viernes, 1 de mayo de 2026

A etimoloxía de Monforte de Lemos





O castelo de Monforte de Lemos atópase nunha "colina" ou outeiro no medio do val da tribo prerromana dos Lemavos. En época romana Monforte de Lemos aparece co nome de Dactonium. O topónimo de Dactonium está formado polas seguintes raíces; por un lado a raíz indoeuropea "*dek", co significado de "guiar", "dirixir" e de onde derivan palabras como "duque", "conducir" ou "docente", tamén en sánscrito "daksa" co significado de "liderado" ou "guía divina", en avéstico "daxsa" co significado de "gobernar" ou "ordenar", en inglés "teach", en grego "didáctico" ou "Didac" co significado de "ensinar", ou Dagda en irlandés (deus céltico "o bo deus" ou "o bo guía espiritual") onde "da" é "bo" en córnico ou bretón. Tamén "dicir", "dictar", "dictadura" ou "dactilar" derivan da mesma raíz indoeuropea coa idea de "amosar" ou "indicar". Neste senso temos a palabra céltica "tagg" co significado de "etiqueta", "indicador", "dicir" ou "ensinar", tamén "etiqueta" como "conxunto de normas".
Coa idea de "guiar" ou "procesión" temos "tåg" en sueco, que significa "tren" e "taga" que significa "agarrar da man", coa mesma etimoloxía que "take" en inglés ou "tóg" en irlandés e mantendo a mesma idea inicial de "guiar". Tamén en inglés "tag" significa "seguir de preto" ou "pisar los talones". "Daga" e "daca" ou "dignidade" poden ter tamén a mesma raíz, o mesmo que "duck" (parrulo). 
Tamén temos *tag *tak en indoeuropeo ou *tako *techtae en céltico antigo, co significado de "ordenar" que deu "tacco" ou "dacca". Neste senso temos "taktika" e "taxis", "sintaxis" ou "ataxia" en grego, co significado de "ordenar" e derivados dunha suposta raíz indoeuropea *tag, tamén o verbo latino "taxare" co significado de "evaluar" ou "regular".
Pola outra banda temos a raíz indoeuropea "ton" "*tuna", co significado de "colina", e de onde derivan palabras como "town" en inglés ou "dún" "*dūnom" en céltico, co significado de "fortaleza", "promontorio". Polo que o significado final de Dactonium sería o de "colina dende a cal se dirixe ao pobo ou se goberna ao pobo".






© Marcos Castro Vilas, arquitecto



No hay comentarios:

Publicar un comentario