomerania Occidental, cuxa capital é Schwerin, e o estado de Brandeburgo, ámbolos dous pertencentes a extinta R.D.A. Era, xa que logo, un pobo báltico e costeiro que se estendía entre Dinamarca e Polonia, de feito a costa norte da antiga R.D.A era chamada Mare Suebicum polos cronistas romanos da antigüidade en referencia aos suevos. Precisamente, por seren un pobo báltico e marítimo, eu defendo que os suevos ou parte deles chegaron a Galicia por vía marítima, en barcos, asentándose primeiramente na provincia da Coruña e despois desprazándose cara as capitais conventuais de Lucus Augusti e Bracara Augusta. Neste senso e como curiosidade hai que dicir que o río Elba crúzase na súa traxectoria lóxica e desemboca de forma inexplicábel á esquerda da península danesa, moi preto da Bélxica e a un tiro de pedra da Galiza por mar. A vía marítima era, contra todo pronóstico, a máis directa, a máis rápida e curta, e moito menos perigosa e conflitiva pois non tiñan que facer frente bélico aos diferentes pobos que se ían atopando na súa longa migración terrestre, polo que é moi plausible que alomenos mulleres e nenos chegaran por mar a Galicia para evitaren os continuos conflitos, liortas e violacións inherentes a calquera longa migración invasora de carácter terrestre que atravesou media Europa no século V. Este feito diferencial, a migración marítima,  pode axudar a explicar a existencia do reino suevo, tan temperá e diferenciado do resto da península, como unha consecuencia das inmemoriais relacións marítimas a longa distancia do Arco Atlántico e a chegada por mar destas xentes. Neste senso a ameaza marítima que supoñían os pobos xermánicos do Báltico fainos comprender a monumentalidade das murallas tardorromanas de Lugo, unha cidade situada aparentemente na periferia do Imperio e moi lonxe do perigo que supoñían as famosas invasións terrestres dos pobos bárbaros do século V d.C.

 




Los reyes suevos de Galicia de Benito Vicetto


A importancia da presencia sueva na provincia da Coruña ponse de manifesto na existencia nesta provincia, e únicos en toda Galicia, de catro lugares chamados "Suevos", isto é; Suevos en Arteixo, Suevos na Baña, Suevos en Mazaricos e Suevos en Ames. Pero tamén podemos atopar o rastro dos suevos no estudio da antroponimia, no estudio dos nomes propios das persoas na actualidade gracias a útil ferramenta desta páxina web: https://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?idioma=es&ruta=onomast/nomes.jsp

Así, no caso dos nomes de muller de orixe xermánica podemos observar como estes se concentran fundamentalmente no interior da provincia da Coruña, nas comarcas de Xallas e de Ordes, como é o caso do nome de Dorinda e Adolfina. É ben sabido que as mulleres, por cuestións sociais, culturais e antropolóxicas, sempre foron máis estables dende un punto de vista xenético e territorial, pola contra os homes sempre se moveron moito máis polo territorio tanto de forma individual ou colectiva como de forma pacífica ou violenta.






Froito desta maior movilidade masculina, no caso dos homes tamén podemos observar un patrón territorial con algunha pequena ou grande diferenza. Deste xeito repítese a preponderancia de nomes masculinos de orixe xermánica no interior da Coruña pero desta vez cunha maior presenza de nomes xermánicos tamén na provincia de Lugo e Pontevedra e en moita menor medida na provincia de Ourense. Este modelo de esparexemento obedece como dixemos con anterioridade a unha maior movilidade do acervo xenético masculino que dende A Coruña desprazouse cara as capitais conventuais de Lucus Augusti e Bracara Augusta para construíren a arquitectura territorial do futuro e novo reino suevo de Galicia. Neste senso é paradigmática a distribución de nomes como Álvaro, Gonzalo ou Xermán.

 

 


 

No caso dos homes é curioso o nome xermánico de Herminio. Herminio significa soldado, guerreiro, home armado, e ten a súa maior incidencia nos concellos de Santa Comba, A Baña, Coristanco e Negreira onde eu sitúo persoalmente o mítico Monte Medulio. As crónicas antigas relatan a incursión de Xulio César no golfo Ártabro na procura e perseguimento dos Herminios.  




Porcentaxe de apelidos rematados en *sende e Tordoia ocupando o primeiro posto no ranking










Patronímico derivado do nome altomedieval Suero ou Sueiro, segundo algúns estudosos é un nome de orixe xermánica relacionado coa cidade xermana de Schwerin


Do danés "ramme" co significado de "marco" ou "golpear"




 

  


No caso das mulleres é curioso o nome xermánico de Adolfina. Adolfina é un nome que significa "muller de alta nobreza" e ten a súa maior distribución nos concellos de Ordes, Tordoia e Santa Comba. Tamén podemos observar como os nomes paradigmáticos de Dorinda e Hermosinda se circunscriben ao interior da provincia da Coruña. Alcira é un nome de orixe xermánica que significa "orgullo de los nobles". 

Como dato curioso, dicir que, no concello de Tordoia, como feito diferenciador doutros concellos da contorna, ata hai ben pouco celebrábase unha "comida" dos familiares tralo funeral do defunto semellante á tradición xermana do "banquete do cadáver" ou Leichenschmaus, un ritual funerario que o rexistro arqueolóxico tamén atopou nos enterramentos dos visigodos como por exemplo o de Alquería de Rubio en Gandía.








Un nome realmente curioso é o de Blandina. Blandina é un nome de muller pouco común, frecuente na súa forma masculina Blandinus en contextos altomedievais xunto a nomes claramente xermánicos. É un nome de muller que pervive todavía en Francia e tamén no concello de Santa Comba, particularmente na parroquia de Xallas de Castrís, onde se transmitía de xeración en xeración. De posible orixe xermánica, de brand co significado de espada. A etimoloxía de brand-espada non está clara, posiblemente do proto-xermánico blandan  co significado de mesturar ou amalgama metálica que brilla, a súa vez dunha raíz indoeuropea bhlend co significado de brillar ou brillante, de onde procede a palabra blonde co significado de amarelo brillante ou blenda co significado de brillo metálico. En sentido figurado algo que brilla é algo que cega á visión, de aí que blind sexa cego en inglés. Blanding en danés é mestura. Blondine como unha posible variante de Blandina. Outros nomes con menor presencia son Leonila, Malbina e Elisardo.

 


 

 © Marcos Castro Vilas, arquitecto.