martes, 21 de octubre de 2025

Unha escultura de Circe para Vigo


 

A cidade de Vigo protagonista principal na Odisea homérica:

Segundo o relato da Odisea, trala visita por parte de Ulises da baía dos Lestrigones onde foron atacados con pedras, Ulises dirixiuse á illa Eoa, morada da meiga Circe e onde permaneceu un ano. Circe convertera aos seus compañeiros en porcos cunha apócema máxica, mais Ulises consegueu eludir o encantamento grazas a unha herba máxica chamada "molly" e que lle proporcionou Hermes, deus do coñecemento científico. Trala súa estadía dun ano na illa Eoa, Circe apurou a Ulises a visitar o Hades grego, o inframundo grego (América), antes de regresar a Ítaca e onde se reencontraría co espírito da súa nai. 

Do relato anterior e tras supoñer con certeza que a illa  Eolia, onde os ventos sopran con forza nunha dirección ou na outra, correspóndese coa costa andaluza, pódese inferir entón que a baía dos Lestrigones correspóndese con Lisboa e a illa Eoa, dos fermosos atardeceres, correspóndese coas nosas Rías Baixas.

Olissipo, a foz de Ulises

De acordo co anterior, Lisboa en época romana era chamada Olissipo, que significa "a depresión fluvial de Ulises", do indoeuropeo "po" ou "bo", co significado de "fondeira" ou "depresión".
 
Vicus Helleni, capital das rexións Eoas dos gregos dos fermosos solpores.
 
Vigo era chamado en época romana vicus Helleni ou "vicus dos gregos" precisamente polo seu protagonismo no relato grego da Odisea, malia a súa pertenza global á tribo dos Celenos, sendo neste senso a capital ou sede do pobo dos Celenos. Vigo era pois a morada da meiga Circe que residía na illa Eoa dos fermosos solpores. Circe era filla do deus Helios, o sol, e a oceánide Perseis. Por este motivo aos habitantes das Rías Baixas-Arousa, Pontevedra e Vigo- chamábanselles Celenos, do latín vulgar "caelo", que significa "ceo".
 
Caeleo Cadhair, a catedral do ceo 
 
Vigo, pola súa posición xeográfica era a sede, catedral ou trono dos Celenos. Caelobriga ou Caeleo Cadhair.
Neste senso no concello de Santa Comba atopouse unha inscrición funeraria co seguinte epitafio:

Caeleo Cadro/iolonis f(ilius) Cilen/us |(C invertida) (castello) Berisamo / an(norum) LX et Caesa/rus Caeleonis / f(ilius) an(norum) XV / h(ic) s(iti) (...

Caeleo Cadroiolonis pode ser un antropónimo prerromano que signifique "da sede ou do trono dos Celenos", ou sexa "vigués", e o seu fillo xa ten un antropónimo plenamente latino, Caesarus Caeleonis, Caesar "vigués". Cathedra, cadair, cador, cadrís é unha raíz céltica que significa "cidade", "cluster of beehive huts", "trono", "silla", "catedral", "capital" ou "rei", polo que, fronte a unha posible Caelobriga, como capital urbana dos Celenos como topónimo orixinal de Vigo, temos un Caeleo Cador que engade a maiores connotacións relixiosas como "catedral ou sede ou trono do ceo" ao primixenio núcleo vigués. Ao respecto, sempre se discutiu sobre a posibilidade de que o castro de Vigo, amais dun recinto residencial fortificado, fora tamén un importante lugar sagrado ou relixioso onde render culto ao sol e á divindade, capital das famosas rexións Eoas dos gregos. Neste senso en Irlanda hai unha montaña de 1.000 m chamada "Cathair na Feinne", un lugar mítico para os irlandeses que pode traducirse como "o trono dos guerreiros Fianna". Tamén o mesmo nome do barrio de Teis fai alusión a divindade.
 
Vigo tamén era o castelo de Corbenic na procura do Grial
 
Todo o anterior tamén entronca coa topografía ou xeografía oculta da famosa lenda artúrica na procura do Graal e o famoso castelo de Corbenic, do céltico "cor" co significado de "montículo" "promontorio" e do francés antigo "bénic", co significado de "bendecido", o cotarelo custodio do Santo Graal e onde residía a feiticeira Helena de Corbenic, filla do rei Pelles, do grego "pélagos", "rei da vasta extensión do océano", e que resultou ser a nai do casto e virxe cabaleiro Galahad ou Galaz mediante un feitizo que lle fixo ao rei Arturo. Galahad era o máis puro de tódolos cabaleiros da táboa redonda e o elexido para admirar e observar e restituír o devandito Santo Graal á Terra Santa na Galilea, e onde finalmente sería soterrado.
 
Unha escultura de Circe para Vigo

Segundo o anterior cómpre xa unha fermosa escultura da meiga Circe en Vigo no interior do seu palacio, no antigo recinto amurallado do castelo de San Sebastián no entorno do edificio do Concello, que resignifique a importancia da cidade de Vigo na historia universal e na literatura universal do relato homérico. Se en Madrid teñen unha deusa Cibeles en Vigo temos a nosa meiga Circe.




 
 
 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 

sábado, 18 de octubre de 2025

Os celtas

 

 
Se consideras aos gálatas como unha pinga ou gota poética que esvarou polo Danubio dende Centroeuropa ata Anatolia, entón Galicia non é celta. Pola contra se consideras aos gálatas e aos celtas ou mesmo á rexión de Galitzia, en Polonia-Ucraína, como pobos ou culturas que ascenderon cara Centroeuropa dende África (celtas arcaicos) e portadores da, aínda máis antiga todavía, raíz africana-bereber "Kal", que significa tribo ou semellante, entón a cultura Hallstat ou La Tène (celtas clásicos) sería, xa que logo, un eco ou reverberación descendente moi posterior desa migración ascendente primixenia, e logo Galicia ou Irlanda ou Escocia si son celtas. O verdadeiro celtismo é moi anterior ao fenómeno da expansión das linguas e dos pobos indoeuropeos circa 2000 a.C e está relacionado, cando menos, co haplogrupo M-81 de orixe norteafricana presente en Galicia e Portugal, nos pasiegos cántabros, en Sardeña e tamén en Gales (5%) e tamén en Escocia (1%). As linguas indoeuropeas son un sustrato ou imprimación posterior, malia que se soen asociar comunmente co celtismo e coa difusión do chamado "celtismo clásico" en Europa (Hallstat ou La Tène) pola volta do último milenio antes de Cristo. Polo tanto e a modo de resumen, os celtas clásicos (Hallstat e La Tène) son un eco ou unha reverberación dos celtas arcaicos de orixe norteafricana e que adoptaron unha lingua indoeuropea tralas invasións destes pobos das partes máis occidentais de Europa pola volta do 2.000 ou 2.500 a.C. Senegal sería o pobo ou tribo (gal) dos zenas ou "sanhagah",  (xentes dos oasis) que habitaban Mauritania, e o zenaga sería a súa lingua.
Segundo as fontes dos historiadores romanos, o deus dos celtas era unha especie de Mercurio psicopompo ou heraldo dos deuses, representado na maior parte das veces coma Hermes cun caduceo ou vara de Esculapio. Neste senso Hermes foi o protector de Ulises na illa Eoa antes da súa viaxe cara ó inframundo grego (América). Non hai nada máis celta que intercalar as eses líquidas na fala, o seseo de toda a vida.
O segredo está nas vacas, os xenuinos "celtas arcaicos" viñeron de África, as mesmas vacas con cornos en forma de lira hainas na Galicia e na Galitzia podólica, de tal xeito que; as cachenas rubias coma a raza Highland (celtas do oeste), as cachenas húngaras (celtas do leste), as cachenas italianas, raza maremmana (celtas do centro), despois por outro lado temos as vacas grises coma a pardo-alpina (expansión neolítica tradicional de Oriente Medio) e as vacas negras de gran envergadura (Centroeuropa, estepas rusas e indoeuropeas). A orixe do chamado "tronco roxo megalítico" tivo lugar no gando N'Dama de África. Qué sería dos suízos sen as súas fermosas vacas da raza Simmental.





Europa é simétrica e dende sempre estivo "subxugada" a continuos movementos migratorios ascendentes procedentes de África que tamén contribuíron a construír o acervo cultural indoeuropeo, tanto lingüístico coma arqueolóxico, con moitas raíces léxicas comúns a outras linguas. Pero o indoeuropeísmo, malia ser paradoxicamente a base das chamadas linguas célticas, é unha migración moi posterior (2.000 a.C) procedente das estepas do leste, e os chamados "celtas académicos" (Hallstatt e La Tène) non son máis que unha pequena reverberación ou eco desas migracións paleolíticas e neolíticas procedentes de África co seu posterior verniz lingüístico indoeuropeo. O que pasa é que as costas máis occidentais de Europa quedaban un pouco lonxe da influencia esteparia rusa, favorecendo a prevalencia do influxo sureño de orixe africana. É un fenómeno que se daba fundamentalmente no occidente de Europa ou polo menos que identificaba e definía como pobo diferenciado ó occidente de Europa. No resto de Europa había máis mestura difusa,  gradual e tradicional. Era o épico choque do haplogrupo R1b co haplogrupo R1a de cando o amplo deserto do Sáhara era un fértil verxel. Xa que logo o celtismo é un concepto ou un invento grego que pretende poñer de manifesto ou relevo o influxo xenético africano nas costas máis occidentais de Europa polo debilitamento da influencia esteparia-centroeuropea e como feito claramente diferenciador respecto doutras zonas do sur de Europa onde esta mistura é moito máis difusa ou gradual por cuestións de índole meramente xeográfica. O celtismo define a afastada occidentalidade europea de clara influencia africana e lonxe dos influxos esteparios europeos fronte a unha península itálica separada polo mar de África e un leste de Europa cunha mestura natural e ancestral entre o norte e o sur, coma na Grecia.
Neste senso Europa, malia ser un apéndice da estepa, non deixa de ser tamén unha prolongación norteña e fría do fértil e moderno deserto do Sahara, con tres vías principais de acceso ou penetración, que son España, Italia e Turquía. Hai celtas do oeste, celtas do centro, e celtas do leste, que paradoxicamente contribuíron a conformar o substrato indoeuropeo, e todos eles tamén contribuíron a maiores e con posterioridade a conformar o acervo cultural desa reverberación dos chamados celtas clásicos (Hallstatt e La Téne). É certo que durante o Paleolítico ninguén migraba con vacas pero as palabras si migraban. Así, por exemplo, "koore" é cabeza en fulani, "qeru" é cabeza en tamazigh, "keru" é cabeza en éuscaro, "kerek" é redondo en húngaro, "krenn" é redondo en córnico e "ker" é "hill fort" tamén en idioma córnico e en idioma masai (kraal), e como bos atlantes, "cher" é lúa en huarpe e "kren" é sol en lingua selknam. Tamén "larregi" é longo en éuscaro, "largus" é longo en latín e "lorga" é vara en galés. Dende logo en Irlanda non hai rastro dos celtas académicos e si moitas conexións co pobo amazigh, por exemplo, "frauta" en amazigh é "gaita", navegar dise "silel", "sail" en inglés, "zurro" en galego dise "amazurr" en bereber, "frouma" en galego dise "afraw" en bereber. Pero, sobre todo, tanto os galos coma os galegos veñen da antiga raíz tuareg "kal", que significa "tribo", e que os gregos pronunciaban "kel", unha palabra que para eles significa "redondo", quizais en alusión ao modo de vivir dos celtas. 
Considerando Europa un apéndice xeográfico das estepas e das chairas rusas, o celtismo é unha idea de orixe grego que xurdiu para nomear ás xentes cunha cultura diferente (fundamentalmente africana-europea) que habitaban as partes máis occidentais ou estremeiras de Europa, un fenómeno que afectaba sobre todo á Galia, onde a influencia esteparia chegaba máis debilitada ou diluída, e que acabou salpicando ou englobando co tempo a toda Centroeuropa pola ditosa perspectiva grega. E cando falo da ditosa e deformada perspectiva grega refírome a súa posición espacial escorada nun curruncho do taboleiro europeo, de tal xeito que ó final, redondeando e simplificando, todo o que quedaba á altura dos Alpes era celta, daba igual arriba ou abaixo, antes ou despois, para os gregos a referencia eran os Alpes que era o que tiñan máis próximo e destacado para referirse a Europa occidental. 
Respecto a presenza de xenes norteafricanos en Galicia, é obvio que a xenética de poboacións erra nas cronoloxías, porque a presenza de xenes norteafricanos tamén dáse nos pasiegos cántabros e nas vacas de raza Jersey. Coido que eles determinan unha converxencia cronolóxica ou temporal en función das mostras de ADN dun grupo de individuos determinado que dista moito de ser a orixe temporal real, polo motivo de que moitas das liñaxes que existiron acaban desaparecendo co paso do tempo. Non todas ás árbores xenealóxicas que existiron chegan até nós, polo que as converxencias temporais converxen moito antes no tempo porque, como consecuencia, o abano xenealóxico redúcese considerablemente. 
Cambiando un pouco de tema, os estudosos de xenética de poboacións soen cometer o erro de menosprezar o importante corridor que constitúe a costa norte de Libia ou de Alxeria como lugar de paso cara a península ibérica e que conecta directamente a península ibérica con Turquía e Asia, polo que pódese considerar un corridor máis asiático que africano. Tamén cometen o erro de separar xenéticamente o norte de África de Europa, cando en épocas pretéritas o extenso e fértil deserto do Sahara era máis ben o sur de Europa ou cando menos o refuxio climático e natural da Europa fría. Pásalle o mesmo aos paleoantropólogos que estudan Homo antecessor en Atapuerca, xustificando calquera influencia asiática como de procedencia europea, cando esa influencia asiática ben poido chegar até nós a través deste corridor africano-europeo magrebí. 
E polo motivo de ser un fino corridor de paso e migración é probable que non deixe moita impronta xenética estable no norte de África, esto mesmo ocorre co haplogrupo E-V13 de orixe africana, moi presente no leste de Europa e na península ibérica pero practicamente inexistente no Magreb, quizais tamén pola preponderancia co paso do tempo doutros haplogrupos máis modernos como E-M81 que borrou calquera rastro deste haplogrupo particular. Sexa como for, a partir deste momento o importante corridor magrebí do norte de África chamarase ou será bautizado como "o corridor dos flamencos" pois conecta directamente á área de distribución destas aves no mediterráneo coa India.
 
 

 
© Marcos Castro Vilas, arquitecto
 
 
 
 
 

jueves, 9 de octubre de 2025

Arciprestados de Trastamar



CÉLTICOS-NERIOS: do céltico córnico "ner", co significado de "home valeroso", "heroe", "guerreiro". Tamén no idioma céltico bretón temos o termo "ner", co significado de "príncipe", "señor", "xefe". En galés "nêr" significa "Lord". Na mesma liña e co mesmo significado temos en galés "nerth", que significa "poder", "forza". En gaélico "neart" significa tamén "forza", "vigor". Na mitoloxía romana Nerio era unha deidade de orixe celta, esposa de Marte, e asociada á valentía.

DUIO: do céltico galés "duwio", "duwiaf", co significado de "divinizar" e "santificar". Tamén "dwyo" e "dwuiol", co significado de "piadoso", "devoto", da raíz céltica "duw", co significado de "deus". Tamén en córnico temos "du", "duw", co significado de "deus", "duwow" en plural. En céltico bretón "deus" dise "doue".

NEMITOS OU NEMANCOS: do céltico "nemeton", "nemeto", co significado de "lugar sagrado". En gaélico irlandés temos a raíz "neimheadh" co mesmo significado e relacionado co "sagrado".

ENTINES: do indoeuropeo "henti", co significado "de fronte", "de cara", os que están situados na parte frontal dalgunha cousa. A raíz "henti", "*hent" dou lugar ao adverbio que significa "diante", "en fronte", "en dirección a". En latín dou lugar a preposición "ante". En sánscrito dou lugar a palabra "ánti", co significado de "fronte a".

SONEIRA: do latín "sub-neria", as terras baixas dos nerios, ou nas partes baixas do nerios.

BERREO: do xermanismo de orixe sueva "bereich", co significado de "ámbito", "zona".

SEAIA: do normando "seair" e do latín "sedere". Do verbo normando "seer", co significado de "establecerse", "ocupar". Acción e efecto de tomar un lugar, "settlement" en inglés. Seaia coa súa torre de Mens era o pequeno reino dos normandos ou "saefes" na Galicia.

BARCALA: a etimoloxía da Barcala relaciónase coa raíz "*barc" ou "*barg", co significado de "concavidade", "fondeira". Barcia, Barxa e Bargo comparten a mesma etimoloxía. Do euskera "barrika", co significado de "cuba". Tamén en euskera temos "barka" e "barkak", co significado de "cesto de mimbre para o peixe" ou "caixa de madeira para transportar froita", tamén "cadaleito". Coa idea de concavidade temos en latín "barca", "embarcación, de orixe etimolóxico descoñecido. En inglés temos "bark", do proto-xermano "barkuz", co significado de "corteza dunha árbore",  afondando tamén nesa idea de concavidade.

BERGANTIÑOS: a etimoloxía de Bergantiños procede do nome latino dado polos romanos ao río Allones, chamado por eles "Vir" ou "Viri", mais a raíz latina "gens", "gentis", co significado final de "xente" ou "pobo" que vive ou habita a carón do río Vir.

DUBRA: O nome do arciprestado de Dubra ten a súa orixe nunha palabra de orixe céltica co significado de auga. Neste senso "dwfr" (pronunciado duvr) é unha forma galesa-céltica co significado de "auga", "dowr" "dowra" é "auga" en córnico.

LARACHA: A etimoloxía de Laracha tamén procede do céltico "leur", de onde derivan termos como "leira", "lar" ou "lareira", co significado de "solo" "chan", polo que Laracha significa "superficie plana".



© Marcos Castro Vilas, arquitecto