martes, 21 de octubre de 2025

Unha escultura de Circe para Vigo


 

A cidade de Vigo protagonista principal na Odisea homérica:

Segundo o relato da Odisea, trala visita por parte de Ulises da baía dos Lestrigones onde foron atacados con pedras, Ulises dirixiuse á illa Eoa, morada da meiga Circe e onde permaneceu un ano. Circe convertera aos seus compañeiros en porcos cunha apócema máxica, mais Ulises consegueu eludir o encantamento grazas a unha herba máxica chamada "molly" e que lle proporcionou Hermes, deus do coñecemento científico. Trala súa estadía dun ano na illa Eoa, Circe apurou a Ulises a visitar o Hades grego, o inframundo grego (América), antes de regresar a Ítaca e onde se reencontraría co espírito da súa nai. 

Do relato anterior e tras supoñer con certeza que a illa  Eolia, onde os ventos sopran con forza nunha dirección ou na outra, correspóndese coa costa andaluza, pódese inferir entón que a baía dos Lestrigones correspóndese con Lisboa e a illa Eoa, dos fermosos atardeceres, correspóndese coas nosas Rías Baixas.

Olissipo, a foz de Ulises

De acordo co anterior, Lisboa en época romana era chamada Olissipo, que significa "a depresión fluvial de Ulises", do indoeuropeo "po" ou "bo", co significado de "fondeira" ou "depresión".
 
Vicus Helleni, capital das rexións Eoas dos gregos dos fermosos solpores.
 
Vigo era chamado en época romana vicus Helleni ou "vicus dos gregos" precisamente polo seu protagonismo no relato grego da Odisea, malia a súa pertenza global á tribo dos Celenos, sendo neste senso a capital ou sede do pobo dos Celenos. Vigo era pois a morada da meiga Circe que residía na illa Eoa dos fermosos solpores. Circe era filla do deus Helios, o sol, e a oceánide Perseis. Por este motivo aos habitantes das Rías Baixas-Arousa, Pontevedra e Vigo- chamábanselles Celenos, do latín vulgar "caelo", que significa "ceo".
 
Caeleo Cadhair, a catedral do ceo 
 
Vigo, pola súa posición xeográfica era a sede, catedral ou trono dos Celenos. Caelobriga ou Caeleo Cadhair.
Neste senso no concello de Santa Comba atopouse unha inscrición funeraria co seguinte epitafio:

Caeleo Cadro/iolonis f(ilius) Cilen/us |(C invertida) (castello) Berisamo / an(norum) LX et Caesa/rus Caeleonis / f(ilius) an(norum) XV / h(ic) s(iti) (...

Caeleo Cadroiolonis pode ser un antropónimo prerromano que signifique "da sede ou do trono dos Celenos", ou sexa "vigués", e o seu fillo xa ten un antropónimo plenamente latino, Caesarus Caeleonis, Caesar "vigués". Cathedra, cadair, cador, cadrís é unha raíz céltica que significa "cidade", "cluster of beehive huts", "trono", "silla", "catedral", "capital" ou "rei", polo que, fronte a unha posible Caelobriga, como capital urbana dos Celenos como topónimo orixinal de Vigo, temos un Caeleo Cador que engade a maiores connotacións relixiosas como "catedral ou sede ou trono do ceo" ao primixenio núcleo vigués. Ao respecto, sempre se discutiu sobre a posibilidade de que o castro de Vigo, amais dun recinto residencial fortificado, fora tamén un importante lugar sagrado ou relixioso onde render culto ao sol e á divindade, capital das famosas rexións Eoas dos gregos. Neste senso en Irlanda hai unha montaña de 1.000 m chamada "Cathair na Feinne", un lugar mítico para os irlandeses que pode traducirse como "o trono dos guerreiros Fianna". Tamén o mesmo nome do barrio de Teis fai alusión a divindade.
 
Vigo tamén era o castelo de Corbenic na procura do Grial
 
Todo o anterior tamén entronca coa topografía ou xeografía oculta da famosa lenda artúrica na procura do Graal e o famoso castelo de Corbenic, do céltico "cor" co significado de "montículo" "promontorio" e do francés antigo "bénic", co significado de "bendecido", o cotarelo custodio do Santo Graal e onde residía a feiticeira Helena de Corbenic, filla do rei Pelles, do grego "pélagos", "rei da vasta extensión do océano", e que resultou ser a nai do casto e virxe cabaleiro Galahad ou Galaz mediante un feitizo que lle fixo ao rei Arturo. Galahad era o máis puro de tódolos cabaleiros da táboa redonda e o elexido para admirar e observar e restituír o devandito Santo Graal á Terra Santa na Galilea, e onde finalmente sería soterrado.
 
Unha escultura de Circe para Vigo

Segundo o anterior cómpre xa unha fermosa escultura da meiga Circe en Vigo no interior do seu palacio, no antigo recinto amurallado do castelo de San Sebastián no entorno do edificio do Concello, que resignifique a importancia da cidade de Vigo na historia universal e na literatura universal do relato homérico. Se en Madrid teñen unha deusa Cibeles en Vigo temos a nosa meiga Circe.




 
 
 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 

sábado, 18 de octubre de 2025

Os celtas

 

 
Se consideras aos gálatas como unha pinga ou gota poética que esvarou polo Danubio dende Centroeuropa ata Anatolia, entón Galicia non é celta. Pola contra se consideras aos gálatas e aos celtas ou mesmo á rexión de Galitzia, en Polonia-Ucraína, como pobos ou culturas que ascenderon cara Centroeuropa dende África (celtas arcaicos) e portadores da, aínda máis antiga todavía, raíz africana-bereber "Kal", que significa tribo ou semellante, entón a cultura Hallstat ou La Tène (celtas clásicos) sería, xa que logo, un eco ou reverberación descendente moi posterior desa migración ascendente primixenia, e logo Galicia ou Irlanda ou Escocia si son celtas. O verdadeiro celtismo é moi anterior ao fenómeno da expansión das linguas e dos pobos indoeuropeos circa 2000 a.C e está relacionado, cando menos, co haplogrupo M-81 de orixe norteafricana presente en Galicia e Portugal, nos pasiegos cántabros, en Sardeña e tamén en Gales (5%) e tamén en Escocia (1%). As linguas indoeuropeas son un sustrato ou imprimación posterior, malia que se soen asociar comunmente co celtismo e coa difusión do chamado "celtismo clásico" en Europa (Hallstat ou La Tène) pola volta do último milenio antes de Cristo. Polo tanto e a modo de resumen, os celtas clásicos (Hallstat e La Tène) son un eco ou unha reverberación dos celtas arcaicos de orixe norteafricana e que adoptaron unha lingua indoeuropea tralas invasións destes pobos das partes máis occidentais de Europa pola volta do 2.000 ou 2.500 a.C. Senegal sería o pobo ou tribo (gal) dos zenas ou "sanhagah",  (xentes dos oasis) que habitaban Mauritania, e o zenaga sería a súa lingua.
Segundo as fontes dos historiadores romanos, o deus dos celtas era unha especie de Mercurio psicopompo ou heraldo dos deuses, representado na maior parte das veces coma Hermes cun caduceo ou vara de Esculapio. Neste senso Hermes foi o protector de Ulises na illa Eoa antes da súa viaxe cara ó inframundo grego (América). Non hai nada máis celta que intercalar as eses líquidas na fala, o seseo de toda a vida.
O segredo está nas vacas, os xenuinos "celtas arcaicos" viñeron de África, as mesmas vacas con cornos en forma de lira hainas na Galicia e na Galitzia podólica, de tal xeito que; as cachenas rubias coma a raza Highland (celtas do oeste), as cachenas húngaras (celtas do leste), as cachenas italianas, raza maremmana (celtas do centro), despois por outro lado temos as vacas grises coma a pardo-alpina (expansión neolítica tradicional de Oriente Medio) e as vacas negras de gran envergadura (Centroeuropa, estepas rusas e indoeuropeas). A orixe do chamado "tronco roxo megalítico" tivo lugar no gando N'Dama de África. Qué sería dos suízos sen as súas fermosas vacas da raza Simmental.





Europa é simétrica e dende sempre estivo "subxugada" a continuos movementos migratorios ascendentes procedentes de África que tamén contribuíron a construír o acervo cultural indoeuropeo, tanto lingüístico coma arqueolóxico, con moitas raíces léxicas comúns a outras linguas. Pero o indoeuropeísmo, malia ser paradoxicamente a base das chamadas linguas célticas, é unha migración moi posterior (2.000 a.C) procedente das estepas do leste, e os chamados "celtas académicos" (Hallstatt e La Tène) non son máis que unha pequena reverberación ou eco desas migracións paleolíticas e neolíticas procedentes de África co seu posterior verniz lingüístico indoeuropeo. O que pasa é que as costas máis occidentais de Europa quedaban un pouco lonxe da influencia esteparia rusa, favorecendo a prevalencia do influxo sureño de orixe africana. É un fenómeno que se daba fundamentalmente no occidente de Europa ou polo menos que identificaba e definía como pobo diferenciado ó occidente de Europa. No resto de Europa había máis mestura difusa,  gradual e tradicional. Era o épico choque do haplogrupo R1b co haplogrupo R1a de cando o amplo deserto do Sáhara era un fértil verxel. Xa que logo o celtismo é un concepto ou un invento grego que pretende poñer de manifesto ou relevo o influxo xenético africano nas costas máis occidentais de Europa polo debilitamento da influencia esteparia-centroeuropea e como feito claramente diferenciador respecto doutras zonas do sur de Europa onde esta mistura é moito máis difusa ou gradual por cuestións de índole meramente xeográfica. O celtismo define a afastada occidentalidade europea de clara influencia africana e lonxe dos influxos esteparios europeos fronte a unha península itálica separada polo mar de África e un leste de Europa cunha mestura natural e ancestral entre o norte e o sur, coma na Grecia.
Neste senso Europa, malia ser un apéndice da estepa, non deixa de ser tamén unha prolongación norteña e fría do fértil e moderno deserto do Sahara, con tres vías principais de acceso ou penetración, que son España, Italia e Turquía. Hai celtas do oeste, celtas do centro, e celtas do leste, que paradoxicamente contribuíron a conformar o substrato indoeuropeo, e todos eles tamén contribuíron a maiores e con posterioridade a conformar o acervo cultural desa reverberación dos chamados celtas clásicos (Hallstatt e La Téne). É certo que durante o Paleolítico ninguén migraba con vacas pero as palabras si migraban. Así, por exemplo, "koore" é cabeza en fulani, "qeru" é cabeza en tamazigh, "keru" é cabeza en éuscaro, "kerek" é redondo en húngaro, "krenn" é redondo en córnico e "ker" é "hill fort" tamén en idioma córnico e en idioma masai (kraal), e como bos atlantes, "cher" é lúa en huarpe e "kren" é sol en lingua selknam. Tamén "larregi" é longo en éuscaro, "largus" é longo en latín e "lorga" é vara en galés. Dende logo en Irlanda non hai rastro dos celtas académicos e si moitas conexións co pobo amazigh, por exemplo, "frauta" en amazigh é "gaita", navegar dise "silel", "sail" en inglés, "zurro" en galego dise "amazurr" en bereber, "frouma" en galego dise "afraw" en bereber. Pero, sobre todo, tanto os galos coma os galegos veñen da antiga raíz tuareg "kal", que significa "tribo", e que os gregos pronunciaban "kel", unha palabra que para eles significa "redondo", quizais en alusión ao modo de vivir dos celtas. 
Considerando Europa un apéndice xeográfico das estepas e das chairas rusas, o celtismo é unha idea de orixe grego que xurdiu para nomear ás xentes cunha cultura diferente (fundamentalmente africana-europea) que habitaban as partes máis occidentais ou estremeiras de Europa, un fenómeno que afectaba sobre todo á Galia, onde a influencia esteparia chegaba máis debilitada ou diluída, e que acabou salpicando ou englobando co tempo a toda Centroeuropa pola ditosa perspectiva grega. E cando falo da ditosa e deformada perspectiva grega refírome a súa posición espacial escorada nun curruncho do taboleiro europeo, de tal xeito que ó final, redondeando e simplificando, todo o que quedaba á altura dos Alpes era celta, daba igual arriba ou abaixo, antes ou despois, para os gregos a referencia eran os Alpes que era o que tiñan máis próximo e destacado para referirse a Europa occidental. 
Respecto a presenza de xenes norteafricanos en Galicia, é obvio que a xenética de poboacións erra nas cronoloxías, porque a presenza de xenes norteafricanos tamén dáse nos pasiegos cántabros e nas vacas de raza Jersey. Coido que eles determinan unha converxencia cronolóxica ou temporal en función das mostras de ADN dun grupo de individuos determinado que dista moito de ser a orixe temporal real, polo motivo de que moitas das liñaxes que existiron acaban desaparecendo co paso do tempo. Non todas ás árbores xenealóxicas que existiron chegan até nós, polo que as converxencias temporais converxen moito antes no tempo porque, como consecuencia, o abano xenealóxico redúcese considerablemente. 
Cambiando un pouco de tema, os estudosos de xenética de poboacións soen cometer o erro de menosprezar o importante corridor que constitúe a costa norte de Libia ou de Alxeria como lugar de paso cara a península ibérica e que conecta directamente a península ibérica con Turquía e Asia, polo que pódese considerar un corridor máis asiático que africano. Tamén cometen o erro de separar xenéticamente o norte de África de Europa, cando en épocas pretéritas o extenso e fértil deserto do Sahara era máis ben o sur de Europa ou cando menos o refuxio climático e natural da Europa fría. Pásalle o mesmo aos paleoantropólogos que estudan Homo antecessor en Atapuerca, xustificando calquera influencia asiática como de procedencia europea, cando esa influencia asiática ben poido chegar até nós a través deste corridor africano-europeo magrebí. 
E polo motivo de ser un fino corridor de paso e migración é probable que non deixe moita impronta xenética estable no norte de África, esto mesmo ocorre co haplogrupo E-V13 de orixe africana, moi presente no leste de Europa e na península ibérica pero practicamente inexistente no Magreb, quizais tamén pola preponderancia co paso do tempo doutros haplogrupos máis modernos como E-M81 que borrou calquera rastro deste haplogrupo particular. Sexa como for, a partir deste momento o importante corridor magrebí do norte de África chamarase ou será bautizado como "o corridor dos flamencos" pois conecta directamente á área de distribución destas aves no mediterráneo coa India.
 
 

 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 
 
 

jueves, 9 de octubre de 2025

Arciprestados de Trastamar



CÉLTICOS-NERIOS: do céltico córnico "ner", co significado de "home valeroso", "heroe", "guerreiro". Tamén no idioma céltico bretón temos o termo "ner", co significado de "príncipe", "señor", "xefe". En galés "nêr" significa "Lord". Na mesma liña e co mesmo significado temos en galés "nerth", que significa "poder", "forza". En gaélico "neart" significa tamén "forza", "vigor". Na mitoloxía romana Nerio era unha deidade de orixe celta, esposa de Marte, e asociada á valentía.

DUIO: do céltico galés "duwio", "duwiaf", co significado de "divinizar" e "santificar". Tamén "dwyo" e "dwuiol", co significado de "piadoso", "devoto", da raíz céltica "duw", co significado de "deus". Tamén en córnico temos "du", "duw", co significado de "deus", "duwow" en plural. En céltico bretón "deus" dise "doue".

NEMITOS OU NEMANCOS: do céltico "nemeton", "nemeto", co significado de "lugar sagrado". En gaélico irlandés temos a raíz "neimheadh" co mesmo significado e relacionado co "sagrado".

ENTINES: do indoeuropeo "henti", co significado "de fronte", "de cara", os que están situados na parte frontal dalgunha cousa. A raíz "henti", "*hent" dou lugar ao adverbio que significa "diante", "en fronte", "en dirección a". En latín dou lugar a preposición "ante". En sánscrito dou lugar a palabra "ánti", co significado de "fronte a".

SONEIRA: do latín "sub-neria", as terras baixas dos nerios, ou nas partes baixas do nerios.

BERREO: do xermanismo de orixe sueva "bereich", co significado de "ámbito", "zona".

SEAIA: do normando "seair" e do latín "sedere". Do verbo normando "seer", co significado de "establecerse", "ocupar". Acción e efecto de tomar un lugar, "settlement" en inglés. Seaia coa súa torre de Mens era o pequeno reino dos normandos ou "saefes" na Galicia.

BARCALA: a etimoloxía da Barcala relaciónase coa raíz "*barc" ou "*barg", co significado de "concavidade", "fondeira". Barcia, Barxa e Bargo comparten a mesma etimoloxía. Do euskera "barrika", co significado de "cuba". Tamén en euskera temos "barka" e "barkak", co significado de "cesto de mimbre para o peixe" ou "caixa de madeira para transportar froita", tamén "cadaleito". Coa idea de concavidade temos en latín "barca", "embarcación, de orixe etimolóxico descoñecido. En inglés temos "bark", do proto-xermano "barkuz", co significado de "corteza dunha árbore",  afondando tamén nesa idea de concavidade.

BERGANTIÑOS: a etimoloxía de Bergantiños procede do nome latino dado polos romanos ao río Allones, chamado por eles "Vir" ou "Viri", mais a raíz latina "gens", "gentis", co significado final de "xente" ou "pobo" que vive ou habita a carón do río Vir.

DUBRA: O nome do arciprestado de Dubra ten a súa orixe nunha palabra de orixe céltica co significado de auga. Neste senso "dwfr" (pronunciado duvr) é unha forma galesa-céltica co significado de "auga", "dowr" "dowra" é "auga" en córnico.

LARACHA: A etimoloxía de Laracha tamén procede do céltico "leur", de onde derivan termos como "leira", "lar" ou "lareira", co significado de "solo" "chan", polo que Laracha significa "superficie plana".



© Marcos Castro Vilas, arquitecto







martes, 30 de septiembre de 2025

Os árabes da Qalisiya




É moi probable que o apelido Caamaño ou Calamaño teña unha orixe árabe, da raíz "qala", co significado de "fortaleza", e da raíz normanda "maño", co significado de "grande", polo que o apelido Caamaño signifique "fortaleza grande".
Aliados dos normandos, hai constancia noutras partes da península que tanto sarracenos coma vikingos estableceron alianzas de colaboración mutua, de aí a famosa liñaxe dos García Caamaño, señores fundadores de Vilagarcía, na ría de Arousa, ou cando non notorios escribáns nas vilas de Muros e Noia.
Con porto base no castro de Caamaño, en Porto do Son, e no castelo de Penafiel en Carnota, os Caamaño, ensarillados cos vikingos, tamén estableceron casa forte nas terras baixas dos normandos, no lugar de Cereo Vello en Coristanco, na comarca de Bergantiños.
No lugar que ocupaba o gran castelo circular de Penafiel consérvase unha enigmática inscrición de excomuñón que ten tamén a curiosidade de estar escrita de dereita a esquerda, xustamente do mesmo xeito a como escriben os árabes. O topónimo Quilmas vén da raíz árabe "qil'a" ou "qīl", que significa "fortaleza" ou "xefe", e da raíz normanda "mas" "maz" "mans", do latín "ma(g)is", co significado de "grande" "destacado". No lugar atópase tamén a Pedra Quitina, do normando "quite", co significado de "liberada".
Os Caamaño sempre estiveron moi vencellados á ría de Noia e aos concellos de Porto do Son, Muros, Noia e Carnota, unha maneira de controlar a estratéxica desembocadura do Xallas e do Tambre, pois usaron a ría de Noia e o río Tambre como porta de entrada na importante cidade de Santiago de Compostela. Deste xeito ascenderon río arriba ata Negreira e ata a Ponte Maceira para conquistar así as xenuinas terras dos galaicos en Santa Comba e tamén para establecer unha delegación representativa no mítico monte Medulio dos galaicos, lugar tradicional e simbólico do poder político dos célticos supertamaricos e dos suevos na Gallaecia, e de pasada tamén arrasar e saquear as múltiples riquezas da próxima cidade do Apóstolo. Se a torre de Randulfe, a fortaleza de Ulfo o galego, entre Boaña e Ser, é a capital normanda de Santa Comba e de Galicia, o lugar de Mira, xunto á lagoa de Alcaián, é a capital sarracena de Santa Comba e de Galicia. Pódese afirmar incluso que houbo un pequeno "estado" normando e un breve "estado" sarraceno con capital nas terras altas de Xallas, por algo sería. Mesmo semella que Galicia foi o lugar escollido por vikingos e sarracenos para intercambiar os seus dirham de prata, convertendo a Galicia nun importante e fundamental nodo de intercambio comercial entre o mediterráneo e o norte de Europa. Os árabes subían dende o sur e os normandos baixaban dende o norte como na etapa do Bronce Final Atlántico para encontrárense en Galicia.
Por este motivo nas terras altas da terra de Xallas e da terra de Montaos temos tamén, xunto a topónimos de orixe normanda e sueva, unha considerable toponimia de orixe árabe que debullamos a continuación: 
Así no concello de Tordoia temos lugares como Anxeriz, do xermanismo Anserico ou ben do árabe "ansar", co significado de "anexo", "auxiliar", "axudante", "apoio" ou "defensor" ou "vitoria", Alborin, do árabe "būr", co significado de "terreo baldío", Alborís, tamén do árabe "bor", co significado de "terreo improductivo", Albagueira, do árabe "al-baqara", co significado de "vacariza", Vilasal, do árabe "salla", co significado de "orar", "rezar", e finalmente Arabexo e as Xariñas en Val do Dubra, co significado de lugar próximo ás terras dos árabes. No concello de Santa Comba temos lugares como Mira, do árabe "emir", co significado de "príncipe", "comandancia", A Rabadeira, do árabe "rabad", co significado de "barrio", "suburbio", Arijón, do árabe "arij", co significado de "frescura", Alcaián, do árabe "al-kayan", co significado de "entidade política", "estado", Mostaza , do árabe "mustashfá", co significado de "hospital" ou do árabe "mustashar", co significado de "escribán" "asesor", Chafarís, do árabe "safarig", co significado de "canal de auga", Baçar, do árabe "basha" e do turco "pasha", co significado de "gran xefe" ou "señor" ou tamén "mercado", Faxín, do árabe "faj", co significado de "camiño entre montañas", Almozara, co significado de "chaira destinada a exercicios militares" ou ben "campo de trigo". Alqueidón en Brión, do árabe "al-qaidun", co significado plural de "líder" ou "comandante", Mourentáns, Adoufe e Tafín tamén en Brión, do árabe "tafona", co significado de "muíño", Bertamiráns do árabe "barr" co significado de "campo", Cirro da raíz "ṣirr" co significado de "xeada", e Almáciga en Santiago, co significado de "campo de regadío".
Os sarracenos tamén fixeron importantes incursións nas Rías Baixas, no sur de Galicia, na Lanzada e no importante atallo ou paso do Oitavén, co fin de acadar as estratéxicas terras de Ourense. Segundo a lenda, no lugar de Anseu, en Fornelos de Montes, atópase a tumba do derrotado xeneral musulmán Al-Malik (malik é rei en árabe). Por este motivo os reis de Castela levantaron poderosas fortificacións en pedra en Baiona, na Lanzada ou en Soutomaior, tamén se pensa que a famosa liñaxe dos Soutomaior ten a súa orixe neste proceso defensivo  das costas do sur de Galicia levado a cabo polos reis de Castela para protexerse da constante presenza dos sarracenos. 












© Marcos Castro Vilas, arquitecto




miércoles, 10 de septiembre de 2025

Trava




A palabra "trava" coa que se coñece a importante familia nobiliar dos Trava en Galicia, vinculada ao condado de Trastámara, semella ser cando menos un xermanismo da época da ocupación sueva de Galicia. Do alemán "treffen", "traf", co significado de "combate", "encontronazo", "enfrontamento", "ferir", procede do alto alemán "treffan" e do proto-xermano "drepan", *drepana. Cun significado semellante tamén temos "träffa" en sueco e "træffe" en danés, pronunciado "trafa", e "traff" en noruegués, co significado de "golpear". 
Da raíz indoeuropea *drepana, nas linguas nórdicas tamén temos o termo "drepa", co significado de "matar", "golpear", "capturar", "abater". En inglés "drop", co significado de "caer" e tamén "drub", co significado de "apalear". 
Co significado de "capturar" "abater" pasou ao francés e ao normando coa forma "trappa" "traper" "atraper", co significado de "confinar". Tamén en inglés temos "trap", co significado de "trampa" e tamén en castelán "atrapar", co significado de "capturar" . En portugués "trapa" era unha "cova preparada para caeren as feras". Coa idea de "confinar" e "capturar" temos tamén a palabra "trabilla" e "traba", como un elemento que impide a liberdade. Pedro "Froilaz" de Trava significa Pedro "amo e señor" de Trava.


© Marcos Castro Vilas, arquitecto.




miércoles, 16 de julio de 2025

A controvertida etimoloxía de Jallas





Algúns estudosos do tema da toponimia fan derivar o hidrónimo Xallas dunha raíz "salia" "sal", co significado de "corrente de auga" "auga en movemento", mais o nome do río Xallas na antigüidade era Eçaro, un hidrónimo que procede dunha antiga raíz indoeuropea "isaro", co significado de "impetuoso" "vigoroso" e que fai referencia a súa violenta desembocadura en forma de catarata no mar. 
Para resolver a controvertida orixe do nome do río Xallas soamente nos queda acudir ata a, dende fai pouco, descoñecida compoñente normanda en terras de Santa Comba. É sabido agora que os normandos ocuparon núcleos como Boaña en Castrís ou Ser en Santa Comba.  Tanto o núcleo rural de Boaña como o de Ser comparten certas semellanzas urbanísticas, fronte ás aldeas tradicionais de natureza compacta, tanto Ser como Boaña desenvólvense exteriormente arredor dun anel que fica baleiro, semella como relembrando o recinto de madeira do asentamento normando. Tamén temos moi preto a estratéxica torre de Randufe que tamén semella facer referencia ao temible vikingo "Ulfo o galego".
En nórdico antigo, o termo "hǫll/höll/hall" provén dunha raíz moi antiga que significa algo así como "lugar cuberto ou protexido" "refuxo pechado" e foi evolucionando ata significar "salón", especialmente un lugar de importancia social ou ritual para unha comunicade, como Valhalla (o salón dos caídos na batalla).
Tamén compartindo a mesma orixe etimolóxica, e quizais a orixe de todo, temos o termo nórdico "hallr" ou "hall", co significado de "chaira rochosa". En nórdico antigo "hallr" pode significar "pedra" "rocha" ou "chaira rochosa", "lousa" ou "enlousado". Deriva do proto-xermánico *halluz que tamén se relaciona con superficies duras e rochosas e planas. Esta raíz tamén aparece en outras linguas xermánicas como o anglosaxón "heall", co significado de "rocha" ou "pedra" e o gótico "hallus". A idea de chaira rochosa podería ser unha extensión da idea de superficie plana e dura e de salón. En nórdico antigo a palabra "hella", tamén escrita como "hjalla" ou relacionada con "hallr" ten un significado asociado a "lousa rochosa", "pedra plana", "plataforma rochosa". A rexión de Halland en Suecia é unha penechaira de erosión de paisaxes suaves e ondulantes. Tamén Helleland na illa de Baffin foi nomeada polos vikingos como a terra das "pedras planas". Neste senso, tamén Holland podería ter un significado semellante.
O anterior redundaría na idea de "gandarón", como unha penechaira rochosa de especial importancia política e social, e que xa recolle o topónimo romano de Grandimirum ou "gándara dos xefes". A penechaira de Xallas de Castrís debeu ser un lugar xeográfico moi importante dende un punto de vista político e social, un lugar poderoso onde ubicar o mítico Monte Medulio das crónicas romanas. 
Xunto aos normandos, aquí tamén deixaron a súa pegada tamén os árabes. Así a lagoa de Alcaián, no río Mira, deriva do termo árabe "al-kayan", un termo usado para definir unha "institución", "unha entidade política" ou "incluso unha nación" con "identidade propia" e "estrutura nacional", un "estado". Neste senso moi preto de Castrís temos o topónimo de Mostaza, tamén do árabe "mustashfá", co significado de "hospital" ou ben do árabe "mustashar", co significado de "escribán" ou "asesor". Tamén o topónimo de Faxín, do árabe "fajj", co significado de "camiño", "porto", "desfiladeiro", "paso entre montañas ou outeiros". E Faxilde ou Faílde, do árabe "fajj" e o xermanismo "hilde", co significado de "desfiladeiro do combate" ou "val do combate", ou Almozara, co significado de "chaira destinada a exercicios militares ou campamentos militares". Tamén a Rabadeira do árabe "rabad", co significado de "barrio" ou "suburbio" e Arijón do árabe "arij", co significado de "fragancia" "aroma" ou "frescura". Tamén Mira e o Chafariz.
Por último e xa que falamos do mítico Monte Medulio ao que fai referencia o topónimo de Portomedal na parroquia de Cousieiro, moi preto de Portomedal e no límite dos contrafortes montañosos da penechaira xalleira atópase o pequeniño núcleo rural de Lal, en primeira liña de batalla do hipotético foxo de 23 km (15 millas) que recollen as crónicas romanas formando parte do Monte Medulio e da devandita penechaira xalleira. O topónimo de Lal pode vir de "leal" (de alí>dalí, de aquela>daquela), en referencia ao pobo que morreu heroicamente por defenderse e ser fiel aos seus ideais irredentos, ou ben ser un hipocorístico "lalo" de "Gonzalo" ou "Gundisalvo", un nome de orixe xermánica que significa "o que loita", "disposto para a loita" ou "preparado para a loita".
 
Na zona de Padreiro tamén temos un interesante topónimo Vilardante, do normando "danter" "dant", co significado de "dominus" ou o verbo inglés "to daunt" co significado de "subxugar", "dominar", e tamén un Alvarín, do vikingo "hall" e "var", co significado de "guardián da pedra", e Vilartide, co significado de vilar de Titus. 

Xa para rematar e cambiando un pouco de tema, tanto "a illa" "o illó" "o ulló" son topónimos que fan referencia a un lugar húmido ou encharcable, e responden ao proceso urbanizador de abandono paulatino dos castros polas zonas baixas dos vales. E Çiçere pode vir de Çesare (libro do subsidio_1500), do latín vulgar "sessare", co significado de "asentarse".



© Marcos Castro Vilas, arquitecto



lunes, 2 de junio de 2025

Castrís e San Pedro de Ser, as antigas capitais administrativas en Santa Comba


Recreación da torre de San Pedro de Xallas de Castrís

 

O concello de Santa Comba tivo ó longo da historia diferentes capitais administrativas ou centros de poder e unha delas foi Castrís, herdeira do poder político dun antigo destacamento militar romano de época xulio-claudia existente nese lugar. A torre medieval de Xallas ubicábase no lugar da actual igrexa parroquial de San Pedro de Xallas de Castrís. Bernal Yáñez de Moscoso foi un dos seus administradores durante as revoltas irmandiñas. Tamén Gonzalo de Figueroa e Pedro García o Vello, pertencente ou membro do clan dos García Vilardefrancos, e tamén Fernando de Malvares, segundo recolle o preito de Tabera-Fonseca de 1524-1534. 
A outra capital administrativa de Santa Comba foi San Pedro de Ser. San Pedro de Ser debeu de ser un importante e estratéxico enclave durante a Alta Idade Media na terra de Xallas, non soamente de Santa Comba, senón de toda a Costa da Morte e o condado de Trastámara. Importantes camiños confluían en Ser para abranguer coma un abano toda a Costa da Morte, dende Malpica ata Fisterra. Pola toponimia actual sabemos que en Ser estiveron os suevos, os francos e os normandos. De feito Ser é unha importante raíz toponímica de orixe normanda que vén do latín "sedere" e que significa "asentamento". O lugar de Ser debeu de ser no seu tempo a capital interior dos normandos na provincia da Coruña cando estes tomaron toda a costa noroeste da Coruña.
O núcleo de Ser debeu de xogar un importante papel administrativo no ámbito da Costa da Morte dende a época dos suevos. Neste senso era semellante ao núcleo de Lestrobe en Trazo, onde se situaban os palacios de Lestrobe, capital da merindade de Montaos, e onde Fernando de Castro exercía a súa función de merino e xuíz da terra de Montaos e Vilaprego. O topónimo de Lestrobe vén do xermanismo "leisten" ou "last", co significado de "último" "o que renda dunha cousa", polo que debeu ser un lugar importante de recadación de rendas na terra de Montaos dende a época dos suevos e na Alta Idade Media. Tamén o topónimo de Xabestre é un xermanismo que vén do termo alemán "gebesteuer", co significado de "imposto", "gewerbesteuer", "gewerbsteuer", co significado de "imposto ás actividades comerciais", tamén de "gewebe" (tecido) "steuer" (imposto), co significado de "imposto aos tecidos". En Xabestre tiña a súa residencia Roi Palmeiro, recadador xudío de alcábalas na terra de Montaos pola venta de palmilla e outras mercadorías.
Neste senso, no núcleo de Ser tamén temos o lugar do Reguengo, lugar onde tradicionalmente os xudeos tiñan adxudicados os dereitos de explotación para a recadación das alcábalas reais. Durante o século XVIII, e anteriormente tamén, foi o lugar onde os García Figueroa e os Vilas, do lugar de Suevos, continuaron exercendo o seu oficio de escribáns de número da xurisdición de Xallas. Este transvasamento ou comunicación no tempo do poder político e administrativo entre San Pedro de Xallas de Castrís e San Pedro de Ser refléxase moi ben na xenealoxía de Don Pedro García de Castrís, señor rexedor e propietario da torre de Xallas de Castrís pola volta do século XVI, e que continúa no seu tataraneto Don Antonio García Figueroa falecido na torre de Castrís no ano 1726. Porén o seu fillo Miguel García Figueroa e Gómez de Riobóo xa reside no Reguengo pola volta do século XVIII e o seu fillo Don Joseph García Figueroa Riobóo Villardefrancos xa exerce o oficio de escribán de número da xurisdición de Xallas, tamén no lugar do Reguengo en Suevos, a finais do século XVIII.
Tamén xunto a Ser atópase o importante núcleo de Freixeiro, cunha interesante igrexa románica, e onde tiñan solar e casa as familias máis tradicionais da historia de Galicia, como os Moscoso e os Bermúdez de Castro. O poder autóctono e céltico. Casas con escudos destas familias perviven a duras penas na actualidade no lugar de Freixeiro. E En Vilar de Céltigos coa capela da Virxe da Merced, una cristianización de Santa Columba e Santa Bríxida, atopábase o poder da xurisdición relixiosa do arciprestado.
Na actualidade a sede do consistorio do concello de Santa Comba atópase no lugar de Santa Catalina, un lugar máis centrado entre San Pedro de Ser e San Pedro de Castrís. 
Do mesmo xeito que a torre de Randulfe, situada entre Boaña e Ser e fortaleza de Ulfo o galego, era a capital normanda de Santa Comba e de Galicia. O núcleo de Mira, xunto a lagoa de Alcaián, era a capital sarracena de Galicia.
 
 
Recreación do asentamento normando de San Pedro de Ser

 




A unidade mínima de información en Galicia é a aldea, se noutras partes de Europa ou de España tes unha vila cun casco histórico importante ou impresionante onde deixaron a súa pegada xermanos, normandos, sarracenos ou xudeos, en Galicia tes unha aldea cun nome xermano, a do lado herdou o nome normando, a de máis acolá cun nome sarraceno e a daquí cun nome xudeu. Así, por exemplo, Ser sería un asentamento normando, Faxín un asentamento árabe, Suevos un asentamento xermano, Freixeiro e Castro un asentamento  céltico-tradicional, da nobreza local, e o Reguengo e Vilarnovo serían asentamentos xudeus.
No caso de Xallas de Castrís, Boaña sería o asentamento normando, A Mostaza e Mira o asentamento sarraceno, Xallas o asentamento céltico-tradicional, da nobreza local, e Castrís o asentamento tardorromano-xermano, e que finalmente constata da importancia histórica de senllas áreas de poboación.




 
 © Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 

jueves, 15 de mayo de 2025

A fidalguía normanda de Galicia

 
 
¿Galicia tamén nación vikinga?

A presenza vikinga en Galicia tivo lugar durante alomenos douscentos anos entre os séculos IX e XII. Nas súas incursións marítimas e fluviais tomaron toda a costa noroeste da provincia da Coruña, dende Sorrizo en Arteixo ata o mesmo Cambados, Rianxo, Vilagarcía ou Bueu. Unha ocupación tan prolongada no tempo permitiulles controlar tamén enclaves do interior da provincia da Coruña, como é o caso de Ser en Santa Comba, do normando "seer" e do latín "sedere", co significado de "asentamento", e situado nun estratéxico cruzamento de camiños que abranguía coma un abano todo o territorio comprendido entre Malpica e Fisterra. Tamén o lugar de Cereo Vello en Coristanco onde os Calamaño tiñan a súa fortaleza, o lugar das Torres de Cillobre, do normando "selle" co significado de "to seat" "room" e onde Gómez das Mariñas tiña a súa fortaleza, ou o lugar de Vimianzo e de Calo onde os Mariño de Lobeira tiñan a súa fortaleza ou o lugar de Vilardefrancos e Pardiñas en Carballo e o lugar de Riobóo en Cabana de Bergantiños onde os García-Gómes tiñan tamén a súa fortaleza. O topónimo Riobóo vén do nórdico "bú" que significa "fogar", "casa", "estado" e, polo tanto, "o río que é o noso fogar". Por este motivo o río Allones era o río dos "aliones" ou "alleos" porque o val de Bergantiños estaba controlado na súa totalidade polos normandos. Lugares interiores desta comarca como Buño ou Boaña comparten tamén a mesma raíz nórdica "boo" ou "bú", co significado de "casa" ou "residencia", tamén o pazo de Reibóo en Negreira, tamén o nome de Xornes, co significado de "terra do promontorio" ou "hornes", ten unha orixe nórdica. Sergude, coma Gotland ou Gotemburgo, significa asentamento "godo". O Esto e Corcoesto vén do nórdico "stø", co significado de "lugar" e "krok", co significado de "curva", "curvatura" ou "circular". Constátase alomenos unha motte & bailey en Mens, Sinde, Cereixo, Vimianzo ou Cillobre e numerosos asentamentos normandos no interior en correspondencia cos vales interiores dos ríos Allones, Grande e Castro. Pódese dicir que os normandos fundaron un estado en Galicia, no noroeste da provincia da Coruña.
A localidade sevillana de Bormujos, moi preto do campamento vikingo de Tablada, comparte etimoloxía co núcleo de Bormoio en Coristanco, co significado de lugar húmido. Da raíz "borg" que significa "poboado" e a raíz "muj" ou "mug" que significa "verdín".
A liñaxe dos García Vilardefrancos, dos Gomes de Riobóo, dos Caamaño, dos Leis, dos Lema (do danés "lem", co significado figurado de "rama" "membro" "extremidade" "anexo" "limb", procedente do danés "lim", co significado de "pegañento" "adhesivo" "arcilla" "cal" "fango", "lime" "lind" é tamén o nome da árbore do tilo, de follas pegañentas, en inglés), dos Posse (do latín "posse", co significado de "poder"), dos Romero, dos Collazo, dos Mariño de Lobeira e dos Calo semellan ter unha orixe nas incursións vikingas e normandas que ocuparon e invadiron o norte da provincia da Coruña durante os séculos IX e XII. Homes guerreiros e poderosos, caudillos ben armados que, co paso do tempo, puxéronse ao servizo e ás ordes da vella e xenuina nobreza galaica formada polo clan dos Moscoso de Altamira, na parte céltica, e dos Bermudez de Montaos, na parte sueva. 
Os Moscoso de Altamira eran unha tradicional liñaxe galega de orixe celta que recolle a herdanza do poder político e épico da famosa batalla do mítico monte Medulio onde os celtas loitaron contra as lexións romanas do noroeste, o seu territorio circunscríbese na actualidade ao arciprestado de Céltigos. Os Bermúdez de Montaos eran unha liñaxe un pouco posterior que recolle a herdanza de todo o poder político e administrativo das invasións xermanas e suevas na Galiza durante o século V, o seu territorio cínguese na actualidade ao arciprestado de Berreo, do alemán "bereich", co significado de ámbito ou zona. Deste xeito, co paso do tempo, Gómes de Riobóo convertiríase no aio dos Moscoso de Altamira e García Vilardefrancos en Artes sería o aio dos Bermúdez de Montaos. Tampouco hai que descartar que o noso rei García fora promocionado ou inducido pola presión exercida polo poder dos normandos en Galicia.

Os García-Gómez tiñan unha torre fortaleza na costa de Razo, no lugar de Pardiñas, moi preto de Lema, e tamén no lugar de Sísamo en Carballo. Os Caamaño tiñan a súa fortaleza no lugar de Cereo en Coristanco. O apelido Caamaño vén de Calamaño, do árabe "cala" co significado de "fortaleza" e "maño", co significado de "grande", tamén pode vir do termo latino "calo", co significado de empalizada circular de madeira. 
No século XII os Caamaño construíron unha torre fortaleza en Vilagarcía e no ano 1411 Don García de Calamaño construíu unha torre no lugar de Rubiáns, onde se atopa na actualidade o pazo de Rubiáns en Vilagarcía, dalgunha maneira relembrando aqueles tempos nos que os vikingos e os normandos chegaron mesmo a controlar lugares tan alonxados como Cambados, Vilagarcía, Boiro ou Rianxo. Seguindo a mesma dinámica os Caamaño están estreitamente relacionados coa comarca de Ortigueira, no norte de Lugo. 
 
Tamén a liñaxe dos García Pardiñas Vilardefrancos estableceron casa solar en Rianxo e en Vilaxoán. Así Don Mauro de Pardiñas e Vilardefrancos foi no século XVII señor de Rianxo, onde o seu sogro, Miguel Seco de Caamaño, tiña unha fortaleza, e Don Ignacio Pardiñas Vilardefrancos foi señor do pazo de Pardiñas no lugar de Sobrán, en Vilaxoán, tamén pola volta do século XVII. De feito o nome de Arosa vén do nórdico "ár-oss", que significa "desembocadura dun río" e o nome de Vilagarcía vén polo apelido García Caamaño como fundadores da devandita vila. A illa de Sálvora, do nórdico "sælvær", co significado de "illa dos lobos mariños" é o lugar mítico e lendario que dá orixe á famosa liñaxe dos Mariño de Lobeira, señores da fortaleza de Vimianzo.
 
O mesmo ocorre en Leiro, en Ourense, onde a existencia dun suposto e importante asentamento vikingo que acompasou a unha tamén importante incursión vikinga polo Miño, que rematou coa conquista do famoso castro Candaz, traduciuse ao longo do tempo e da historia nunha estreita relación entre os García Vilardefrancos, Leis e Figueroa coa casa-pazo dos Tizón de Moldes en Boborás e dos Puga en Ourense ou os Taboada en Lugo, unha relación que se mantivo polo menos ata o século XVIII. Este asentamento normando en Leiro está relacionado supostamente coa batalla de Fornelos onde morreu o bispo Sisnando a mans dos vikingos. De feito, Leiro é a versión normanda de "lar", co significado de "fogar", e Boborás é tamén un topónimo coa famosa raíz nórdica "bo", co significado de "casa", e a raíz "være", co significado de "ser" ou "estar", polo que Boborás significa "onde está a nosa casa" ou o "lugar que é a nosa casa". Tamén en Cenlle temos o pazo de Riobó.
 
Tamén sucede algo semellante na relación dos apelidos Posse de Leis e os apelidos Aldao ou Arosa, de feito o topónimo "Bueu" vén de "buhedo" que vén a súa vez do danés "boet" que significa "herdanza" "patrimonio" ou "fogar", o mesmo ocorre co lugar da Seara en Moaña ou en Poio, que significa herdanza, como unha variante da famosa raíz "ser", co significado de "asentamento". Mogor do nórdico "mugg", co significado de "verdello". A illa de Tambo vén do danés "tang", co significado de "alga mariña" e a raíz "bo", co significado de "vivir". Tamén Arcade, que significa "río do embarcadoiro", de "ar" (río) e "kae" ou "kade", con epéntese ou do idioma frisio, co significado de "embarcadoiro". Rande, co significado de "ourela", e Cabanas e o Cotarel, na ría de Vigo, tamén semellan ser outros asentamentos vikingos na ría de Vigo. O nome do río Oitavén tamén procede do nórdico antigo, de "øy", co significado de "illa" e "tvennu" "tvinnr" "twinaz" "twin", co significado de "xemelgo" "en dúas partes", polo que Oitavén significa "o río das dúas illas xemelgas".  O anterior relaciona a liñaxe Soutomaior coa fidalguía normanda da Coruña ou polo menos pódese inferir tamén unha orixe normanda para a liñaxe dos Soutomaior, ou mesmo ao revés, e estar relacionada precisamente cunha fortaleza de control das incursións normandas nesa zona.
 
Neste senso, no caso do norte da provincia de Lugo, nas comarcas da Mariña e da Terra Chá, é salientable a difusión do apelido "Rego", de "regum", co significado de "reino" ou "rei" para seguirlle a pista aos normandos nestas partes de Galicia. Tamén os apelidos Balseiro, Reigosa, Luaces ou Lorigados.
 
 










© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 

miércoles, 23 de abril de 2025

Vía Sueva, camiño xacobeo de peregrinación


 

 ITINERARIO 1: 
 
- A Coruña
- A Pastoriza (Arteixo)-Suevos
- Caión
- Razo
- Carballo
- Sofán 
- A Pontepedra
- Ponte Albar
- A Peregrina
- Santiago de Compostela

ITINERARIO 2:
 
- A Coruña
- A Pastoriza-Suevos
- Chamin
- Monteagudo
- A Laracha
- Montemaior
- A Pontepedra
- Ponte Albar
- A Peregrina
- Santiago de Compostela

ITINERARIO 3:
 
- Perillo, Betanzos, O Burgo (Culleredo)
- Cambre
- Celas de Peiro
- Cerceda
- Rodís
- Pontepedra
- Ponte Albar
- A Peregrina
- Santiago de Compostela 
 
Este artigo ten por obxecto ou pretende reivindicar a "vía sueva", un camiño radial de peregrinación que atravesa unha comarca cunha fonda pegada das primeiras incursións xermanas ou suevas que chegaron a Galicia por mar. A vía sueva non deixa de ser o que queren chamar de xeito algo difuso e inconsistente "O vello camiño de Santiago". É o trazado que falta para completar a distribución radial dos diferentes camiños de peregrinación en torno á cidade de Santiago de Compostela. Berreo de Abaixo e Berreo de Arriba son unha división eclesiástica (arciprestado) de Galicia que abrangue os concellos de Trazo, Tordoia, Ordes e Cerdeda. Berreo é un nome que vén do alemán "bereich", co significado de "área", "sector", "competencia", "ámbito" ou "terreo". A vía sueva sería a vía de Beremundo de Montaos e a vía céltica sería a vía dos Moscoso de Altamira.
  




© Marcos Castro Vilas, arquitecto




martes, 1 de abril de 2025

A etimoloxía xudía de Fafia

 
 
 
A palabra en hebreo "HAVILA" ou "HAWILAH" significa en castelán "la villa" ou "la casa de campo", referíndose a unha residencia de moito luxo, xeralemente nun entorno natural ou suburbano. En hebreo moderno úsase comunmente para designar unha casa grande e elegante. A pronunciación en castelán sería "ha-vilá" onde "ha" é o artigo "la" en hebreo y "vilá" é a adaptación da palabra "villa". Segundo o anterior, o topónimo da cidade castelán de Ávila tería esta orixe. Cómpre lembrar que durante a Idade Media a comunidade xudía en Ávila acadaba ata o 20% da súa poboación.
Etimolóxicamente "HAVILÁ" aparece nos escritos bíblicos co significado de "círculo", "HAVILLAH" co significado de "circular" e parece estar relacionado cunha antiga raíz "APHAPH" (aw-faf') co significado de "circundar" ou "cercar".
A palabra hebrea ou sefardita "HAVILÁ", en galego deu "FÁFILA", e de aí por perda do ele intervocálico, o topónimo FAFIA.
HAVILA>FAFILA>FAFIA. Cómpre tamén lembrar que en galego HABA>FABA e MOLER>MOER ou VOLAR>VOAR.
Moi preto da quinta de Fafia en San Fins de Freixeiro atópase o microtopónimo da "Pedra Simón", un nome de clara orixe xudía e que podería ser ou facer alusión a un probable ou posible cemiterio xudeu. A quinta de Fafia aparece nos documentos como "Vilar de Gómez" moi preto do núcleo rural de Castro. Tamén e segundo o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, en Fafia residían as irmás Ana e María Louzán pola volta do século xviii, unha delas casada con Joseph de Barcia, con bens en Ser.
 
 
Vilar de Gómez referido ao lugar de Castro en Freixeiro, no Catastro de Ensenada

 
OS PALMEIRO.

Palmeiro, Palmer é un sobrenome moi común na Idade Media para aquelas persoas que procedían de Terra Santa ou fixeran a peregrinaxe a Terra Santa. En Irlanda, Ailred, the Palmer, fundou o hospital medieval para gafos de San Xoán Bautista e mais xestionou o hospital de San Xoán de Xerusalén, en Dublín, e tamén a parroquia de Palmerstown situada ao oeste da devandita cidade. Na vila de Pamiers no sur de Francia existía unha importante comunidade xudía na Idade Media. Tamén nas xuderías de Porto, Coímbra, Lisboa e Setúbal, moi preto da rúa do gremio dos sapateiros, existía o chamado "hospital dos palmeiros", destinado a acoller e fornecer aos peregrinos que viaxaban a Terra Santa. En particular o hospital dos palmeiros de Porto tiña no seu interior unha imaxe de San Xoán Bautista que consideraban un dos seus principais patróns. Tamén na vila de Muros, en 1423 Rodrigo Ares de Fisterra, palmeiro de Jherusalem, era procurador dun hospital para pobres e peregrinos e morador no arrabalde de dita vila, e tamén na próxima vila de Noia había tres hospitais medievais coa mesma idea. En Santa Cristina de Barro de Noia localizábase a chamada agra do Salomón.

"Foro de Fernando de Castro, merino de tierra de Montaos, vecino de los palacios de Lestrobe, a Juan Palmeiro de Abuín, vecino de la parroquia de San Pedro de Ser, en el coto de Xallas y a su mujer, Mariña Palmeira, por sus vidas y dos voces más, del lugar y casal de Fafia, sito en la parroquia de San Fins de Freixeiro, entregándole cada año doce ferrados de trigo"  (1539-01-28 . Lestrobe, lugar de). Arquivo da Catedral de Santiago. 

No mesmo documento fálase de que estes lugares (Fafia e Vilar de Andrade) foron herdados do seu abuelo Fernando de Boym, e aínda que puidese parecer que Boym ou Abuín é un topónimo tamén de orixe hebrea, nada máis lonxe da realidade, ABUÍN é un topónimo de orixe xermana procedente de BAUM co significado de árbore. En lingua de Frisia BEAM e no inglés BEAM co significado de viga de madeira.

Durante a Idade Media en Galicia, a poboación xudía ou os xudeos residentes en Galicia eran sobre todo mercaderes de panos, da famosa palmilla de Cuenca, ou eran escribáns ou recadadores de alcabalas reais nos reguengos:

"Carta de pago otorgada por Rodrigo Palmeiro, mercader, vecino de la ciudad de Santiago, cobrador y depositario de las alcabalas de Su Majestad, en nombre de Álvaro de Olea, regidor de la ciudad de A Coruña, a facor de Juan Díaz, mercader, de la misma vecindad, que le entregó doscientas cuarenta y ocho mil ciento ochenta y un maravedía que restaba debiendo según la carga de pago expedida por dicho regidor". (1583-02-15). Arquivo da Catedral de Santiago. (ACS).

"Obligación hecha por Sebastián Palmeiro, mercader, vecino de la ciudad de Santiago, de pagar a Antonio Martínez, vecino de la villa de Medina de Rioseco, setenta y seis mil maravedís que cuestan los paños que le compró". (1589-04-06). Arquivo da Catedral de Santiago. (ACS).

"Obligación hecha por Alonso Mallo, vecino de San Xián dos Cabaleiros, de pagar a Sebastián Palmeiro, mercader, noventa y siete reales y medio por dos varas y media de palmilla subida de Cuenca y otro género de paños". (1590-01-01). Arquivo da Catedral de Santiago. (ACS).


OS COMPAÑÓN.

Non sabemos se o apelativo e o topónimo de Compañón ou Campañón, en referencia ao lugar do Reguengo entre Suevos e Ser, fai referencia a unha Campa ou cemiterio dos xudeos ou fai referencia ao termo masónico "compañón", referente ás cofradías dos mestres de obra na Idade Media, ou a ningunha delas.

Juan Neto de Malvares, alias Juan Pombo, era fillo de María de Compañón, residente no Terroal ou Vilar de Andrade, e neto de Diego de Compañón, dezmero maior do coto de Dubra no lugar do Reguengo, entre Suevos e Ser, tamén chamado Compañón ou Campañón.

"Escritura de apartamiento de Juan Neto de Malvares, vecino de San Vicente de Rial, a Francisco de Figueroa de los montes de Vilar de Gómez para que disponga de ellos como quisiese". Fol. 90 (1617, diciembre, 28)

"Escritura de arrendamiento y concordia de Alonso de Coronado y de Juan Bonifacio de Coronado, administradores en el Reino de Galicia, de los mayores dezmeros parroquiales y rurales a Su Majestad, a Diego de Compañón, vecino de San Fins de Freixeiro, de los frutos, en este presente año, de los mayores dezmeros en el arziprestazgo de Dubra, sitos en el arcedianazgo de Trastámara". Fol 142-145 (1572, agosto, 20). Archivo de Protocolos Ahus.

"Escritura de poder que otorgaron Alonso de Coronado, por sí y en nombre de Juan Bonifacio de Coronado, administradores por Su Majestad, del dezmero excusado del Reino de Galicia, a Diego de Compañón, vecino de San Fins de Freixeiro, para cobrar, recibir y recaudar los frutos y rentas de los mayores dezmeros sitos en el arciprestazgo de Dubra". Fol. 146-147 (1572, agosto, 20). Archivo de Protocolos Ahus.
 
 
Pedra Simón

 
Entre 1500-1700, no arquivo Torre do Tombo de Portugal, hai tan só oito persoas apelidadas Loução e todas acusadas por xudaísmo. Tamén en Évora e Portoalegre, nese espazo de tempo, hai dous procesos contra persoas co sobrenome Palmeiro e acusadas de xudaísmo.

 
 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto