ITINERARIO 1:
- A Coruña
- A Pastoriza (Arteixo)-Suevos
- Caión
- Razo
- Carballo
- Sofán
- A Pontepedra
- Ponte Albar
- A Peregrina
- Santiago de Compostela
ITINERARIO 2:
- A Coruña
- A Pastoriza-Suevos
- Chamin
- Monteagudo
- A Laracha
- Montemaior
- A Pontepedra
- Ponte Albar
- A Peregrina
- Santiago de Compostela
ITINERARIO 3:
- Perillo, Betanzos, O Burgo (Culleredo)
- Cambre
- Celas de Peiro
- Cerceda
- Rodís
- Pontepedra
- Ponte Albar
- A Peregrina
- Santiago de Compostela
Este artigo ten por obxecto ou pretende reivindicar a "vía sueva", un camiño radial de peregrinación que atravesa unha comarca cunha fonda pegada das primeiras incursións xermanas ou suevas que chegaron a Galicia por mar. A vía sueva non deixa de ser o que queren chamar de xeito algo difuso e inconsistente "O vello camiño de Santiago". É o trazado que falta para completar a distribución radial dos diferentes camiños de peregrinación en torno á cidade de Santiago de Compostela. Berreo de Abaixo e Berreo de Arriba son unha división eclesiástica (arciprestado) de Galicia que abrangue os concellos de Trazo, Tordoia, Ordes e Cerdeda. Berreo é un nome que vén do alemán "bereich", co significado de "área", "sector", "competencia", "ámbito" ou "terreo". A vía sueva sería a vía de Beremundo de Montaos e a vía céltica sería a vía dos Moscoso de Altamira.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario