Se entendemos por celtas aos habitantes das partes máis occidentais
de Europa, entón, o fundamental do substrato celta procede do norte
de África e non do norte de Europa.
Para Estrabón os galos constrúen as súas casas de maneira circular con unha espesa capa de palla nas cubertas. No mesmo texto faise eco das palabras de Éforo. Para Éforo a Céltica engloba a maior parte da Iberia ata Cádiz.
Para Estrabón os galos constrúen as súas casas de maneira circular con unha espesa capa de palla nas cubertas. No mesmo texto faise eco das palabras de Éforo. Para Éforo a Céltica engloba a maior parte da Iberia ata Cádiz.
Segundo o narrador latino Rufo Festo Avieno, os celtas ocupaban as
marxes atlánticas europeas dende as columnas de Hércules cara o
norte. Para os romanos, os celtas eran os habitantes máis aló dos
Alpes, os chamados galos, diferenciándoos claramente do mundo
mediterráneo. Na actualidade enténdense por celtas as culturas
centroeuropeas de Hallstatt e de La Tène, e aínda que hai unha
forte compoñente centroeuropea na cultura celta, sobre todo a nivel
lingüístico, os celtas eran os africanos do continente europeo.
Por volta do ano 6.000 a.C a desecación do Sáhara provocou unha
forte migración cara ó norte de Europa de persoas procedentes do
norte de África, especialmente ao longo da costa, dende Portugal ata
Escocia. Estas xentes norteafricanas eran portadoras de xenes, casas,
vacas e unha novidosa cultura.
Por exemplo, eran portadoras do haplogrupo M81 de orixe norteafricana
e que alcanza as máximas frecuencias na metade occidental da
península ibérica, sobre todo, en Portugal, Galicia, Extremadura ou
León. Tamén está moi presente nos pasiegos cántabros (40%), e non
ten nada que ver con repoboacións posteriores de moriscos trala
Reconquista.
Este aporte xenético norteafricano chegou ata Irlanda, Gales e
Inglaterra. Son os chamados “black irish phenotype”,
individuos de cabelos escuros, negro azulado, como poden ser o
cantante Brian Kennedy, o actor Pierce Brosnan, as actrices Catherine
Zeta-Jones e Courteney Cox, o actor Peter Gallagher, a cantante
Dolores O'Riordan, Andrea Corrs ou o político americano de orixe
irlandesa Paul Ryan.
Se tivésemos que definir un modelo racial galaico sería un
individuo rubio, de ollos claros e xenes norteafricanos, froito do
choque de Europa e África en terras galegas. A partir de aquí
tódalas variantes posibles, dende individuos moi mouros de cabelos
negros e azulados ata individuos rubios de clara influencia do norte
de Europa.
As vivendas dos celtas occidentais eran redondas, de manifesta
influencia africana, frente as vivendas dos celtas de Centroeuropa,
que eran de forma rectangular, propias da cultura Hallstatt e La
Tène.
A raíz KEL é unha raíz moi antiga
que significa xirar,
tornar ou redondo
(palabras como colar ou colo teñen esta orixe). De aí vén a
palabra Keltoi, aqueles
que habitaban o ocaso, o occidente de Europa e construían as súas
casas de maneira circular, frente as formas rectangulares dos celtas
da Centroeuropa.
Estes pobos do norte de África tamén trouxeron a agricultura e a
gandería. Con eles comezarían as prácticas neolíticas. E con eles
chegaron as vacas.
Ao igual que ocorre coas persoas, dentro do mundo bovino podemos
distinguir vacas de orixe norteafricana (haplogrupo T1a), sobre todo
ó longo das costas occidentais de Europa, como poden ser a raza
maronesa en Portugal, a raza cachena en Galicia, a raza jersey en
Francia, a raza white en Inglaterra ou a raza highlands en Escocia.
Eran vacas de menor porte e capa de cor rubia. Pola contra, as vacas
da Centroeuropa eran portadoras do haplogrupo T3, eran vacas de maior
tamaño e capa negra ou escura como por exemplo as frisonas alemás.
Os pobos do norte de África eran
portadores dunha importante cultura. Atesouraban avanzados
coñecementos cosmográficos procedentes da actual Mauritania. Sabían
da existencia de terras máis aló do océano Atlántico, preto de
Senegal, e seduciron á poboación local coa inmortalidade no máis
alá. A construción de dolmens e megalitos simbolizan estes
coñecementos cosmográficos e relixiosos. De feito, moitos dolmens
chámanse na actualidade “casas de mouros”.
Os petróglifos en forma de labirinto tamén teñén unha orixe
oriental-africana. Son coils e representan as cosmogonías
primixenias a partir das cales se inicia o relato da creación, como
un precedente da escritura. Os míticos druidas celtas son herdeiros
de todo este saber esotérico.
En torno ó ano 2.000 a.C chegaron as linguas indoeuropeas a
península ibérica procedentes de Europa. A existencia do substrato
norteafricano axudou a diferenciar as linguas celtas occidentais. A
súa sonoridade pervive na actualidade en linguas coma o portugués,
o galego, o francés ou o inglés. O substrato norteafricano perdurou
á chegada das linguas indoeuropeas dende Europa e configurou as
linguas celtas occidentais. Sail é navegar en Reino Unido e
silel é navegar en Marrocos.
Para os romanos os celtas habitaban o outro lado dos Alpes, en
contraposición co mundo mediterráneo. Os celtas eran os pobos da
Europa húmida, boscosa e atlántica. Hoxe en día sabemos que había
celtas da cultura Hallstatt e La Tène, celtoescitas ou gálatas,
claramente centroeuropeos, e por outra banda, estaban os celtas da
marxe atlántica europea posuidores dun forte substrato africano que
os diferenciaba dos celtas centroeuropeos. Os celtas atlánticos son
os africanos do continente europeo e a súa influencia esténdese
dende Portugal ata Escocia, ao longo da costa atlántica europea.
Dende Senegal ata Escocia esténdese o mundo atlántico, o mundo
celta.
Por Marcos Castro Vilas. Arquitecto, historiador e investigador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario