martes, 16 de enero de 2024

Wren day ou St Stephen's day

 
 

O día de San Estebo, o 26 de decembro, marca o inicio das mascaradas de inverno e do entroido do ano novo nas rexións celtas da Europa atlántica, é o famoso St Stephen's day ou Wren day irlandés, día sinalado e de festa na Irlanda que marca o inicio do novo ano, do entroido e das mascaradas de inverno no mundo celta.
Durante o Wren day ou día do carrizo os rapaces novos das aldeas dos condados máis occidentais de Irlanda cazaban un carrizo, un pequeno paxariño pardento cun estridente canto, coñecido como paxaro do demo ou dreoilín en gaélico que quere dicir paxaro dos druídas pola súa manía de cantar durante o inverno e durante a escuridade do día e é por esta mesma razón que tamén é chamado o paxaro chacarrandeiro ou lareteiro que, segundo a tradición irlandesa, abortou unha emboscada dos irlandeses a unha tropa de soldados ingleses, e é tamén por esta razón pola que se lle da caza e morte o día de Sant Estebo.
Os rapaces ataban o carrizo morto a un feixe de polas de acivro, varas longas rematadas con acivro, e disfrazados con máscaras de palla ou con vexetación e roupa vella e colorida ían pedindo polas casas comida e bebida e cantando a cambio de cartos e donacións:
  
"marchaban por la ciudad vestidos con ropas viejas de la época y con el rostro ennegrecido, portando acebo y con un reyezuelo muerto ensartado en lo alto de un poste"  "llamando de casa en casa, y si te llaman asegúrate de tener pasteles de carne calientes y vino caliente a mano, es posible que después los chicos te ofrezcan una interpretación de The Wren Song"
 
No Santestebo de Malvares en Val do Dubra todavía se conserva a tradición de ofrecer varas de acivro ó santo o día 26 de decembro como lembranza, segundo a tradición, dunha devastadora epidemia de peste que afectou ó gando en tempos pasados e tamén como ofrenda para protexer ó gando de futuras pestes no ano novo que comeza. 
Segundo o dicionario dos Seres Míticos Galegos da editorial Xerais, a lenda referente ao carrizo di que este paxaro quedou anano porque delatou á Sagrada Familia na súa fuxida do rei Herodes e o neno Xesús botoulle esa maldición en contrapartida. Como paxaro dos druídas a tradición popular galega, recollida no lugar de Grixoa de Esternande, atribúelle ao carrizo o poder de curar as envidias e o mal de ollo e se os nenos comían os ovos deste paxaro no monte podían quedar ananos coma el.
 
 

 

 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario