martes, 3 de septiembre de 2019

A procura do Grial agocha unha fermosa e real cartografía do mundo celta

 

                                                Ara Gael (Camilo Díaz Baliño)


Todos asociamos a busca do Santo Grial e a corte do rei Arturo co mundo celta, e efectivamente, debaixo da famosa lenda medieval da procura do Santo Grial subxace de maneira intencionada toda unha cartografía oculta que describe o mundo celta, unha cartografía que intenta delimitar o espazo común da celticidade. Deste xeito, por exemplo, o rei Mordrain podémolo identificar co rei de Marrocos e o rei Tullido corresponderíase co rico rei do Senegal. Os protagonistas da aventura móvense entre a marca de Escocia, o castelo de Camelot en Gales e o castelo de Corbenic, que eu identifico persoalmente co castro de Vigo. 
 
 
Atlas Catalán de Cresques

Noutro momento da historia, os cabaleiros elexidos para tal fin, visitan a mítica illa Torneante, como antes xa fixeran o rei Tullido e o rei Mordrain por habitaren terras próximas a devandita illa. A illa Torneante, coma o seu propio nome indica, fai alusión ás rocas errantes da Odisea de Homero na súa viaxe cara o Hades grego. Son as rocas de San Pedro e San Pablo na actualidade, situadas no medio do Atlántico e que simbolizan as viaxes ao máis alá, as viaxes trasatlánticas na barca de Salomón, como recolle a famosa narración. Segundo a ópera de Wagner, nas terras do Preste Xoán, Parsifal agochou o Grial despois de sacalo de Montsalvage, un lugar de localización imprecisa situado no norte de España. A raíz da ópera wagneriana moitos alemáns relacionan hoxe en día o lugar de Montsalvage co Cebreiro galego, e o caliz alí conservado é o símbolo co que se representa a Galicia no mundo.

Seguindo co discurso da celticidade, aínda hoxe moitos poboados do Senegal máis profundo recordan moito ós poboados da Idade do Bronce en Galicia, coas súas vacas marelas de raza N'dama. O gando de raza N'dama é o berce da nosa rubia galega, que tanto nos define e identifica. Tamén no Senegal se atopan as enormes ovellas de raza Ladoum. Son os "carneiros grandes coma bois" que se describen na coñecida lenda da viaxe de San Brandán , unha historia tamén con claras connotacións trasatlánticas e onde, neste caso, a mítica illa Torneante transformase no inestable lombo dunha balea. Tamén podemos observar vacas de raza cachena nos xeroglíficos e nas pinturas dos templos do Antigo Exipto que, de seguro, axudaron a erguer as pirámides de Exipto.

Como se pode observar, o mundo celta mantén unhas estreitas relacións simbólicas, espaciais, xeográficas e pretéritas coa outra banda do Atlántico, onde os exipcios e despois os gregos situaban o seu inframundo, a illa dos benaventurados. Máis aló do Combo dominicano ou de Fidel Castro, os taínos e os vascos, e por extensión os galegos, manteñen unha fráxil pero fonda relación de parentesco, de raíces insondábeis no tempo, que podemos remontar mesmo ao Paleolítico superior e que nos introduce de cheo nas novidosas e rompedoras teorías referentes ós paleoindios ou pa-leoamericanos. Neste senso, temos a valiosa raíz léxica ker, que significa redondo, así keru é cabeza en lingua euskera, qeru é cabeza en tuareg, keri é lúa en lingua arawak e karaya é lúa en lingua taína. Un pequeno apontamento ou petisco, cando menos curioso, que abre as portas a un mundo novo por explorar e do que seguro existe un longo fío do que tirar.




A celticidade




Ovella Ladoum do Senegal (grandes coma bois)



© Marcos Castro Vilas, arquitecto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario