¿Galicia tamén nación vikinga?
A presenza vikinga en Galicia tivo lugar durante alomenos douscentos anos entre os séculos IX e XII. Nas súas incursións marítimas e fluviais tomaron toda a costa noroeste da provincia da Coruña, dende Sorrizo en Arteixo ata o mesmo Cambados, Rianxo, Vilagarcía ou Bueu. Unha ocupación tan prolongada no tempo permitiulles controlar tamén enclaves do interior da provincia da Coruña, como é o caso de Ser en Santa Comba, do normando "seer" e do latín "sedere", co significado de "asentamento", e situado nun estratéxico cruzamento de camiños que abranguía coma un abano todo o territorio comprendido entre Malpica e Fisterra. Tamén o lugar de Cereo Vello en Coristanco onde os Calamaño tiñan a súa fortaleza, ou o lugar de Vimianzo e de Calo onde os Mariño de Lobeira tiñan a súa fortaleza ou o lugar de Vilardefrancos e Pardiñas en Carballo e o lugar de Riobóo en Cabana de Bergantiños onde os García-Gómes tiñan tamén a súa fortaleza. O topónimo Riobóo vén do nórdico "bú" que significa "fogar", "casa", "estado" e, polo tanto, "o río que é o noso fogar". Por este motivo o río Allones era o río dos "aliones" ou "alleos" porque o val de Bergantiños estaba controlado na súa totalidade polos normandos. Lugares interiores desta comarca como Buño ou Boaña comparten tamén a mesma raíz nórdica "boo" ou "bú", co significado de "casa" ou "residencia", tamén o pazo de Reibóo en Negreira, tamén o nome de Xornes, co significado de "terra do promontorio" ou "hornes", ten unha orixe nórdica. Sergude, coma Gotland ou Gotemburgo, significa asentamento "godo". Constátase alomenos unha motte & bailey en Mens, Sinde, Cereixo ou Vimianzo e numerosos asentamentos normandos no interior en correspondencia cos vales interiores dos ríos Allones, Grande e Castro. Pódese dicir que os normandos fundaron un estado en Galicia, no noroeste da provincia da Coruña.
A localidade sevillana de Bormujos, moi preto do campamento vikingo de Tablada, comparte etimoloxía co núcleo de Bormoio en Coristanco, co significado de lugar húmido. Da raíz "borg" que significa "poboado" e a raíz "muj" ou "mug" que significa "verdín".
A liñaxe dos García Vilardefrancos, dos Gomes de Riobóo, dos Caamaño, dos Leis, dos Lema (do danés "lem", co significado figurado de "rama" "membro" "extremidade" "anexo" "limb", procedente do danés "lim", co significado de "pegañento" "adhesivo" "arcilla" "cal" "fango", "lime" "lind" é tamén o nome da árbore do tilo, de follas pegañentas, en inglés), dos Posse (do latín "posse", co significado de "poder"), dos Romero, dos Collazo, dos Mariño de Lobeira e dos Calo semellan ter unha orixe nas incursións vikingas e normandas que ocuparon e invadiron o norte da provincia da Coruña durante os séculos IX e XII. Homes guerreiros e poderosos, caudillos ben armados que, co paso do tempo, puxéronse ao servizo e ás ordes da vella e xenuina nobreza galaica formada polo clan dos Moscoso de Altamira, na parte céltica, e dos Bermudez de Montaos, na parte sueva. Os Moscoso de Altamira eran unha tradicional liñaxe galega de orixe celta que recolle a herdanza do poder político e épico da famosa batalla do mítico monte Medulio onde os celtas loitaron contra as lexións romanas do noroeste, o seu territorio circunscríbese na actualidade ao arciprestado de Céltigos. Os Bermúdez de Montaos eran unha liñaxe un pouco posterior que recolle a herdanza de todo o poder político e administrativo das invasións xermanas e suevas na Galiza durante o século V, o seu territorio cínguese na actualidade ao arciprestado de Berreo, do alemán "bereich", co significado de ámbito ou zona. Deste xeito, co paso do tempo, Gómes de Riobóo convertiríase no aio dos Moscoso de Altamira e García Vilardefrancos en Artes sería o aio dos Bermúdez de Montaos.

Os García-Gómez tiñan unha torre fortaleza na costa de Razo, no lugar de Pardiñas, moi preto de Lema, e tamén no lugar de Sísamo en Carballo. Os Caamaño tiñan a súa fortaleza no lugar de Cereo en Coristanco. O apelido Caamaño vén de Calamaño, do árabe "cala" co significado de "fortaleza" e "maño", co significado de "grande", tamén pode vir do termo latino "calo", co significado de empalizada circular de madeira. No século XII os Caamaño construíron unha torre fortaleza en Vilagarcía e no ano 1411 Don García de Calamaño construíu unha torre no lugar de Rubiáns, onde se atopa na actualidade o pazo de Rubiáns en Vilagarcía, dalgunha maneira relembrando aqueles tempos nos que os vikingos e os normandos chegaron mesmo a controlar lugares tan alonxados como Cambados, Vilagarcía, Boiro ou Rianxo. Seguindo a mesma dinámica os Caamaño están estreitamente relacionados coa comarca de Ortigueira, no norte de Lugo.
Tamén a liñaxe dos García Pardiñas Vilardefrancos estableceron casa solar en Rianxo e en Vilaxoán. Así Don Mauro de Pardiñas e Vilardefrancos foi no século XVII señor de Rianxo, onde o seu sogro, Miguel Seco de Caamaño, tiña unha fortaleza, e Don Ignacio Pardiñas Vilardefrancos foi señor do pazo de Pardiñas no lugar de Sobrán, en Vilaxoán, tamén pola volta do século XVII. De feito o nome de Arosa vén do nórdico "ár-oss", que significa "desembocadura dun río" e o nome de Vilagarcía vén polo apelido García Caamaño como fundadores da devandita vila. A illa de Sálvora, do nórdico "sælvær", co significado de "illa dos lobos mariños" é o lugar mítico e lendario que dá orixe á famosa liñaxe dos Mariño de Lobeira, señores da fortaleza de Vimianzo.
O mesmo ocorre en Leiro, en Ourense, onde a existencia dun suposto e importante asentamento vikingo que acompasou a unha tamén importante incursión vikinga polo Miño, que rematou coa conquista do famoso castro Candaz, traduciuse ao longo do tempo e da historia nunha estreita relación entre os García Vilardefrancos, Leis e Figueroa coa casa-pazo dos Tizón de Moldes en Boborás e dos Puga en Ourense ou os Taboada en Lugo, unha relación que se mantivo polo menos ata o século XVIII. Este asentamento normando en Leiro está relacionado supostamente coa batalla de Fornelos onde morreu o bispo Sisnando a mans dos vikingos. De feito, Leiro é a versión normanda de "lar", co significado de "fogar", e Boborás é tamén un topónimo coa famosa raíz nórdica "bo", co significado de "casa", e a raíz "være", co significado de "ser" ou "estar", polo que Boborás significa "onde está a nosa casa" ou o "lugar que é a nosa casa".
Tamén sucede algo semellante na relación dos apelidos Posse de Leis e os apelidos Aldao ou Arosa, de feito o topónimo "Bueu" vén de "buhedo" que vén a súa vez do danés "boet" que significa "herdanza" "patrimonio" ou "fogar", o mesmo ocorre co lugar da Seara en Moaña ou en Poio, que significa herdanza, como unha variante da famosa raíz "ser", co significado de "asentamento". A illa de Tambo vén do danés "tang", co significado de "alga mariña" e a raíz "bo", co significado de "vivir". Tamén Arcade, que significa "río do embarcadoiro", de "ar" (río) e "kae" ou "kade", con epéntese ou do idioma frisio, co significado de "embarcadoiro". Rande, co significado de "ourela", e Cabanas e o Cotarel, na ría de Vigo, tamén semellan ser outros asentamentos vikingos na ría de Vigo.
Neste senso, no caso do norte da provincia de Lugo, nas comarcas da Mariña e da Terra Chá, é salientable a difusión do apelido "Rego", de "regum", co significado de "reino" ou "rei" para seguirlle a pista aos normandos nestas partes de Galicia. Tamén os apelidos Balseiro, Reigosa, Luaces ou Lorigados.
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
No hay comentarios:
Publicar un comentario